DEREITOS CIDADÁNS, DEREITOS DO GALEGO.-Xoán Antón Pérez-Lema*

Coñecida de todos é o grave devalo e desprotección  da lingua galega no noso País. Polo que cómpre pensarmos máis en solucións, canto menos parciais.

Un dos problemas fulcrais da lingua é a desigualdade xurídica a respecto do castelàn. É dicir, iso de que vostede e máis eu teñamos que coñecer o castelán e   xuices, médicos  ou directores do Ikea poden dicir aquilo de que non entenden o galego. Esta desigualdade constitúe unha grave chata para garantir a plenitude dos dereitos lingúísticos, un xeito de promoción indirecta de iniciativas tan pouco democráticas como as de Galicia Bilingüe ou Hablamos español  e require,xa que logo, dunha reforma constitucional e estatutaria “ad hoc”.  É de xustiza.

Mentres, os usuarios do galego habemos revindicar, con sorriso e cordialidade, si, mais ferreñamente os nosos dereitos lingúísticos como cidadáns, consumidores, profesionais e traballadores.

Como cidadáns e usuarios dos servizos públicos habemos esixir ser informados en galego nos concellos, no SERGAS, nas Axencias Tributarias e na Seguridade Social e denunciar mediática, xudicial  administrativamente calquera violación dos nosos dereitos lingüísticos. Esixir na escola pública- e concertada-  galega e nas escolas infantís  o uso do galego como lingua vehicular, coordinando accións de concienciación e reivindicación dende os níveis do barrio, na vila e  na parroquia.

Como profesionais entender o importante para normalizarmos a lingua da  nosa escolla. Hai semanas rexeitei o requirimento dunha avogada de fóra de Galicia a que traducira unha demanda ao castelán. E esta actitude foi avaliada positivamente polo conxunto dos profesionais da xustiza, mesmo cando moitos non usan o galego. No nível laboral cómpre garantir que os traballadores teñan dereito real a usar a súa lingua en toda circunstancia, lembrando que calquera sanción, discriminación ou despedimento por razón de escolla lingúística é nulo de pleno Dereito.

Como consumidores cómpre esixir o uso da nsoa lingua nos comercios, proveedores de servizos, Bancos e empresas. E usar da soberanía do consumidor. Se Abanca ou R son merecentes dos nosos prácemes polo seu uso da lingua, o Santander ou Ikea haberían recebir o castigo do seu desleixo para coa mesma.

Bó sería asumir como obxectivo para todos  o de usar a nosa lingua en todas as circunstancias da vida cotián, agás na relación con outros países e territorios e cos turistas e viaxeiros. Mais xa sei que somos humanos. Fagan todas as excepcións que sexa mester, pero non esquezan tal obxectivo como regra xeral.

*Xoán Antón Pérez-Lema, avogado e analista político.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en ARTÍCULOS DE OPINIÓN. Guarda el enlace permanente.