Outro 14 de abril… – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Outro  14 de abril e van xa 81 desde que o Borbón 13 dos Alfonsos tivo que enfilar cara a Cartaxena poñendo fin á Restauración iniciada en Sagunto polo xeneral Martínez Campos e á parodia de democracia parlamentaria que representaba. A chegada da II República era un sopro de ilusión na que por primeira vez a cidadanía española parecía sentir perto da súa man o exercicio da súa soberanía. A monarquía da restauración era, ata Primo de Rivera, un réxime constitucional muy feble e cun Parlamento moi minguado nas súas funcións. 

A República nace enchida de ilusións e utopías. Pero tamén moi apremada por urxencias ancestrais. Tivo que afrontar de seguido moito retos sin apenas tempo para tomar folgos. Non foi allea a contemplar a necesidade de dar resposta  ás sensibilidades dos territorios diferenciados. Paladín diso curiosamente foi un político, D. Manuel Azaña, cuxa bagaxe previa non o facia precisamente proclive a tal cousa. As circunstancias nacionais de Cataluña, Euskadi e Galicia tiveron eco nuns estatutos que por mor das circunstancias dramáticas coñecidas, só o de Cataluña tomaría carta de natureza. A II República Española fixo súa desde o principio a necesidade da educación e a cultura. De formar cidadáns e de organizar un ensino laico nun país onde a relixión ten tendencia a invadir o espazo público. Así mesmo a República Española foi quen de abordar o voto da muller, a reforma agraria, a racionalización e modernización do erxercito e da administración e mesmo tratou na suá política exterior fortalecer un achegamento aos pobos americanos de raíz hispana.

A precariedade da II República ten mil argumentos distintos debidamente estudados. Ata nalgúns casos rescritos con liñas tortas sen que Deus áchese ao final. Máis aló deles convén lembrar o marco xeográfico en que nace. A República do Weimar sucumbindo ante o empuxón do nazismo e dun  titubeante presidente Hindenburg que non dubida en entregarlle o poder a Adolf Hitler. En Austria cos seus xiareiros socialcristiáns tras un golpe de estado empoleirase no poder Engelbert Dollfuss, no que se coñecería como o austro-fascismo. Italia domeñada polo máis prístino dos modelos fascistas, o de Benito Mussolini…

As democracias clásicas, Francia e Inglaterra ficaban escravas dunha vergoñenta claudicación ante o matonismo hitleriano. Recórdese a frase do  laborista Attlee  cando tralo Pacto de Munich chega Chamberlain oufano a Londres, “non conxurastes a guerra pero perdestes o honor” No caso británico, desde o rei que deixaría o trono pola Sra.Wallis Simpson para alivio dos seus contemporáneos, ata o Sr. Churchill subxacen non poucas simpatías iniciais a prol do cabo bohemio. E no caso de D. Winston, esta simpatía era aberta respeto do Duce. No medio a República  Española. Con inmensos problemas ao lombo, -que si eran herdanza de séculos dunha monarquía en descomposición-, e escasas mans amigas das que asirse. Naceu nun abril florido e morreu nun abril, en que chegou a vitoria dos seus inimigos pero non a paz. Naceu entre cantos e sorrisos e morreu resistindo heroicamente con mais vontade que acerto seguramente, pero facendo seu o grito da Pasionaria, tamén atribuído a Emiliano Zapata, “vale mais morrer de pé que vivir de xeonllos”.

Aos poucos ábrese un aroma de republicanismo na sociedade española segundo vaise derrubando a fachada dunha Transición que nada con acerto, anquilosáse no paso do tempo enrocándose nos vicios da I Restauración. Un proceso que podendo ser modélico e como tal vendeuse, foi naufragando recen de compromisos non aclarados, de intereses partitocraticos e de miopías absurdas.

Sendo pragmáticos, a III República Española, – como diría Salvador Allende, “mais pronto que tarde” – chegará. É posible que a chegada acelérese pola profundidade dunha crise cuxo calado entre outras cousas rematará co compromiso imposto polas circunstancias históricas tralo falecemento do xeneral Franco do que é herdeiro o actual xefe do estado. Unha crise que angustia e socava os máis profundos cimentos dun estado labrado con sufrimento e loitas sociais e que malia a insán cegueira de moitos no seu percorrido aínda azaroso e sen prazo fixo deixará un escenario tan  distinto ao que coñecemos, que fara valido o exabrupto de Alfonso Guerra, “non vai coñecelo nin a nai que o pariu”. Onde terminarán por estar en cuestión moitos aspectos do modelo constitucional e onde o capitalismo en tempos edulcorado amoxará desde a súa actual prepotencia a peor faciana, mercantilizando as ilusións e as esperanzas de toda unha sociedade. Un esceario que vai deixar moi pouco espazo para soster anacronismos.

A III República non cabe entendela como capricho de circunstancia. Menos como  desquite ou nostalgia. Ten razón de ser, como crisol de virtudes cívicas, laicas, democráticas, igualitarias, de dereitos sociais e liberdade. Onde prive o valor do público e do colectivo. Incorporando a concepción republicana da política, na que a noción “virtude cívica” é esencial. Como a elevación da dignidade do cidadan e do civilismo. Unha catarse para unha sociedade cuxo horizonte non para de esmorecerse.

About Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario