Toca sanear a banca – José Luis Gómez

José Luis Gómez

En pouco máis de tres meses e no medio dun enfrontamento institucional entre Guindos e ‘Mafo’, reflectido nunha inesquecible frase do ministro de Economía -«o Banco de España tivo sempre moito prestixio e volverao a recuperar»-, o Goberno de Rajoy aprobou a súa segunda reforma financeira. Diferenzas? Na primeira, de febreiro, provisionóu os activos do sector inmobiliario considerados problemáticos, e nesta de agora, obriga a provisionar tamén créditos supostamente sans. Se un banco ten recursos propios tirará deles e se non os ten poderá pedir diñeiro público ao 10%, o que lastrará os resultados do sector, por iso é polo que moitos valores caen na Bolsa. Guindos estima que esta operación de saneamento consumirá uns 15.000 millóns de euros, pero é probable que quede curto.

O Goberno di que este diñeiro non xera déficit público -ten razón- e que non afectará aos contribuíntes, xa que os bancos pagarán altos intereses polo diñeiro que recibirán prestado do Estado. Isto xa é máis discutible, porque os 1.500 millóns de euros de intereses que terá que pagar a banca repercutirallos aos seus clientes, léase cidadáns contribuíntes. E a eses 1.500 millóns deben sumárselle os 3.000 millóns anuais de amortización a cinco anos, co cal estamos falando duns 4.500 millóns de euros por ano que alguén terá que pór. A banca sempre repercute os seus custos, por iso é tan discutible aplicarlle taxas ás súas transaccións, porque ao final terminan pagando todos os clientes.

Esta importante reordenación financeira tamén traerá consigo unha caída dos prezos de moitas vivendas, o que pode desatar unha miniburbulla inmobiliaria ‘low cost’. De feito, o ministro Guindos reiterou algo que xa dixera en febreiro: producirase a venda de vivendas a prezos reducidos. O que parece máis incerto é o futuro das chamadas sociedades inmobiliarias malas, das que pouco ou nada se sabe. Pasa un pouco o mesmo que sobre unha investigación para esclarecer o inmenso fracaso de Bankia.

Mentres, o obxectivo final é recuperar a confianza dos mercados en España, cuxo alto nivel de endebedamento -por certo, máis privado que público- atopa dificultades para financiarse, o que fai que lle prestan diñeiro a altos tipos de interese. De entrada, trátase de que haxa confianza e os mercados se crean os balances dos bancos españois, que non é pouco. Un saneamento de 30.000 millóns que reducirá os beneficios da banca e ata fará entrar en perdas a varias entidades non debería servir para menos.

About Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario