Fútbol 6 – Espe 0 – Antonio Campos Romay

Por goleada gañou o fútbol á lideresa. Exemplares as afeccións do Atletic e do Barça, en Madrid e tamén  en Bilbao e Barcelona. Os segundos de pitada ao himno e ao Sr. De Borbón Júnior foron apenas anécdota ao entusiasmo que ambas afeccións dedicaron a agradecer a Dona Esperanza Aguirre, pirómana profesional, afortunadamente sonora polo seu fracaso. E vaia por diante a solidariedade coa súa nai que seguramente non é merecedora de ter unha  filla que a pon na fala da xente. Por certo os afeccionados mostraron tamén certa vocación polo reino animal entoando algo sobre “un elefante se balanceaba…”

As forzas de seguridade empregáronse a fondo previo ao partido en   comisarlle o pito (silbato) aos presuntos espectadores que estaban en posesión de tal instrumento. De vento claro. Ningún foi o celo en comisar as bandeiras nazis e anticonstitucionais exhibidas na manifestación da ultradereita que circulou pola capital da Monarquía coa mesma impunidade que D. Pedro pola súa casa.

Dicía o Ministro de Exteriores que foi un espectáculo daniño para España o dado no  Manzanares ao asubiar ao vinculeiro e á Marcha Real. Pararíase  o Sr.Margallo a pensar si o problema mais daniños para España non serán os repetidos charcos nos que nos mete coa súa incontinencia?

O fútbol superou coa exemplaridade dos xogadores no terreo de xogo, a elegancia e civismo dos dous adestradores (no banquiño nin estaba Mouriño nin se lle esperaba), e o comportamento das afeccións os propósitos de Dona Esperanza. Que por facer nin sequera fai graza xa aos máis responsables da súa propia corda.

Pasado sen materia para a crónica de sucesos esta efeméride, coa frustración dos que tiñan afiada a navalla, incrementados os militantes do independentismo trala pedagoxía da lideresa, é momento de volver ao cotián. Por exemplo como  vaise amañar o tema de Banquia? De onde vai saír o dobre do orzamento da Comunidade de Galicia, ou o  dobre do cortado agresivamente sobre a sanidade e o ensino publica, so  para tapar as trapalladas e miserias da xestión realizada en tal entidade?

Escoitando o actual “responsable” na súa roda de prensa dan ganas de rir ou de chorar. De rir porque este cabaleiro de apelido tan impronunciable como os seus argumentos tomounos a todos por bobos, ou de chorar, porque si realmente toleramos tanto atropelo é que somos máis parvos do que nos supón.

Dona Esperanza, vostede o día do partido (de fútbol) escondeuse no súa tobeira.  Neste tema en que loitou a brazo aberto contra o actual Ministro de Xustiza agora ponse de perfil. Anímese lideresa, déixenos unhas perlas das súas.

About Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario