Obxetividade Informativa – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

D. Alfredo Urdaci, o intimo amigo e mentor en ocasións de Doña Leticia Ortiz a outrora locutora ansiosa, exuberante de apetencias (profesionais)  e experimentada, na súa etapa á fronte dos servizos Informativos de TVE baixo un goberno popular foi universalmente recoñecido como un dilixente manipulador ao servizo do goberno popular. Lacaio eficaz esmerouse agochando protestas e manifestacións contra a Guerra de Iraq, o Prestige ou nos vergonzosos actos relacionados co 11 M. A nota de rectificación trala folga xeral contra o goberno Aznar con aquel inefable Ce Ce Ou Ou referido ao sindicato Comisións Obreiras, son outra perla da súa etapa.

Cando a TVE parecía enfilar un nivel  de imparcialidad e credibilidade, de dignidade , mais próximo á BBC que á televisión ao uso Berlusconi,  “chegou o PP e mandou  parar…”  Primeiro cargándose pola vía do rolo a lexislación prevista para manter esa ecuanimidad alfombrandolle o camiño a un presidente do Ente, Sr. González Echenique que goza no seu currículo ser asesor do imputado exvicepresidente do Goberno Sr. Rato. O seu nomeamento estrela o Sr.Somoano, novo director dos Servizos Informativos de TVE, foi director e presentador do Telexornal 1 de Telemadrid. Quizais o seu maior aval profesional é a súa meritoria carreira como destacado “axitprop” do equipo de propaganda do PP de Aguirre. Así o define Angel García, membro do comité de empresa de Telemadrid. Unhas voces que non só subliñan a súa actitude servil cos homes fortes de tal formación política  senón que o cualifican como «unha persoa ao servizo da familia Aznar», especialmente vencellado a Sra. Botella  É unha idea común que «Somoano chegou a Telemadrid cando a Sra. Aguirre necesitaba implantar a súa ideoloxía na cadea. Agora, repetirá a misión en TVE». A xornalista Teresa García, presidenta do Comité de Telemadrid, refírese á nova responsabilidade politica do Sr. Somoano en TVE como unha noticia «moi triste para a democracia»:

O diario británico ‘The Guardian’ fíxose eco dos ceses na RTVE nun artigo titulado: “O Goberno, acusado de purgas na televisión e a radio nacional”, no que afirma que o Executivo de Rajoy parece decidido a “non tolerar ningunha crítica sobre os recortes do gasto público” ou  de calquera area da súa actuación.

Onte, entre un millón e medio ou dous de cidadáns e cidadás, familias enteiras, mocidade e xente moi maior ocuparon máis de tres quilómetros de rúas da cidade condal portando senyeras e “esteladas”. Eran, pacíficamente e sen violencias a  poderosa voz dunha nación sen estado na procura do mesmo poñendo en evidencia unha situación a duras penas evitada ou agochada con diversas ambigüedades durante os derradeiros anos. Eran tamen o produto  da maquina de facer independistas manexada desde amplos sectores do PP  e daqueles que son os seus incondicionales máis aló da tenue fronteira que limita á súa dereita extrema e aparentan monopolizar máis dunha decisión crave.

O Sr. Rajoy a véspera, con notoria torpeza falaba de lea e algarabía.  Nada novo que sea alleo a outros estólidos personaxes  que polo sua miopía  fixeron historia. Cando un garda espertou na mañá do 14 de xullo a un bobalicon Luís XVI no seu palacio de Versalles informándolle que miles de cidadáns tomaran a Bastila nun Paris convulso, aquel mentecato  balbuceo: “é unha revolta?”….Non Sire, é unha revolución” contestou o mensaxeiro, o duque de Liancourt.

Tralo  levantamiento da nobreza de Lisboa, o Conde Duque de Olivares facendo de tripas corazón nunha noite de 1640 houbo de comunicar ao disoluto e irresponsable rei da Casa de Austria Felipe IV a noticia. A súa alocución foi entrar no aposento onde estaba aquela escoira coroada e dicirlle «¡Vosa Maxestade! tráiovos grandes noticias! ¡O duque de Braganza volveuse tolo e proclamouse rei de Portugal!»

Tales criterios parecen inspirar ao lacaio destacado como capataz servil nos reais sitio televisivos. E con eles relegar con estulticia de avestruz, a noticia de maior calibre da xornada a un quinto e fugaz lugar ou desdeñar calquera comunicación en directo en “TV 24” horas ao longo do día. Namentras abría informativos na BBC, na RAI na TVF etc.

A doutrina Urdaci en estado puro. Un tema cuxa dimensión politica vai marcar moi seriamente os proximos tempos non se salva burlando de xeito groseiro o dereito á información dos contribuintes que financian o medio.

O Sr Somoano debese dimitir. Non por manipulador. Que o é. Non por lacayo do PP. Que o é. Por estupido siinxelamente.

About Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario