Titulado Mercantil e en Ciencias da Enfermería. Foi funcionario dos Servizos de Inspección Sanitaria da Consellería de Sanidade. Foi elixido concelleiro da Coruña polo PSdeG nas primeiras eleccións democráticas, foi tenente de alcalde e volveu ser elixido e nas municipais de 1983. Foi deputado provincial e portavoz do grupo provincial socialista. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1985 polo PSdeG.
No verán de 1982, durante a mobilización contra os vertidos radioactivos, participou na expedición do Arosa I como representante do goberno municipal coruñés, asistindo despois como observador á VII Reunión Consultiva da Convención Marítima Internacional para prevención da contaminación mariña celebrada en Londres.
Foi colaborador habitual de Xornal de Galicia.