Desatinos políticos – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Nin as chamadas á orde das enquisas fan decrecer o entusiasmo no propósito de empobrecer a política. Da a impresión que existise un animo desfreado para que a cidadanía reafírmese na nociva sospeita de que a política é algo indecoroso e que a inspiración primordial de quen aterra nela é sórdida. Ou se acaso, servir intereses alleos aos colectivos. Certos comportamentos semellan, que fáiselle cativo para deteriorar  a imaxe da política, o tempo acoutado de período electoral onde con notoria perversión dunha boa praxe os improperios e a ofensa, mesmo a calumnia son de uso común. O debate político serio e responsable ofrécese carente de interese. Auséntase a visión de estado e o criterio de programas con perspectiva de futuro vense substituídos por enfoques maniqueos ou afervoados  linchamentos  exprés dos que por vía de exemplo o Sr. Rodríguez Zapatero podería como vítima, dar cumprida conta. O líder dos corenta anos agónicos de fascismo ficaría feliz ante esta denigración dunha tarefa tan nobre e crucial para a convivencia das xentes.

Tralas derradeiras eleccións vemos á forza maioritaria tras ano e pico da súa vitoria exercitar  seu poder case absoluto nas diversas administracións, esquecendo corrixir os seus deficientes puntos de partida, incapaz de suscitar enfoques con coherencia social e obxectivos principais, mentres insisten de xeito abafante, caseque patético, en lembrar a herdanza recibida, – coma se non coñecesen abondo a situación de xeito previo-, e sen aforrar menosprezo aos seu opositores. Asíndose con desesperación de naufrago a calquera subterfuxio  para  agochar a súa falla de capacidade de honrar os compromisos electorais contraídos coa sociedade, ou de explicar  racionalmente a discrecionalidade das súas decisións, alleas integramente á proposta que lexitimou o seu acceso ao poder.

Dentro do seu autismo, reflectido nunha dificultade de comunicación manifesta, o único que transmitese é a teimosía en destruír toda a armazón do estado de benestar desde orzamentos ideolóxicos ou ao servizo de intereses de grupos de presión económicos. Desde as directrices do sector mais radicalizado e sectario da maioría  conservadora, e que é motor da mesma, refugase  a posibilidade dun espazo de colaboración coartando calquera vía de harmonía  social.

No mundo do disparate que se nos oferta, sobresae a dirixente popular Sra. Cospedal, que fai dous ou tres anos cando destapabase  a “trama Gurtell” non dubidaba en quebrar o estado de dereito, espallando dubidas sobre xuíces, policías e fiscais cunha frivolidade impropia de quen é membro da avogacía do estado. Hoxe cando afogase nas areas movedizas da corrupción que presuntamente hai nas finanzas do seu partido invoca o estado de dereito como última ratio nunha situación que levaa a brindar grotescos espectáculos nas súas aparicións públicas explicando o inexplicable. Por certo si fixese analoxía do seu futuro en térmos futbolísticos debería estar fondamente preocupada. Da a impresión de vivir a situación dese adestrador do equipo que se afunde e a directiva apoiao de xeito incondicional…mentres busca substituto, cargándolle sobre as súas costas o atranco…  Todo volvese actos entusiásticos para  apoiar o que a opinión pública xulga inadmisible. A maioría gobernamental en tromba agasallando á súa secretaria xeral que administrou de xeito absurdo e sen a mínima capacidade de autocrítica un tema gravísimo que afecta directamente ao presidente do executivo.

O “primeiro partido da oposición”  enlamase nunha vergoñenta situación nun concello leonés, – hubera pasado sen pena nin gloria- si non se producira o twiter dunha dirixente socialista catalá denunciándoo. O proceso, escuro, sen que haxa por onde collelo, afecta directamente a credibilidade do líder do partido e do numero tres da organización que á súa vez é secretario xeral do mesmo na Comunidade castelán leonesa…Ninguén asume a responsabilidade –dimitindo-, que é a resposta obligada en política democrática. Ante o escándalo, o aparello do partido sae a defenderse pero sen esixir unha investigación transparente e dilixente. O máis desolador é que o individuo entronizado no concello, con todo cinismo, proclamase como “socialista”, e mostra “a súa dor” polo carné que troca impúdicamente polo cetro municipal. Pode quedar alguén nos seus cabais que non entenda a unha cidadanía anoxada, coa que apenas se conta mais aló de para pagar os seus impostos?. Onde queda a vocación de servir á sociedade que se supón á clase política?

Nun chamado partido emerxente, ese proxecto persoal  dunha señora que tras inxuriar a todos os galegos non se molestou nin en desculparse, a Sra. Diez, un dos seus deputados, notorio polos seus exabruptos, fai unha brutal aseveración sobre a violencia de xénero que mereceu xeral reproche…Pero nada da leria de dimitir… o escano é moi confortable…A tal Sra. Diez aplaude e traga.

Políticos de Navarra, incluída a actual presidenta da Comunidade,  leváronse ducias de milleiros de euros de forma absolutamente obscena en dietas aberrantes, Agora  comezan a devolvelas en parte, pola presión social. Pero sobre todo, por que os colleron co carriño do xeado…En Galicia, na Caixa do Norte e na do Sur, (tanto monta, monta tanto), desaparecidos uns, acazapados outros, e só algúns na picota, “nin están,- ao socairo de curiosos amparos-, nin se lles espera”.

Mentres os estafados das preferentes peregrinan a intemperie polas rúas reclamando o que lles roubaron.

About Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario