Cadernos da viaxe – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

O sitio da galeguismo. 

Fun ver o “derby” galego a Riazor na compaña de dous bos deportivistas e amigos de meu: Fuco, artista e intelectual e Maceiras, correspondente económico para Galicia e Portugal dun xornal británico. No descanso deulles en falar do País e do galeguismo.

Fuco-Ferrín vai, demite, sae da Academia na compaña de toda a súa Comisión Executiva e nos advirte de todos os males que lle agardan á Casa despois da súa marcha. Volven os académicos e xunto co resto aproban as contas e abren unha nova etapa por unanimidade. Que sentido tiña toda esa posta en escea?

Maceiras-  O que me chamou a atención é o apoio total que lle prestaron nesta xeira a Ferrín algúns dos sectores máis á dereita e menos galeguistas.

F.- É o de sempre. Para éstes, o mesmo que para o PP, o lugar do galeguismo é o rebumbio e os “shows” parlamentarios. Pero cando o galeguismo fai un plan eólico ou de vivenda, xestiona os concellos  con modernidade e eficacia ou presenta unha proposta lexislativa para previr a corrupción  entón faise perigoso e compre ir por él.

M.- Pois xa me contarás, Fuco. A este país o que lle compren  son políticos honrados e eficaces, que saiban xestionar,si, pero que teñan un proxecto e unha ilusión para transformar  a sociedade. Como  Obama.

F.- Curioso  que cando o galeguismo extrema o seu discurso e prefire a trincheira a construir unha  alternativa de goberno a dereita española pode gobernar con máis comodidade.

M.- Pois agora a ver se se poñen as pilas, porque o bipartidismo estase a afundir, pero se o galeguismo segue nos biosbardos os seus herdeiros poden ser Rosa Díez e Cayo Lara.

F.- Do que compre falar é de cómo sairmos desta. Hai que crecer, reformar a fiscalidade e repartir máis xustamente o custo da crise. Ese había ser o discurso do galeguismo. Pragmático, pero ilusionante.

O comezo da segunda parte veu rematar esta conversa, que os meus amigos deixaron pendente de rematar, como tantas outras veces. Unha cuarta persoa que nos acompañaba rematou a parola coa sentenza “A ver se falades menos e facedes máis. Aprendede de Fernando Vázquez”.

About Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario