Carga de dignidade – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

CADERNOS DE VIAXE.

A dependencia do Goberno do Estado sempre lle xerou desgrazas á construción naval civil ferrolá. A salvaxe reconversión de Felipe González reduciu os empregados de Astano-Fene de 6500 a uns 1000, mentres priorizaba os estaleiros de Sestao e Puerto Real, a pesar de que Astano era o máis experto e eficiente. Pola súa banda, Aznar pactou sen decoro ningún a prohibición da construción naval civil até 2015 da factoria fenesa para garantir o saneamento da débeda de 1200 M€ de Navantia, xerada entre 1999 e 2004 pola ineficacia andaluza e cartaxenera, xa que  Navantia-Fene estaba inactiva na altura . 

Esta prohibición impediu a única iniciativa da Xunta (a do vixepresidente Anxo Quintana e do conselleiro Fernando Blanco no 2006) nestes trinta anos para lle dar carga de traballo aos activos ociosos de Navantia-Fene. Impediu que ésta puidese construir barcos,a pesar de se tratar dunha actividade na que estaba preparada para concorrer internacionalmente.

A suicida dependencia de Madrid neste eido non leva a ningures. Velaí a boa idea dos promotores da plataforma cidadá ferrolá “Rumbo 21”: compre segregarmos Navantia-Fene e artellala a xeito de empresa pública galega aberta á entrada de capital privado, no marco da consideración da construción naval como estratéxica para Galicia, que fixou a Lei galega de fomento do sector naval de 2010.

Mais esta independización da empresa non garante soa o éxito no relanzamento da construción naval en Ferrol, que require da continuidade da acción cidadá do cadro de persoal de Navantia-Fene e dos axentes sociais de Ferrolterra canda as Administracións Públicas para a  construción do dique flotante e a inmediata fixación dun marco xurídico-financeiro (“tax-lease) viábel.

A ARRINCADEIRA:   Unha nova política portuaria.

Os pobres resultados acadados do grandisimo investimento feito no peirao exterior coruñés poñen o foco na falla de eficacia e profesionalidade dos seus dirixentes politicos.  Compre rendibilizar este investimento no contexto da apertura inminente da Canle de Panamá, porque Galicia é central no transito maritimo entre América e Europa. Mais precisa asumir a xestion duns portos que España non sabe xestionar e, no caso da Coruña e Ferrol, fusionar a sua administración nunha Autoridade conxunta.

About Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario