E todos eles, son funcionarios…. – Antonio Campos Romay

Nestes dias moitos enchen o peito agasallando o comportamento de bombeiros, sanitarios, policías…Mesmo na TDT party  abanean o botafumeiro e non paran…Non seria criticable se non fose que moitos deses mesmos, son os que arremeten contra eles pola súa condición de funcionarios, denigrándoos, enchéndoos de lixo e encirrando as baixas pasións do resto dos cidadáns afogados polo paro e o desemprego en contra deles.

Gabase coma funcionan os servizos sanitarios…Servizos que funcionaron a perfección e que son unha parte importante do tan acosado e desmantelado estado de benestar. O mesmo estado de benestar, os mesmos servizos que non perden oportunidade de desmembrar unhas veces para uns aforros pírricos e noutras para entregalos como pingüe negocio  a especuladores privados que soio andan na procura do lucro urxente…Agora nestas circunstancias enchen peito parasitando as fotos e o dolor para aproveitarse da boa imaxe da explosión de solidariedade habida e a sensibilidade espertada.

Os bombeiros que alí estaban, deixaron unha folga porque andanlles a comer os salarios. Os sanitarios, recen saídos de traballar, o no seu tempo de lecer, ou de vacacións,  a pesares da caza de bruxas a que andan sometidos, sen parar mais que na súa solidariedade e sentido profesional, incorporáronse aos seus postos por propria iniciativa para achegar o seu grao de area…

O pobo deu a resposta de dignidade cívica, de solidariedade, fronte aos ladróns, estafadores, mangantes, cleptómanos todos eles de colo branco que desangran o pais roubándolle o futuro e os dereitos como cidadans. Fronte a súa salvaxe insolidariedade, a resposta nobre do pobo escribindo con maiúsculas o termo Fraternidade. E moitos deles, eran funcionarios….

Os galegos “no peor dos sentidos” que dicía nunha mostra mais da súa grosera frivolidade Dona Rosa Díez, mostraron a súa solidariedade, a súa xenerosidade, a súa faciana de nobreza, as portas dos sanatorios para doar o seu sangue. Coas mans espidas apartando os ferros para sacar do seu inferno as vítimas. Traendo dos seus fogares sabanas e mantas para cubrir respectuosamente os mortos. Levando auga e e o que a man viñera para asistir aos doentes. Dando acougo a todos os que se atopaban en horas amargas…

Hoxe nestes momentos de desolación, en que  tristura aferrase as xentes, diante desta catástrofe que levou por diante as vidas, as ilusiones e proxectos de moitas mozas e mozos, de homes e mulleres ou de nenos sen darlle a oportunidade de xermolar, moitos dos que andan gabando aos funcionarios a quen tanto insultaron e emporcallaron, que non paran de pedir que vaian para a rúa, que tanto brincan para afundir o estado de benestar, si tiveran un mínimo de vergoña deberan calar coma petos… Pero iso seria tan inútil, como pedirlle aos porcos que apreciasen as margaridas.

About Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario