DO 28-M AO 23-X: POUCO TEMPO PARA REFLEXIONAR

O adianto das elección xerais ao 23 de Xullo vai imposibilitar, na práctica, unha reflexión demorada no seo das forzas políticas que concorreron nos comicios do pasado domingo, singularmente naquelas que obtiveron uns resultados inferiores ás expectativas que se tiñan xerado previamente. Seguramente, este é un dos motivos explicativos da decisión de rematar inmediatamente coa lexislatura: Pedro Sánchez desexa evitar o perigo de eventuais liortas no seu partido. Se a iso engadimos as oportunidades que ofrece o factor sorpresa, a neutralización da previsíbel campaña de desgaste que promoverían PP e Vox durante os vindeiros meses e o deseño dunha campaña que busca a máxima polarización entre as dúas únicas ofertas gobernamentais posíbeis, teremos un cadro indicativo da folla de ruta establecida polo actual presidente do goberno do Estado.

Tal e como sinalei nun artigo precedente, a cita do pasado 28-M foi concibida -por PP e Vox- como un plebiscito sobre o «sanchismo» -un termo propagandístico fabricado para alimentar un clima emocional de confrontación co primeiro goberno de coalición da historia democrática dende 1977- e provocou unha resposta defensiva do PSOE que se veiculou a través do anuncio de diversas medidas que resultaban mais apropiadas a unha campaña de eleccións xerais.

Cal foi o efecto desas tácticas estatalizadoras sobre os resultados saídos das urnas? Semella que, neste aspecto, as conclusións son diferentes en función dos territorios que se consideren. Cataluña, Euskadi, Navarra e Galiza certificaron a coñecida singularidade dos seus mapas políticos: o PP non experimentou unha suba da dimensión rexistrada noutras comunidades, o PSOE sufriu un menor deterioro, as opcións nacionalistas conservaron a súa capacidade de influenza e Vox non rachou a súa condición de forza marxinal. En troques, fora destes espazos xeográficos, as cifras saídas do 28-M poden facer pensar que os reclamos publicitarios utilizados pola dereita política e mediática (candidaturas de Bildu, acusacións de fraude electoral a partir dalgunhas irregularidades constatadas na tramitación do voto por correo) tiveron mais incidencia no comportamento de certos votantes que o balance da xestión dos gobernos autonómicos ou locais que se sometían ao escrutinio do corpo social. Houbo, en todo caso, dous denominadores comúns a respecto do que tiña sucedido no 2019: a desaparición de Ciudadanos e a perda notábel nos apoios ás candidaturas vinculadas a Podemos. A primeira circunstancia reforzou significativamente o resultado acadado polo PP. A segunda provocou a perda das maiorías que fixeran posíbel a existencia de gobernos de coalición -ou pactos de lexislatura- en determinadas autonomías e/ou concellos.

Se pousamos a mirada analítica nos comicios municipais galegos, o resumo do acontecido xa foi sinalado dende o pasado domingo: PP e BNG melloran os seus resultados, o PSdG perde unha parte da súa fortaleza e as Mareas case desaparecen do escenario (sobre todo no ámbito mais urbano). Seguramente, estas eleccións serán lembradas, sobre todo, pola chegada do BNG á alcaldía de Santiago, a suba da candidatura de Pérez Jácome contra todos os prognósticos e a conquista da Deputación de Pontevedra polo PP. Esta última circunstancia evita hipotéticos procesos de cuestionamento de Alfonso Rueda na estrutura orgánica do seu partido. Se un triunfo coma ese tivese ocorrido no ente provincial coruñés estaría servida unha potencial disputa polo liderado a nivel galego. No actual contexto postelectoral, un dos problemas destacados que ten que aturar o actual presidente da Xunta é a situación de Ourense: o fracaso na pretensión de ser a lista mais votada na cidade e o progresivo perigo desestabilizador que está adquirindo a figura de Baltar para o futuro do PPdG.

Se facemos uso de dous parámetros habituais na avaliación das municipais -a gobernabilidade das 7 cidades e das 4 deputacións- podemos formular dúas conclusións relevantes. Unha: o PP supera parcialmente a desfeita sufrida no 2019 pero non acada o nivel que necesitaría para enfrontar os futuros comicios ao Parlamento do Hórreo con suficientes garantías de éxito. E outra: o PSdG e o BNG manteñen importantes posicións de poder nas institucións locais que poden facilitar a viabilidade dunha mudanza en San Caetano no ano 2024. En catro cidades -A Coruña, Santiago, Lugo e Pontevedra- existe a posibilidade de artellar equipas de goberno conxunto entre ambas formacións que, ademais das vantaxes que se deriven para as condicións de vida dos seus habitantes, ofrezan á sociedade galega unha convincente pedagoxía sobre as virtualidades da colaboración futura na Xunta. Aproveitar esta oportunidade -continuando, ademais, co labor desenvolvido nos gobernos bipartitos das deputacións de Lugo e Coruña- é unha condición necesaria para multiplicar a confianza na verosimilitude dunha alternativa nas institucións do autogoberno galego.

Xesús Veiga

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en DO 28-M AO 23-X: POUCO TEMPO PARA REFLEXIONAR

SEGUNDA VUELTA. Antonio Campos Romay*

La Biblia por boca del apóstol Mateo nos dice que el poncio romano estupefacto por el odio de los ortodoxos que se sentía dueños de la esencias del Templo contra un tal Jesus, cuyo mayor delito apreciable era hablar de unos valores que consideraban ponía en riesgo su estatus religioso, económico y político, para sacar del medio un tema que le resultaba incomodo ofreció a un delincuente confeso, Barrabás a cambio de Jesus, que consideraba inocente. Intentó lavarse las manos de asunto tan feo, pero la elección de los integristas fue Barrabás…

Mas allá de la relativa confianza que pueda ofrecer tal libro, pese a la alta estima que en el depositan los cientos de  millones de seguidores de su texto, nos vale el relato para entender que no es nada nuevo las anomalías que nos sorprenden tras una elección.

Atrás quedan por la vertiginosa actividad política que desborda nuestras vidas unas elecciones, en las que desde el primer día se subvirtió su naturaleza, haciendo de ellas primera vuelta de las generales. Algo que puso al aparato socialista a remolque de la situación. Cuando los populares vuelven a esgrimir el necrofilia esperpento de una ETA vencida hace 12 años la respuesta socialista se demora, es incomoda, pese a la legitimidad moral de haber sido quemes ponen fin a tan sangriento horror devolviendo la serenidad y el sosiego a la sociedad. 

Aznar hizo estribillo el, ¡váyase Sr. González!. Feijoo acuña el “derogar a Sánchez”. Y con ello toda la obra social implementadas por el Gobierno de Coalición. No es nuevo el afán de reducir a cenizas una realidad que incomoda. Hace dos mil años clamaba Catón el Viejo, “Delendas est Carthago”. 

Cinco años de lluvia fina mediática calando las mentes. Artillería gruesa en el Congreso. Zancadillas resentidas de propios. Una descomunal maquinaria trituradora especializada en la destrucción de una imagen concreta resumida bajo el epígrafe de “sanchismo”…Todo hizo su efecto.

La fabrica de bulos, descalificaciones y calumnias trabaja a destajo para demoler a un político y a unas políticas que en gran medida chocaban con unos sectores anacrónicos, ferozmente insolidarios, cuyos rebuznos clericales y moralistas ofenderían a su Dios, en el caso complejo que existiese.  Cual infinitos Goebbels incitan el mantra de que Sánchez es felón, traidor, mala persona,  detestable, antipático, carente de empatía, hasta conseguir que muchos lo den por cierto.

Frases como “mientras sea Presidente todos los medios estarán a disposición de todos los ciudadanos y no al revés como sucedió en la última crisis” son una puñalada en ciertos intereses. Que su gestión en el ámbito europeo permita ahorros ya superiores a 2.000 millones de euros en la factura energética sirve para que haciendo el ridículo el Sr. Feijoo la tilde de “timo ibérico” llegando a decir por vía indirecta que el “timo ibérico” financiaba la energía a Francia. Sus patrocinadores le ríen la gracia. Sectores de la clases vulnerables en cuya interés se formula la actuación, también.

Las medidas sociales, los Ertes, la reforma laboral, el salario mínimo interprofesional, pensiones , la lucha eficaz contra la pandemia, la importante normalización de las tensiones en Cataluña, la contención de la inflación derivada de la guerra de Putín, todas las actuaciones encaminadas por el Gobierno de Coalición Progresista a lograr que las cotas de bienestar fuesen transversales en la sociedad, convirtiendo España en un pís de calidad democrática y un hábitat de solidaridad, es lo que el Sr. Feijoo quiere derogar apenas pise La Moncloa. Es sincero, y no hay mecanismo por inmoral que sea que no use para encaramarse en el poder de la mano de VOX. 

Cuando el Sr. Sánchez, tras el embate sufrido el pasado fin de semana con incuestionable perdida de grandes parcelas de poder local y autonómico en una postura valiente y democrática llama a elecciones, es consciente de la necesidad de escuchar la ciudadanía. Unas elecciones que tal como están discurriendo la vida política tendrán mucho de plebiscitarias. Y de seguro tensas en orden al animo de algunos de embarrar los comicios, algo que ya planeó el 28-M. 

La ciudadanía, sin sentirse mediatizada, debe decidir con libertad y según su mejor criterio, entre dos politicas. La que dejó morir miles de ancianos sin asistencia en la Pandemia o la que que se volcó en aliviar el drama que vivía la sociedad. La encaminada a la protección de los seres humanos o la dirigida a servirse de ellos en favor de elites económicas. Entre la política que tiene su referente en la Democracia, en los Derechos Humanos y Sociales ó la que se inspira en Trump, Bolsonaro, Le Pen, Meloni, Orban…Entre la política escuchada en el ámbito intencional, prestigiada y con peso en el espacio europeo, o la que usa este marco para emponzoñar la labor del Gobierno de España.

Una cita que invita a una reflexión serena. Tras la cual no caben reproches al voto emitido. Solo acatarlo. Y si no es lo que algunos sectores hubieren deseado acorde a su criterio , seguir trabajando desde las instituciones y con los mecanismos estrictamente democráticos para lograr modificar la percepción ciudadana en orden a sus propuestas.

*Antonio Campos Romay ha sido diputado en el Parlamento de Galicia.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en SEGUNDA VUELTA. Antonio Campos Romay*

CONVERTER O 28-M NUNHAS PRIMARIAS DAS XERAIS

Dende o 2011 veñen coincidindo, no mesmo ano, a celebración das eleccións locais -e aos Parlamentos dalgunhas Comunidades Autónomas- e dos comicios xerais. Esta circunstancia -alterada parcialmente no 2019, cando a cita coas urnas ás Cortes do Estado foi anterior á convocatoria municipal aínda que a posterior repetición no outono dese ano ratificou a tradicional precedencia- ten provocado unha tendencia á conversión das eleccións locais e autonómicas nunhas primarias das xerais. No caso do PP, o guión deseñado non admite dúbidas: o 28-M debe ser o primeiro test relevante no camiño que leve á derrota electoral do «sanchismo» ao remate deste ano. Para viabilizar semellante estratexia manexaba, hai uns meses, a hipótese de que a existencia dun cadro económico moi pouco favorábel ao goberno estatal facilitaría o apoio á tradicional mensaxe de que só o partido de Feijoo é capaz de xestionar adecuadamente a saída das situacións de crise. A ausencia dese marco apocalíptico previsto, provocou a viraxe cara unha temática ben coñecida: tratar de manter a pervivencia de ETA na vida política do Estado español a pesar do prolongado tempo transcorrido dende a súa desaparición. O PSOE está utilizando unha táctica diferente para alimentar a dimensión estatal destes comicios. Cada poucos días, Pedro Sánchez anuncia medidas que amplían determinadas prestacións públicas a distintos segmentos do corpo electoral, sobre todo a aqueles que podan sentir unha menor motivación para acudir ás urnas. A experiencia das últimas décadas ten demostrado que o comportamento dos votantes nas autonómicas e nas locais segue unhas lóxicas singulares que explican as diferenzas nos resultados comparativos entre unhas citas e outras. Os factores específicos que operan son diversos. Por exemplo: a importancia de servizos públicos como o ensino e a sanidade (competencia das CC.AA.) na conformación dunha oferta programática aos cidadáns de cada territorio. Ou tamén: a parálise que ven sufrindo dende hai anos o sistema de financiamento autonómico (pendente de negociación e acordo entre os gobernos das distintas Administracións) e a conseguinte insuficiencia de recursos para atender a prestación dun modelo de benestar público acaido ás necesidades dos distintos tecidos sociais. No ámbito municipal tamén existe un abano de cuestións susceptíbeis dun debate de interese para a cidadanía. Se pensamos no territorio galego cabería sinalar o vello asunto das deputacións: repensar a súa existencia e/ou establecer procesos de reforma gradual no seu funcionamento. Concomitante con esta temática, atopase todo o relativo ás fórmulas de colaboración entre concellos para acadar unha maior racionalidade na prestación das competencias asumidas (legal ou facticamente) por estas entidades. Porén, a axenda dominante no debate municipal previo ao 28-M estivo protagonizada polo balance da xestión das equipas gobernantes e pola credibilidade das persoas que se postulan para dirixir os concellos nos vindeiros 4 anos. Neste sentido, convén non esquecer que os actores principais que compiten nesta batalla electoral (PPdG, PSdG, BNG e algunhas Mareas locais) tiveron distintas responsabilidades de goberno nas dúas últimas lexislaturas. A carencia de novas ofertas con potencial capacidade para medrar no escenario político será un elemento que, sen dúbida, influirá na toma de decisións dos votantes aínda que non coñezamos, con precisión, o alcance práctico deste condicionante. Cando se saiban os resultados das urnas, os dirixentes das formacións políticas realizarán as súas avaliacións manexando -segundo lles conveña- dous posíbeis parámetros: a comparación coas cifras obtidas na primavera de 2019 ou establecendo un contraste coas expectativas xeradas previamente (baseadas nos inquéritos publicitados e/ou nos prognósticos realizados polos propios dirixentes). Non cabe descartar que, na noite electoral, todos os protagonistas se consideren gañadores. É ben sabido que para os expertos en marketing electoral, esa noite é a primeira etapa da carreira cara a cita do ano 2027. Xesús Veiga

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en CONVERTER O 28-M NUNHAS PRIMARIAS DAS XERAIS

EL MANTRA DEL PP. Antonio Campos Romay*

 Las  diez verdades sobre el PP y el terrorismo, en el debate del Senado, (16 de mayo de 2023), las resume el Sr. Presidente del Gobierno, al decir, “Cuando  en España ETA no es NADA, para ustedes ETA es TODO” . Una vez mas el PP y su mantra preferido. Mantra que es velo de un programa escuálido. Apenas virulenta ansia de “derogar el sanchismo”, desligitimar al Gobierno, satanizar a su Presidente, quebrar la institucionalidad (la renovación del CGPJ es ejemplo), o hacer el ridículo con  cifras y estadísticas económicas erradas de las que ahora huyen como del fuego. El resto del bagaje es bronca y vació a rebufo de la extrema derecha. Tras atravesar una década cruel en la que no faltó ningún elemento negativo, España ansia construir un futuro cifrado en mejora económica, empleo, educación, vivienda, sanidad y equidad social  en el marco de una sociedad armónizada y democrática. Algo que no ha calado en quienes viven de esgrimir un muerto enterrado hace doce años por la Democracia. Por cierto siendo Presidente del Gobierno el Sr Rodríguez Zapatero. Al que las tres derechas cogidas de la mano con dignatarios del clero, pedían a voz en cuello, “que se fuera a la tumba con su abuelo”. Mientras se apropian de los muertos, de las victimas, del dolor de todos, olvidan cuando su patriarca el Sr. Aznar, acertando por una vez, decía: “Tomar posesión de un escaño siempre es mejor que empuñar las armas”. Lo tomó tan en serio que elevó el terrorismo a “Movimiento Vasco de Liberación Nacional”. Acercó mas de un centenar de estarras a prisiones vascas y excarceló a 311… Se agrían las bancadas del PP y sus afines mediáticos si se les pone ante el espejo de su deslealtad en el tema de ETA. Las zancadillas habidas y su acoso cada vez que se apuntaba una solución.  Los epítetos miseros al Sr. Rodríguez Zapatero y el Sr. Ruvalcaba. De hecho aún a día de hoy cuando en una sesión plenaria el Presidente del Gobierna pregunta a la Sra Gamarra portavoz del PP si seguían pensando que Zapatero traicionaba los muertos y si seguían creyendo que Ruvalcaba era cómplice de ETA, desde la bancada de las derechas, energumenos montaraces ululaban, siiiiii. Es el colmo de la incoherencia que cuando por activa y por pasiva desde todos los altavoces posibles se instaba a los miembros del mundo abertzale a incorporarse al debate político, a la participación institucional y apartarse de la senda criminal, una vez logrado esto por la democracia, se desate una farisaica caza de brujas contra su presencia en las instituciones. El senador Javier Maroto, afirmaba con sensatez  “Lo importante es que ETA se ha acabado; cuanto antes cambiemos el chip antes podremos construir el futuro que se tiene que construir también con Bildu”. Siendo alcalde de una ciudad no menor, Vitoria Gasteiz manifestaba “No me tiemblan las piernas por llegar a acuerdos con Bildu. Ojalá cunda el ejemplo”.  Y así lo hizo. Hoy, como portavoz del PP en la Cámara Alta, es ese señor acoquinado y silencioso, que se encoje al lado de su descompuesto jefes de filas, el “moderado” Sr. Feijoo. Quien seguramente en ese momento ignoraba si estaba en Extremadura, Andalucía o Madrid… Algo entendible pues le faltaba la Sra Ayuso,  su brujula en la cruzada contra  las políticas sociales, el peligro del sanchismo, o quien le cuenta lo útil de irse de cañas mientras miles de ancianos agonizaban abandonados en las residencias madrileñas. Fortuna del Sr. Feijo, ser pupilo de tan ilustre dama que  con pulso firme le indica como centrar el partido (PP) en comunión con VOX   Si estuviera, el Sr. Fraga, con su camisa azul, le adoctrinaría en aquello de que somos “una unidad de destino en la universal”. De vivir el Sr. Arias Navarro (alias “Carnicero de Málaga”) le recomendaría mano dura y D. Gonzalo de la Mora le guiaría por el crepúsculo de las ideologías. Franquistas de pedigrí que fundaron un partido, democrático donde los haya, hoy PP, pero poco amigo de la Constitución, (no la votaron, y el joven falangista Aznar, escribía incendiarios artículos contra ella). La pureza de origen, afán de la España tridentina que carga contra moriscos, judíos y herejes que razonan y piensan, a veces juega malas pasadas. Al Sr. Feijo seria bueno recordarle la frase de Luis XVI antre una propuesta para el arzobispado  parisino, “al menos seria importante que el Arzobispo de París creyese en Dios”. En su caso seria un detalle, que aspirando a La Moncloa, creyese en la Democracia. *Antonio Campos Romay ha sido diputado en el Parlamento de Galicia.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en EL MANTRA DEL PP. Antonio Campos Romay*

UNA REFORMA IMPRESCINDIBLE QUE AMPLÍA DERECHOS DE LOS TRABAJADORES

La reforma laboral supone un cambio de modelo económico que
demuestra empíricamente que funciona frente un modelo neoliberal inmovilista de otros tiempos.

“A reforma laboral era imprescindible en este país” así de contundente
inició la charla-coloquio Manuel Lago, economista y asesor económico del
Ministerio de Trabajo y Economía Social, en el acto organizado el pasado
viernes 5 de Mayo por el Observatorio Coruñés de Análise Social e Política
en el Sporting Club Casino.
Los excelentes datos publicados esa semana constatan que la reforma
laboral del 2022, el Real Decreto-ley 32/2021, de 28 de diciembre, de
medidas urgentes para la reforma laboral, la garantía de la estabilidad
en el empleo y la transformación del mercado de trabajo, que modificó la
Ley del Estatuto de los Trabajadores está siendo un éxito. Récord de
afiliados a la Seguridad Social, 20.614.989, 238.436 cotizantes más, 74.000
desempleados menos, rebajando el paro registrado a 2.788.370 personas
y lo más importante, la estabilidad laboral y contratos indefinidos que
suponen “ unha reforma estructural profunda no mercado de traballo en
España.”
Tal y como expuso Manuel Lago, España se encontraba en una situación
anómala teniendo la tasa de temporalidad y de paro más alta de la UE. El
uso y abuso de la contratación temporal suponía una precarización de los
trabajadores y trabajadoras devaluando el trabajo con el consiguiente
deterioro en las condiciones de vida de la gente trabajadora y con un
modelo empresarial y productivo que debía superarse.
Esta reforma es producto primero, de los pactos entre los socios de
gobierno, PSOE Y UP, cuyo programa de gobierno fue puesto en la mesa
de negociación. Era imprescindible superar la reforma del 2012 de la
ministra Fátima Báñez, reforma que se hizo en tiempo récord y lo que es
más preocupante, sin negociación alguna entre los agentes sociales

implicados, sino que se externalizó su redacción y pasó directamente a
publicarse en el BOE.
La negociación no fue fácil. Nueve meses de largas jornadas a fin de
construir una reforma que lograse el máximo consenso entre sindicatos,
empresarios y gobierno. Como señaló Lago, facilitó mucho la negociación
la situación de pandemia previa que demostró la eficacia del gobierno en
las medidas tomadas con carácter excepcional a fin de evitar una situación
de vulnerabilidad y destrucción de empleo que ponía en una absoluta
precariedad a miles de trabajadores y trabajadoras de nuestro país “ Os
datos de afiliación co estado de alarma supoñían cada día a baixa de
100.000 traballadores. En dous semanas 800.000 traballadores…era
preciso cortar esa hemorraxia e o torniquete foron os ERTES que deron
tranquilidad e estabilidade”.
Y en ese escenario la reforma salía adelante tras intensos meses de
trabajo, con la habilidad de los sindicatos de no poner encima de la mesa
otras cuestiones que no estuvieran dentro del pacto de gobierno que
pudiese impedir el avance en las negociaciones y una patronal que
mantuvo un papel neutral sin ceder a la presión de la derecha mediática y
política que entendía la importancia de participar en una reforma que les
iba a afectar. “É una reforma equilibrada, acordada dentro do goberno
de coalición, reivindicada polos sindicatos, aceptada pola patronal e
validada por la Comisión Europea”.
Uno de los principales objetivos del gobierno era atajar la contratación
temporal y se ha conseguido. Antes de la reforma laboral los contratos
indefinidos en España no llegaban al 8% del total. En Abril del 2023, la cifra
alcanza el 46% de los nuevos contratos, lo que supone que uno de cada
dos. Como dato objetivo es que en el período desde la reforma laboral del
2012 hasta el 2021 se hicieron 196 millones de contratos de trabajos, lo
que denota una rotación extraordinaria y una precariedad e inestabilidad
laboral que afectaba a miles de personas.
Con esta reforma se recupera también el principio de causalidad en la
contratación por lo que si el trabajo es permanente y no habiendo causa
que justifique la contratación temporal el contrato ha de ser indefinido. Al

reducir la temporalidad se refuerza el crecimiento económico de nuestro
país ante situaciones de crisis recientes, el mercado de trabajo demuestra
una gran solidez cuando históricamente hubiera supuesto una destrucción
de empleo. Desde Enero del 2022 hasta el 30 de Abril del 2023 el empleo
aumentó en 850.000 personas con un dato histórico de afiliación de 20,6
millones de personas cotizando.
Otro contrato que se ha visto reforzado con la reforma laboral es el
contrato fijo discontinuo. En determinados trabajos se usaba este tipo de
contrato cuando por el tipo de trabajo a desempeñar corresponde un
contrato ordinario y en el caso de fijos discontinuos que por la
peculiaridad de determinados trabajos (por ejemplo aquellos que
dependen de la actividad en períodos estacionales) este contrato diese
estabilidad laboral al trabajador/a que trabaja determinados meses al año
con la confianza de que serán convocados cuando comience la actividad.
El éxito de esta reforma, en palabras de Manuel Lago, se debe a varios
factores. Por un lado, se cumplió con el acuerdo establecido en el
gobierno de coalición así como el diálogo social entre los implicados, un
diálogo que ya se inició con los ERTES de la pandemia y que permitió
evidenciar la celeridad del gobierno a la hora de tomar decisiones
evitando despidos y adoptando medidas para proteger el empleo y las
empresas lo que permitió establecer un clima de estabilidad y confianza
entre el gobierno, los sindicatos y la patronal.
Era imprescindible hacer partícipe en esta reforma a los agentes sociales
que mejor conocen el mundo laboral, no siendo una reforma improvisada
sino producto de negociaciones previas, inicialmente, entre los socios de
gobierno. “As normas son mellores cando participan os representantes
da sociedade civil”. En estos tres años se ha evidenciado un cambio de
estructural en el mercado de trabajo en España. Los ERTES en pandemia y
que en épocas de crisis no se sale de ella con el despido de trabajadores
sino creando empleo, con subidas del SMI reduciendo la desigualdad y
brecha salarial, el aumento del gasto de las familias que según el Banco de
España aumentó en 3000 millones de euros en el 2022 de ahí que España
encabezase el crecimiento en la UE … pero lo más relevante, es que con
esta reforma no se recortaron derechos sino que se amplían.

Esta reforma “ vale unha lexislatura, xustifica este gobierno”. Hay quien
dice que debiera haberse derogado íntegramente la reforma del 2012 y
que faltó más ambición. En el escenario en que se ha llevado a cabo, con
una oposición torpeando una reforma que supone un cambio de modelo
económico que demuestra empíricamente que funciona frente un modelo
neoliberal inmovilista de otros tiempos no me cabe duda que ha sido un
paso de gigante adaptar el mercado laboral a un escenario cambiante que
demanda una regulación más acorde con la realidad social, dando
estabilidad laboral a miles de trabajadores/as y abogando por contratos y
sueldos dignos que nos hace mejores como sociedad.
La recuperación de la negociación colectiva y que el convenio esté en vigor
hasta que se acuerde otro era una necesidad. El derecho de adaptación, la
flexibilidad laboral y los horarios laborales deben abordarse en próximas
reformas. Incluir el sesgo de género, la conciliación, horarios que nos
igualen a hombres y mujeres y permitan igualdad de oportunidades, son
las medidas que deben consensuarse para que el Estatuto de trabajadores
esté acorde a una realidad social que siempre suele ir por delante de la
legislativa. Lo que ha quedado claro es que con voluntad política puede
lograrse. Y lo ha hecho un gobierno de coalición.

Eva Martínez Acón

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en UNA REFORMA IMPRESCINDIBLE QUE AMPLÍA DERECHOS DE LOS TRABAJADORES

A PREGUNTA INCOMODA

Nas vindeiras semanas, Manuel Baltar pode acadar a condición xurídico-administrativa de delincuente por transgredir as normas previstas no Código de Circulación. Se o protagonista de tal circunstancia fose unha persoa desprovista de calquera representación institucional, estariamos ante un feito que formaría parte das estatísticas que contemplan o volume das condutas incumpridoras da lexislación vixente. Poren, o protagonismo que desempeña, neste suceso, o actual presidente da Deputación de Ourense transforma a anécdota en categoría.

Dende o momento no que transcendeu publicamente este incidente, o afectado recoñeceu que transitaba -conducindo un vehículo oficial da institución provincial- a unha velocidade de 215 km/hora. Xa que logo, non lle quedaba mais remedio que asumir as consecuencias administrativas e/ou penais que se derivasen de tal actuación. Daquela, a controversia desprazouse a outro territorio: que efectos debería provocar tal comportamento no ámbito das responsabilidades políticas?

No universo do PP -tanto no galego coma no estatal- a resposta foi reveladora. Os dirixentes que falaron -Feijoo, por exemplo, gardou un significativo silencio- aceitaron que non era adecuada a conduta de Baltar pero non quixeron esixir a súa retirada da vida política institucional. Esta reacción de complicidade corporativa non se viu alterada no ámbito do que poderiamos denominar «tecido social comunicativo» afín ao partido que ven administrando as institucións do autogoberno galego. Se alguén é quen de atopar – no sistema mediático conservador- un artigo ou unha editorial que critique o sucedido ou que demande a asunción dalgún tipo de responsabilidade por parte do político ourensán merecería un recoñecemento semellante á persoa que descubrira auga no deserto.

A historia política da familia Baltar conforma o marco explicativo que permite entender o sentimento de impunidade que caracteriza o seu comportamento público. Case nunca prosperaron as denuncias políticas e xudiciais por distintos abusos de poder nos que se viron involucrados o pai e o fillo. Feijoo quixo desprazalo do seu status de poder e foi rotundamente derrotado nun Congreso provincial que certificou o dominio absoluto sobre todo o que sucede no PP ourensán. Por iso pode ocorrer unha torpeza como a que vimos de coñecer: conducir un coche oficial sen facer uso do protocolo habitual establecido e facelo dun xeito temerario sen cavilar na existencia de controis de velocidade ou, tal vez, pensando que ningún funcionario da Garda Civil se atrevería a sancionar a súa actuación ilegal.

Estamos a poucos días de que se celebren os comicios municipais. Manuel Baltar é o candidato do PP para repetir mandato na presidencia da Deputación. Padecerá un desgaste electoral por mor do sucedido na súa temeraria viaxe por estrada? Velaquí unha pregunta realmente incómoda para quen defendemos a pertinencia dun sistema democrático que controle e corrixa os comportamentos dos que aspiran a ser representantes da cidadanía. Neste caso non se pode alegar ignorancia dos feitos acontecidos nin existen dúas versións (como cando hai unha denuncia por un presunto abuso sexual ou por unha suposta malversación de recursos públicos). Baltar aceita que ía a 215 km/h e sabe que iso é un delito no actual Código circulatorio.

Obviamente, se non dimite é porque non quere facelo e porque, ademais, o seu partido -nun acto de complicidade digno de mellor causa- non lle esixe a renuncia. A pelota está no tellado dos votantes do PP na provincia de Ourense. Se non o castigan nas urnas, poderemos seguir afirmando que a cita do 28-M demostra a vixencia da calidade que se proclama do actual sistema democrático?

Xesús Veiga

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en A PREGUNTA INCOMODA