INFORMACIÓN ENTRE SOMBRAS.-José Luis Ortiz Güell

Estamos viviendo unos tiempos en los que la Guerra de Ucranía, algo que está produciendo dolor, muerte y sufrimiento, es la Gran Excusa y no digo que no tenga unas gravísimas consecuencias mundiales, no soy negacionista, ni mucho menos para todos los males que estamos sufriendo actualmente.

La realidad es que ya se sabía que los dirigentes nuestros ya conocían que se avecinaba un cambio de modelo productivo muy serio, pero no sé muy bien porque o bien lo ignoraron o bien lo escondieron, no lo sé, y a los efectos reales es lo mismo.

Voy a hacer referencia a un estudio de la mayor consultoría de Seguridad e Inteligencia del mundo que informa que en 101 de los 198 del mundo se enfrentaran a graves disturbios por la problemática energética y la inflación en la que estamos inmersos.

Hay países, y hay datos en la que se están promoviendo confinamientos absolutos y que los mismos Estados llevan camiones con alimentos, pues es tal el grado del mismo que sino morirían de inanición.

El otro día en Viena el gobierno de Austria tuvo que asumir una movilización de cientos de miles de personas protestando por la política que aplica a la crisis actual, por las sanciones a Rusia y por la subida de la energía.

Tengo amigos en Austria que me han reconocido que así ha sido y de ello puedo dar fe.

¿Se ha hablado de ello en la prensa? El SILENCIO INFORMATIVO, ha sido la respuesta. ¿Esto es casualidad? No en absoluto y creo desde esta plataforma puedo abrir los ojos y lejos de generar negatividad avisar de la realidad. Cuando el mundo cambia nosotros y tú especialmente que estás leyendo tienes que cambiar es una oportunidad.

Ante esto el simplismo de la política es alarmante y ayer me sacan en televisión que son las mantas tradicionales de lana las que más abrigan en caso de cortes de energía, el valor de la leña como generador de calor y que las duchas como máximo deben ser de dos minutos de agua caliente y la excelencia del agua fría para la circulación.

Es lamentable ver este ejercicio de simplismo sino fuera que tras él lo que se esconde es una peligrosa manipulación del ciudadano y la sociedad.

No quiero alarmar sino ser vehículo de la esperanza, pues a grandes males, grandes remedios y todos pasan por los pilares de la supervivencia, la cooperación y ser conscientes que vamos a una sociedad en la que lo que más valor va a generar es el “servicio” y que la nueva economía se va a vincular al valor empresarial de los “servicios”.

Bueno espero que esta columna sirva para aportar luz, primero a mi persona y quien sabe, ojalá, a vosotros después.

*José Luis Ortiz Güell, funcionario

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en INFORMACIÓN ENTRE SOMBRAS.-José Luis Ortiz Güell

A SEGUNDA MORTE DE GORBACHOV.-Xesús Veiga*

A morte de Gorbachov está servindo para evocar un conxunto de acontecementos sucedidos na derradeira década do século XX que tiveron unha grande relevancia na evolución da historia contemporánea.

A traxectoria experimentada polo dirixente da vella URSS foi frenética: chegou ao cumio do PCUS no ano 1985; tivo que afrontar o desastre da central nuclear de Chernóbil en 1986; coñeceu en primeira liña a desaparición do muro de Berlín ao remate do ano 1989 e, finalmente, viuse obrigado a deixar o poder en 1991. Estes cambios tan intensos e rexistrados en tan pouco tempo, permiten suliñar, como mínimo, dúas dimensións analíticas: as importantes consecuencias orixinadas nos equilibrios xeopolíticos existentes ate aquel momento e os efectos provocados nas organizacións políticas que se consideraban parte integrante da cultura comunista construída a partir da revolución soviética de 1917.

Dende o comezo do seu mandato, Gorbachov modificou gradualmente os criterios da política exterior da URSS para, entre outras cousas, diminuír o preocupante impacto que provocaba a carreira armamentista alimentada por Reagan no funcionamento da economía soviética. A substitución da lóxica da «guerra fría» por unha dinámica de cooperación coa OTAN non foi ben interpretada polos dirixentes occidentais: no canto de considerar esta nova situación como un punto de partida para artellar unha estrutura diferente nas relacións internacionais, entenderon que estaban ante unha oportunidade inédita para destruír ao seu vello inimigo. As consecuencias dese grave erro estratéxico aínda se están pagando na actualidade (a agresión de Putin en Ucraína ten algún vector explicativo naquel proceso caótico de disolución do Pacto de Varsovia).

Internamente, Gorbachov pretendía realizar un conxunto de reformas que, sen eliminar as referencias discursivas oficiais (socialismo, comunismo, partido único…), permitiran mudar as graves eivas presentes nun Estado que pretendera fusionar, dende o seu comezo, a ideoloxía coa política e a economía. A estrutura do poder soviético padecía unha gravísima fatiga de materiais: falta de transparencia, burocracia abafante, corrupción crecente… As doenzas estaban tan espalladas e tiñan tal envergadura que o reformismo da «perestroika» non foi quen de acadar -nos distintos círculos do poder soviético- o consenso necesario para asegurar minimamente a súa viabilidade. Visto dende hoxe, pódese afirmar que o fracaso do proxecto de Gorbachov foi a consecuencia lóxica da carencia dun apoio minimamente consistente no corpo social da URSS aos obxectivos que figuraban na folla de ruta do máximo responsábel do PCUS.

A desaparición do sistema soviético representou un verdadeiro terremoto no universo da esquerda mundial. Nalgúns casos -o de Cuba foi, sen dúbida, un dos mais paradigmáticos- provocou serios estrangulamentos no funcionamento económico e danos notábeis nas condicións de vida dos habitantes deses países. Noutros territorios, os impactos ubicaronse no ámbito daqueles sectores da esquerda social que tiñan ao PCUS e á URSS como un referente básico nas súas propostas de transformación das realidades nas que vivían. Para os grupos organizados na tradición comunista suscitaronse cuestións transcendentais: debían revisar o seu ideario para adaptalo ás novas circunstancias ou era preferíbel optar por unha sorte de resistencia na ortodoxia anterior fronte aos procesos de liquidación que se rexistraban nos países do leste de Europa? E no caso de apostar pola refundación, cales deberían ser as novas liñas fulcrais dos postulados de semellantes organizacións?

Na meirande parte das formacións políticas interpeladas polo que estaba pasando nos países do chamado «socialismo real», a resposta foi substancialmente conservadora. Apostaron pola inhibición ou por unha explicación superficial que non afondaba nas causas do colapso do sistema que pretendía ser unha alternativa ao capitalismo dominante en moitas partes do mundo. Este continuísmo ideolóxico non tivo, en todo caso, a penalización electoral que se podería agardar: dificultou, sen dúbida, as pretensións dunha maior influenza política no tecido social pero non esnaquizou, no curto prazo, a dimensión anterior dos votos acumulados. Analizada esta cuestión coa perspectiva proporcionada polas tres décadas transcorridas, resulta indiscutíbel a fonda minoración operada no espazo comunista nos Estados occidentais. Teñen xurdido, certamente, outras forzas situadas á marxe dos partidos socialistas tradicionais, con distinto nivel de representatividade e sen as hipotecas derivadas do aliñamento co mundo soviético. Pero, coa morte política de Gorbachov, rematou un ciclo histórico que encheu, practicamente, todo o século XX.

*Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en A SEGUNDA MORTE DE GORBACHOV.-Xesús Veiga*

GALICIA NAS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS INTERNACIONAIS.-Xoan Antón Pérez-Lema*

O PNV, PSE e EH-BILDU veñen de acadar un acordo para  fomentar a participación internacional das seleccións de Euskadi nas competicións oficiais na nova Lei vasca do Deporte, logo de que a UEFA e a FIFA  rexeitaran hai meses o ingreso da Federación futbolística vasca. Porque para que as seleccións vasca ou galega partillen nunha Eurocopa ou nun Mundial non se precisa que as súas Federacións ingresen na UEFA ou na FIFA, senón só que a Federación española de fútbol admita a participación internacional das devanditas seleccións. Esta norma rexe en case todas as modalidades deportivas e explica, por exemplo, que Galicia poida participar internacionalmente en fútbol gaélico, deporte onde non existe Federación estatal.

Velaí que as reformas normativas precisas para que as Federacións deportivas estatais permitan a participación internacional das seleccións deportivas galegas son dúas: i) a da Lei galega de Deporte para prever e regular a participación internacional en competicións oficiais das seleccións deportivas galegas (como vai facer a nova lei vasca) e ii) a da Lei estatal do Deporte para regular a obrigada autorización  das federacións deportivas estatais para a participación nesta caste de competicións das seleccións deportivas autonómicas se así está recoñecido en cadansúa lei territorial.

 Escocia, Gales, Irlanda do Norte ou as illas Feröe, sen ser independentes, partillan nas competicións internacionais oficiais e esa participación xera importantes beneficios no que atinxe á imaxe exterior e á promoción cultural, turística e empresarial de cadanseus países.

 Foi o goberno de coalición BNG-PSdeG entre 2005 e 2009, a medio dos seus vicepresidente Anxo Quintana, conselleira Anxela Bugallo e directores xerais de Deporte Santi Domínguez e Marta Souto (BNG) o que preparou o terreo para avanzar no recoñecemento deportivo internacional de Galicia, coa implementación da nosa selección irmandiña de fútbol, que xogou partidos contra Uruguai (2006), Camerún (2007) e Irán (2008), a Declaración de San Mamés (28.12.2007) no que os gobernos galego, vasco e catalán reivindicaron a participación internacional oficial de cadansúas seleccións ou as competicións Galeuscat con convites a un terceiro Estado que desenvolveron as Federacións de basket e balonmán entre 2006 e 2010.

    Esta política de promoción deportiva internacional foi liquidada por Núñez Feijóo e o seu secretario xeral Lete Lasa despois de 2009. Mais o noso País é, hoxendía, abondo autoconsciente para esixir que se lle deixe regular a súa presenza deportiva internacional, con nidias fins de promoción exterior, máis tamén deportiva, cultural e económica. E este dereito a participarmos internacionalmente ha chegar, máis tarde ou máis cedo.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en GALICIA NAS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS INTERNACIONAIS.-Xoan Antón Pérez-Lema*

INSOLVENCIA O MALA FE…Antonio Campos Romay*

Asistimos a un debate planteado en términos boxísticos entre quien ostenta el titulo y el aspirante. Con la parroquia de antemano ferozmente dividida, como es histórico en un país prolífico en duelos. Da igual se trate de política, futbol, toros, literatura, ciencia o cualquier otra actividad.

Cuentan que D. Jacinto Benavente, acomodaticio, burgués y conservador, Premio Nobel de Literatura, asistiendo a una tertulia que se celebraba en Las Ventas se desbordó en elogios a D. Ramon de Valle Inclán, un grande la literatura sin la menor duda. Uno de los contertulios le advirtió que D. Ramón no opinaba lo mismo de el. D. Jacinto sin dudarlo le respondió …Bueno, eso es que a lo mejor estamos equivocados los dos. Una respuesta que cabria aplicar a la critica insensata contra el Sr. Presidente del Gobierno y a las alabanzas de capacidad y moderación del bisoño Sr. Feijoo como lider estatal del PP.

La ciudadanía. cuyo horizonte más acuciante es sobrevivir en esta España apesadumbrada y que no pocos intentan acongojar sobre su futuro, necesita antídotos para salir adelante entre tanto elementos tóxico. Seguramente apenas lo será este debate cuyo alcance de forma intencionada se redujo su eco por los buenos oficios de aquellos que tienen encargo de cuidar la imagen y aplacar cualquier muestra que evidencie las limitaciones del aspirante.

Mas allá de las incendiarias proclamas de fervor en favor de cualquiera de ellos, el cuadrilátero mostró un púgil que defendía con seguridad el titulo golpeando certeramente cada una de las muchas zonas sensibles del aspirante. Jugaban a su favor datos, logros con razonable eficacia en el increíble rosario de peripecias de los tres últimos años, la sintonía con la UE y los acuerdos trenzados en su ámbito.

El Sr. Feijoo intentaba protegerse de la lluvia de golpes recurriendo a lugares comunes y de escasa entidad. Acusó el castigo y aun teniendo que dejar muchos pelos en la gatera logró sobrevir a ojos de sus incondicionales, aun benevolentes. Lo que no es óbice para que algunos comienzan a albergar dudas sobre el nuevo liderazgo, aunque de momento la demoscopia le sonría.

Don Pío Baroja conocido por su acritud temperamental en una rara aparición en una tertulia de las que organizaba el Sr. Valle Inclán, en el madrileño Café de Levante tomo intempestivamente la palabra con animo de sentenciar el debate…Dijo contundente.

“La verdad es que en España hay siete clases de españoles… Sí, como oyen. Exactamente los mismos que pecados capitales tiene la Iglesia. Los que no saben. Los que no quieren saber. Los que odian el saber. Los que sufren por no saber. Los que aparentan que saben. Los que triunfan sin saber, y los que viven gracias a que los demás no saben”. Con cierta crueldad se enzarza D. Pio en este ultimo apartado, hundiendo su estilete : Estos últimos se llaman a sí mismos “políticos y a veces hasta “intelectuales”. Quizás ante tantas expresiones de adanismo militante que padecemos, pudiéramos entender la acritud del Sr. Baroja en este último punto.

Las actitudes y aptitudes del Sr. Feijoo se acomodan en varias de las clases de español que cita el Sr. Baroja. Con notable superioridad en el oficio se lo demostró con dureza pedagógica el Sr. Presidente. Solicitó el Sr. Feijoo el cuerpo a cuerpo con el mayor interés. Para su infortunio le fue concedido el deseo. Pero una vez demostrado algo que no pocos intuían, seria imprudente dar por finiquitado al aspirante. En esta penosa carrera de obstáculos que se convirtió la legislatura quedan no pocos puertos montaña que coronar para alcanzar la meta.

Dice en algún medio el aspirante, “Sánchez está muy preocupado por las encuestas, porque si el domingo hubiese elecciones perdería”… Es su opinión, que como tal es respetable, y sin duda está obligado expresarla aunque albergue reservas en su fuero interno.

Pero la gran cuestión a plantearse es: ¿Ganarían España, el impulso democrático, la solidaridad, la equidad social, la igualdad de género, nuestro peso en la UE?… A tenor de la visto en el Senado, y a lo largo de estos meses de sus comparecencias publicas, semeja que NO.

PD. Sin entrar a considerar que inexcusablemente para formar gobierno habría de contar con la extrema-derecha y obsequiar a la ciudadanía con el Sr. Abascal como Vicepresidente del Gobierno.

* Antonio Campos Romay ha sido diputado en el Parlamento de Galicia.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en INSOLVENCIA O MALA FE…Antonio Campos Romay*

DEL HUMANISMO AL TRANSHUMANISMO: EL CAMBIO QUE VIVIMOS.-José Luis Ortiz Güell*

El Humanismo apareció en el siglo XIV con la llegada del Renacimiento y comenzó en Italia hasta que se fue transmitiendo a todos los países del mundo. Quizás podría considerarse la primera globalización de la que nos hemos nutrido hasta nuestros tiempos con las transformaciones que se han producido en siete siglos. Era el hombre el centro respecto a lo que todo giraba el hombre era un sujeto a Derecho, de ahí las libertades y los derechos. El hombre se encontraba en la categoría de Ser Humano al que se debía respetar por encima de todo y por el que había que luchar por su bienestar dentro de la estructura de la sociedad.

Ahora está agonizando y se está dando el paso hacía lo que es el Transhumanismo que tiene como objetivo final transformar la condición humana mediante el desarrollo y la utilización más amplia de todas las tecnologías disponibles y que puedan mejorar las capacidades humanas.

Creo que en ese punto estaremos casi todos de acuerdo y tal como está descrito no pienso que sea objeto de crítica, pero ¿se ha analizado en profundidad?

Ya no es la persona el centro sobre el que gira todo el mundo ya no es un ”sujeto” de Derecho y da paso a convertirse en un “objeto” de derecho.

Ya se puede tratar la genética, que avanza a pasos agigantados y evitar enfermedades que de otra forma sería impensable. Eso es lo que a primera vista se ve, pero quizás la realidad que se esconde es otra muy diferente.

La diferencia estriba en que “Sujeto de Derecho” es todo ser (“alguien”, para entenderlo) capacitado para conseguir derechos y contraer obligaciones bien de forma individualizada como sería en el caso de una persona o de forma colectiva, como sería el caso de una sociedad.

“Objeto” de Derecho es “algo”, y recalco “algo sobre lo que se exterioriza el poder que establece el “sujeto” de Derecho y por tanto es modificable o hasta anulable en el caso que no cumpla la función para la que fue establecido,

Eso supongo que es algo más, al menos, inquietante ¿No lo crees?

 Es algo que puede tener demasiadas consecuencias la primera y más directa sería que toda amenaza al mismo sistema pueda ser eliminada para mantenerlo ¿Qué tal? Ya lo sé, ahora seguro que te vendrán a tu mente demasiados interrogantes e inquietudes.

Tenemos alternativas y nuestra capacidad de diálogo y compunción puede asegurarnos que esa transición aproveche lo mejor de las dos formas de expresión de la vida, pues si se logra controlar la programación que es necesaria para implantarla seguramente disfrutaremos de un mundo mucho más saludable pero para ello no olvidemos necesitamos “diálogo” y no “monólogos” como los que nos promueven los nuevos maestros de la educación (youtubers, etc) que quieren potenciar el valor del monólogo frente al verdadero diálogo que no sólo es vacuna, sino es la mejor medicina para conseguir un mundo mejor.

Es una oportunidad que no debemos desaprovechar. Si queremos evolucionar y progresar o involucionar nosotros decidiremos ¿Tú que piensas?

*José Luis Ortiz Güell, funcionario

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en DEL HUMANISMO AL TRANSHUMANISMO: EL CAMBIO QUE VIVIMOS.-José Luis Ortiz Güell*

CENTRALISMO FERROVIARIO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

A economía galega require para viabilizar o seu desenvolvemento dunha conexión ferroviaria rápida para levar as súas mercadorías a Europa e dunha conexión ferroviaria de alta velocidade con Portugal, En ambos os dous casos as devamditas conexións haberían conectar tamén os sistemas portuario e aeroportuario galegos coa Europa e co porto de Leixoes e aeroporto Sá Carneiro do Porto.

   Porén, seica o Goberno do Estado ten outros plans. Porque ven de quitar o documento Mercancias 2030 no que exclúe ao noso país da autoestrada ferroviaria que conectaría o Atlántico peninsular co conxunto de Europa. Madrid, descoñecendo as recomendacións da UE e as demandas da Xunta, dos partidos políticos e dos axentes sociais galegos,  aposta por conectar pos portos de Algeciras e Huelva coa capital do Estado e por conectar os portos de Leixoes, Lisboa e Sétubal vía val do Douro coa liña Salamanca-Valladolid-Burgos-Euskadi-Francia. Se queríamos superar a radialidade centralista velaiquí as dúas cuncas.

 Polo que atinxe á conexión ferroviaria con Portugal trátase dun proxecto de vertebramento transfronteirizo que acadaría sempre un cumprido financiamento europeo, moito máis no contexto dos fondos Next Generation. O Goberno portugués prioriza a conexión Lisboa-Porto-Braga-Minho-Galicia a respecto dun AVE Lisboa-Extremadura-Madrid que non lles interesa. O Goberno do Estado prioriza este AVE e adia indefinidamente a programación das  obras precisas para a saída sur de Vigo. Empresas  como o grupo alemán Deutsche Bahn agardan por esta conexión para licitar pór A Coruña e Santiago a dúas horas do Porto e menos de tres horas e media de Lisboa. Un espazo económico e cultural común, de sete millóns de habitantes (a Gallaecia que integraría Galicia e o Norte de Portugal) agarda pola progresión xeométrica de sinerxias e potencialidades que este proxecto xeraría.

    O arquitecto galego Xosé Lois Martínez suxire aqueladamente que todas as Administracións locais do espazo atlántico, Universidades galegas  e principais axentes económicos e sociais   lle dean un grande pulo social e mediático, como proxecto de País, a esta saída sur por camiño de ferro de Vigo, seguindo o ronsel da tradición galega previa a 1936 na que eran os concellos e forzas económicas e sociais de progreso de Galicia os que  promovían e pulaban polas  infraestruturas ferroviarias que o País precisaba. Sen dúbida, tanto neste grande proxecto como no da autoestrada ferrovaria de mercadorías a Europa cómpre pormos a intelixencia, a forza e a economía nacionais diante das pantallas, mais tamén na rúa, para obter o que o Estado nos quere negar.

 Malia todo, cómpre lembrar que estes atrancos son propios da conformación esencial do Estado. Só se resolven con autogoberno e visión autocentrada. Só se resolven dende a  soberanía.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en CENTRALISMO FERROVIARIO.-Xoan Antón Pérez-Lema*