El camino para salir de la crisis VI – Sigmar Grabriel, Frank-Walter Steinmeier – Peer Steinbrück

Construir una unión social europea.

La unión económica y financiera europea debe estar acompañada de una unión social.

El fundamento de la unión social debe ser un sistema de valores sociales con sólidos derechos fundamentales sociales, como los ya establecidos en la Carta de los Derechos Fundamentales de la Unión Europea. Estos derechos no pueden estar subordinados a la libertad del mercado interno europeo, sino deben ser prioritarios. Este principio debe quedar establecido contractualmente en una cláusula de progreso social en el derecho europeo primario. En Europa la norma debe ser: Iguales condiciones salariales y laborales para el mismo trabajo en el mismo lugar. No puede haber cabida para el dumping social y salarial. Para cumplir esto los márgenes de maniobra para la cogestión deben ampliarse en las empresas europeas, fortalecerse los derechos de los comités de empresa europeos y consolidarse el diálogo social entre sindicatos y empresarios a nivel europeo. Los trabajadores de diferentes Estados europeos no deben ser enfrentados, sino por el contrario, éstos deben tener la oportunidad de defender juntos sus intereses.

Un pacto de estabilidad social para Europa.

Políticamente la unión social europea debe concebirse sobre todo a través de objetivos sociales y estándares mínimos que sean  vinculantes a nivel europeo. Se necesita un pacto de estabilidad social que establezca los objetivos y las metas para los gastos sociales y de educación, calculados en función del PIB de los Estados respectivos. De igual manera, habrá que establecer un salario mínimo en cada país miembro de la UE, sobre la base de los respectivos ingresos promedio nacionales.

Conclusiones.

Europa puede convertirse en precursor global de un modelo de prosperidad sostenible que evite la división social de la sociedad y que ofrezca una mayor estabilidad económica gracias a mejores oportunidades de participación para más gente. La condición, sin embargo, es que Europa encuentre en esta crisis la fuerza y la solidaridad para actuar conjuntamente y tomar la dirección correcta. Si fracasa, la amenaza es la desintegración y la renacionalización.

Solamente unida y anclada firmemente en la UE, tiene Europa una oportunidad en la competencia global de ideas y valores, de política y economía. Tenemos que ser concientes de que solamente juntos podremos construir un mejor futuro – en una Europa unida, democrática y social.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Deja un comentario

Fútbol 6 – Espe 0 – Antonio Campos Romay

Por goleada gañou o fútbol á lideresa. Exemplares as afeccións do Atletic e do Barça, en Madrid e tamén  en Bilbao e Barcelona. Os segundos de pitada ao himno e ao Sr. De Borbón Júnior foron apenas anécdota ao entusiasmo que ambas afeccións dedicaron a agradecer a Dona Esperanza Aguirre, pirómana profesional, afortunadamente sonora polo seu fracaso. E vaia por diante a solidariedade coa súa nai que seguramente non é merecedora de ter unha  filla que a pon na fala da xente. Por certo os afeccionados mostraron tamén certa vocación polo reino animal entoando algo sobre “un elefante se balanceaba…”

As forzas de seguridade empregáronse a fondo previo ao partido en   comisarlle o pito (silbato) aos presuntos espectadores que estaban en posesión de tal instrumento. De vento claro. Ningún foi o celo en comisar as bandeiras nazis e anticonstitucionais exhibidas na manifestación da ultradereita que circulou pola capital da Monarquía coa mesma impunidade que D. Pedro pola súa casa.

Dicía o Ministro de Exteriores que foi un espectáculo daniño para España o dado no  Manzanares ao asubiar ao vinculeiro e á Marcha Real. Pararíase  o Sr.Margallo a pensar si o problema mais daniños para España non serán os repetidos charcos nos que nos mete coa súa incontinencia?

O fútbol superou coa exemplaridade dos xogadores no terreo de xogo, a elegancia e civismo dos dous adestradores (no banquiño nin estaba Mouriño nin se lle esperaba), e o comportamento das afeccións os propósitos de Dona Esperanza. Que por facer nin sequera fai graza xa aos máis responsables da súa propia corda.

Pasado sen materia para a crónica de sucesos esta efeméride, coa frustración dos que tiñan afiada a navalla, incrementados os militantes do independentismo trala pedagoxía da lideresa, é momento de volver ao cotián. Por exemplo como  vaise amañar o tema de Banquia? De onde vai saír o dobre do orzamento da Comunidade de Galicia, ou o  dobre do cortado agresivamente sobre a sanidade e o ensino publica, so  para tapar as trapalladas e miserias da xestión realizada en tal entidade?

Escoitando o actual “responsable” na súa roda de prensa dan ganas de rir ou de chorar. De rir porque este cabaleiro de apelido tan impronunciable como os seus argumentos tomounos a todos por bobos, ou de chorar, porque si realmente toleramos tanto atropelo é que somos máis parvos do que nos supón.

Dona Esperanza, vostede o día do partido (de fútbol) escondeuse no súa tobeira.  Neste tema en que loitou a brazo aberto contra o actual Ministro de Xustiza agora ponse de perfil. Anímese lideresa, déixenos unhas perlas das súas.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

A copa da lideresa – Antonio Campos Romay

En 1902 con motivo da maioría de idade de Alfonso XIII, os irmáns Padrós, fundadores do Madrid CF. organizaron un torneo chamado Copa da Coroación. Tal torneo tiña un carácter moi madrileño inda que participaban algúns equipos españois. No ano seguinte abriase xa a presenza dun representante por provincia. Pedíuselle ao monarca que doase unha copa para o vencedor. O Madrid CF (aínda sen o de Real) organizou durante varios anos o evento que tiña como sé O Hipódromo de Castelá. En 1903 participan o Atletic, o Español de Barcelona e os anfitrións. Álzanse coa vitoria os bilbaínos. En 1909 organízase a a Federación Española de Clubs de Foot-ball, e as bases do Campionato outórganlle o dereito a organizar o torneo unha vez constituída. Sofre diversos avatares e escisións chegándose a xogarse dous torneos paralelos ata que nos anos 20 toma as rendas a recentemente nada RFF.

A  denominación primitiva  da competición é moi razoable: Campionato de España. Pero a competición foi acomodándose  na súa denominación aos diversos titulares da Xefatura do Estado. Foi  desde a súa creación segundo quen doaba o trofeo Copa da Súa Maxestade o Rei, da súa Excelencia o Presidente da República, ou da súa Excelencia o Xeneralísimo. Desde a tempada 1976/77 novamente Copa da súa Maxestade o Rei. Durante a República o Sevilla lévaa en dúas ocasións a Copa e tamén a primeira doada por Franco. O primeiro trofeo da actual  etapa gañaríao o Betis Balompié. O Atletic e o Barça son de pleno dereito historia viva da competición. Case empatados a trofeos, 23 os bilbaínos e 25 os cataláns, xa se enfrontaron en seis finais das que catro saldaronse a prol destes.

Que algúns xiareiros  fáganos sentir nos prolegómenos  o seu desapego durante escasos minutos cara ao xefe do estado ou cara a un himno cuxas reminiscencia seguramente non son do seu gosto, só pon en evidencia unha baixa calidade democrática en quen de tal pretende facer “causa belli”. Podemos estar diante dun un xesto de mal gusto, pero o colmo da estupidez e irresponsabilidade é propoñer suspender un acto con 50 ou sesenta mil afeccionados desprazados varios centos de quilómetros fundamentalmente con euforia e desexos de divertirse.

Esperanza Aguirre que tanto celo pon no Borbón que herdará a coenxía do pai e represéntalle no evento, ben faría en ser máis entregada á causa das contas que altera e oculta, o que fai presumir unha alarmante herdanza cando se vaia. Tamén debese ter máis dignidade cando tras lanzar a pedra envelenada para crispar o ambiente ata o paroxismo mostra a súa covardía fuxindo como alma que leva o diaño do acto no que por función do seu cargo debese estar presente. Van parellas a súa logorrea e a súa covardía, poñendo en situación embarazosa a seus compañeiros de partido, caso do ministro do Interior, a Delegada do Goberno  ou o propio Sr. Presidente. Pero isto é algo que a súa mala fe faralle gozar na súa tobeira. Hai xente que cando fala sobe o pan. Esta “política” con ínfulas de Dama de Ferro e que se queda en pura e barroca Dama Boba ou Dama de Folla de Lata, cando fala multiplica o sentimento independentista. A súa obscenidade queda probada cando durante os momentos máis solemnes do Desfile da Forzas Armadas determinados sectores moi caracterizados berreaban contra o Presidente Zapatero sen respecto ao Toque de Oración e Homenaxe aos Caídos. A Lideresa entón calaba cómplice. E desde logo diante de aqueles atropelos repetidos sistematicamente cada ano, xamais solicitou a suspensión do desfile. E alí desprezábase groseiramente  a solemnidade do momento e a súa simboloxía

Hoxe, desafiando a sensatez e o sentido común unha manifestación de neofascistas desfilará en Madrid desoindo a prudencia da Sra. Delegada do Goberno. En Semana Santa –con acerto- impediuse a concorrencia dos actos confesionais e os previstos polos colectivos ateos. Curiosamente a ciencia infusa que adorna os xuices do  Tribunal Superior de Madrid non ve risco neste caso.

Se cadra, curiosamente, á fronte desa manifestación, a titulo persoal, de seguro só con vontade de impoñer o seu ánimo de “muller de paz”, igual poida verse á Sra. Lideresa.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

‘Outramente’, con Pilar García Negro – José Luis Gómez

A presenza das mulleres nos medios de comunicación non soe ser abundante. Alomenos no noso país, en Galicia. Os postos directivos neste sector soen recaer en homes e tampouco é moi frecuente ver firmas femininas nos espazos de opinión, onde as colaboracións son maioritariamente masculinas. Xornal de Galicia tentou cambiar este feito e impulsou a participación activa de mulleres profesionais no funcionamento do diario -por exemplo, con María Val na subdirección ou con Lucía L. Bayo a fronte de Opinión-, e tamén tentou visibilizar nesas páxinas de análise o pensamento deste colectivo, contando con avogadas, profesoras, políticas, médicos, arquitectas… Xornal quería reforzar dese xeito a idea de que as mulleres tamén son líderes de opinión, porque a sociedade está formada por homes e mulleres, pero para ter unha visión máis ampla da realidade cómpre valorar as opinións de tod@s.

Neste contexto, Xornal tivo o privilexio de contar entre as súas firmas cunha líder de opinión de indiscutible nivel argumentativo. A chegada da profesora Pilar García Negro a Xornal de Galicia impregnou -ainda máis- as páxinas do diario de paixón pola defensa da lingua propia de Galicia a través de argumentos e razoamentos consistentes, pero tamén a través de sentimentos de pertenza a un país, a unha lingua, a uns símbolos e a uns referentes históricos. Máis aínda: moitas veces, a xa nosa Pilar deixou deixou testemuño dos seus saberes no Cafe de Redacción do diario, un foro plural no que debullábamos ideas e no que tamén nos decatamos de que a máis dun quizá lle fai falta apelar ao que John F. Kennedy denominou a fortaleza moral e intelectual que precisamos.

Durante o tempo que Pilar García Negro escribíu en Xornal, os temas máis recorrentes –aínda que non todos- foron a defensa da lingua galega ante a política lingüística impulsada polo goberno conservador da Xunta. “¿Cantos miles de páxinas non se poderían escribir a propósito da represión do idioma galego na Galiza e das súas consecuencias psicosociais?”, preguntouse en 2010 de xeito retórico García Negro nun artigo titulado “Os fillos da imposición”, no que describe con maestría a histórica situación do conflito lingüistico entre galego e castelán. Se alguén o sabía ben, ese alguén era ela: a Pilar de Xornal. A nosa.Pilar García Negro, profesora afincada na Coruña, cidade cuna de tantos movimentos galeguistas, tamén abordou textos arredor de figuras históricas galegas como Rosalía de Castro, protagonista, por certo, da tese doctoral de Paco Rodríguez, que tamén fora colaborador de Xornal de Galicia. A nosa autora describe a poetisa de Ortoño -a carón de Brión, a miña terra- como a primeira ensaista e “feminista na sombra”. Pilar ten salientado o papel pioneiro de Rosalía “no espertar dunha conciencia de xénero que se revela, lúcida e recorrente, na reflexión profunda e avanzada sobre o ser muller”. Acáelle, xa que logo, o carácter de primeira feminista galega do mesmo xeito que a condición de moderna pensadora, visionaria, heterodoxa, independente e aínda revolucionaria. Condición esta última que Pilar García Negro e moitas outras escritoras e opinadoras en medios de comunicación están convertendo en modelos de referencia para outras mulleres. Oxalá que tamén para outros xornais. Porque a Xornal matárono.

*José Luis Gómez foi director fundador de Xornal de Galicia, diario no que se publicaron os artigos que conforman o libro ‘Outramente’, no que este texto figura como prólogo da obra de Pilar García Negro.

Publicado en AUTORES, José Luís Gómez | Deja un comentario

A clave é producir e non só recortar – José Luis Gómez

José Luis Gómez

A situación económica española é tan asfixiante que ás veces somos dados a crer que pode haber noticias ou reunións -como a de Mariano Rajoy con Angela Merkel en Chicago- capaces de marcar un antes e un despois. Por desgraza, isto non é así. «Non é iso, non é iso», que diría Ortega y Gasset. Son moitos e graves os problemas e poucos e leves os remedios, á espera de suavizar o calendario de cumprimento do déficit, de abrir novas liñas de crédito á banca e de concretar o plan de crecemento que ultima a Unión Europea.

Os problemas? Fálase tanto de déficit, débeda e a prima de risco que entre todos esquecémonos en grao sumo substancial: a balanza por conta corrente, concepto que apenas se menciona no debate político e que comprende os saldos por transferencias, mercancías e servizos; é dicir, un dato que resume o que é un país. En palabras chairas, pódese ter moito déficit se hai con que pagalo, caso, por exemplo, de Xapón. España precisa producir máis e exportar máis, ese é o reto de fondo, e mentres non o faga seguirá angustiada coas súas débedas, tanto públicas como privadas. Volvendo ao exemplo de Xapón, vemos que ten máis déficit público que España pero, con todo, ninguén lle nega crédito nin lle esixe altos intereses porque pode financiar a súa débeda co superávit por conta corrente, grazas ás súas exportacións.

En España, mentres tanto, redúcese todo á austeridade fiscal e a reformas financeiras virtuais, o que entraña máis risco de fracaso que doutra cousa, xa que o problema é máis de crecemento que de déficit, e iso non se arranxa só con recortes estatais e autonómicos. É preciso traballar máis a mellores prezos, recuperar a economía, exportar máis e, en definitiva, mellorar a balanza por conta corrente. Angela Merkel, que é quen goberna en España, fainos a folla de ruta do axuste; mágoa que non nos trace de paso o camiño da produción para superar a recesión e aumentar o emprego. Sería o mellor camiño para darlle a razón aos grandes empresarios españois que, liderados por César Alierta (Telefónica), Emilio Botín (Santander) e Ignacio Sánchez Galán (Iberdrola), ultiman un informe para avalar ao ministro Luís de Guindos cando di que a percepción da situación de España é peor que a súa realidade. É posible que os mercados estean esaxerando a penalización que, vía tipos de interese, merece España, pero o certo é que mentres non se lles demostre o contrario ou Alemaña bótenos unha man todo seguirá igual.

Publicado en AUTORES, José Luís Gómez | Deja un comentario

Discurso de Nigel Farage en el Parlamento Europeo

Nigel Paul Farage born 3 April 1964  is a British politician and is the Leader of the UK Independence Party (UKIP), a position he also held from September 2006 to November 2009. He is a Member of the European Parliament for South East England and co-chairs the Eurosceptic Europe of Freedom and Democracy group.

Farage is a founding member of the UKIP, having left the Conservative Party in 1992 after they signed the Maastricht Treaty. Having unsuccessfully campaigned in European and Westminster parliamentary elections for UKIP since 1994, he gained a seat as an MEP for South East England in the 1999 European Parliament Election — the first year the regional list system was used — and was re-elected in 2004 and 2009. Farage describes himself as a libertarian and rejects the notion that he is a conservative.

In September 2006, Farage became the UKIP Leader and led the party through the 2009 European Parliament Election in which it received the second highest share of the popular vote, defeating Labour and the Liberal Democrats with over two million votes. However he stepped down in November 2009 to concentrate on contesting the Speaker John Bercow’s seat of Buckingham in the 2010 general election.

At the 2010 General Election, Farage failed to unseat John Bercow and received only the third highest share of the vote in the constituency. Shortly after the polls opened on 6 May 2010, Nigel Farage was injured in an aircraft crash in Northamptonshire. The two-seated PZL-104 Wilga 35A had been towing a pro-UKIP banner when it flipped over and crashed shortly after takeoff. Both Farage and the pilot were hospitalised with non-life-threatening injuries.

In November 2010, Farage successfully stood in the 2010 UKIP leadership contest, following the resignation of its leader, Lord Pearson of Rannoch. Farage was also ranked 41st (out of 100) in The Daily Telegraph’s Top 100 most influential right-wingers poll in October 2009, citing his media savvy and his success with UKIP in the European Elections. Farage was ranked 58th in the 2010 list compiled by Iain Dale and Brian Brivati for the Daily Telegraph.

Publicado en DOSSIERES | Deja un comentario