El Futuro de NovaGalicia – Diario económico Cinco Días

Julio Gayoso y José Luís Méndez

“El 31 de marzo las entidades presentarán al Banco de España sus planes para afrontar su saneamiento inmobiliario, de acuerdo a la normativa de De Guindos. En esa fecha tendrán que explicar si van a optar por fusionarse o no para cumplir con estas dotaciones, pero no será necesario que presenten sus parejas. El supervisor tendrá hasta el 15 de abril para pronunciarse sobre la idoneidad de estos planes. Tras esta fecha, las entidades que tengan intención de fusionarse deberán presentar a sus novios a más tardar el 31 de mayo. Y es entre estas tres fechas en las que Novagalicia y Bankia (por razones diferentes a las de la entidad gallega) se juegan su independencia, una vez que Catalunya Caixa parece que ha renunciado a buscar inversores que la salven de ser subastada.

El mercado y toda la banca en general no dudan de que Novagalicia será subastada antes de octubre. Solo su cúpula directiva y el Gobierno de la Xunta esperan que al final la entidad gallega siga sola. El empeño personal de su presidente, José María Castellano, en sacar adelante su proyecto comienza a sembrar la duda entre sus rivales. ¿Será posible que haya conseguido inversores extranjeros dispuestos a meter dinero en Novagalicia? Esta es una pregunta que hace menos de un mes nadie se planteaba. Ahora sí. La firma gallega, como lo hará todo el sector, pasará estos días por los despachos del Banco de España para explicar su plan de saneamiento. Y ahí es cuando Castellano expondrá su proyecto innovador para dar entrada a unos cuantos fondos anglosajones dispuestos a invertir en Novagalicia y compartir su futuro con el FROB -que controla el 90% de la entidad- hasta conseguir suficientes accionistas para que el Estado salga por completo de la firma. No hay que olvidar que Castellano siempre dijo que su reto es que la firma cotice.

La Xunta de Galicia ve con buenos ojos el proyecto. El Ejecutivo nacional también, siempre que se realice en las mismas condiciones que el resto del sector y consiga que el crédito fluya entre familias y empresas. Pero la última palabra, como matizó Mariano Rajoy el jueves pasado, la tienen el Banco de España y Economía. El proyecto de Castellano puede ser más barato para el Estado que subastar la entidad. El problema es que los potenciales inversores reclamarán ayudas a través de un esquema de protección de activos (EPA), aunque sería muy inferior al que solicitaría un banco al que se le adjudicara la caja. Si el Banco de España echa para atrás el proyecto, es muy posible que Novagalicia salga a subasta en los meses de mayo o junio, como reclama la gran banca.”

Artículo Publicado en el diario Cinco Dias el 21/3/2012

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Deja un comentario

Zara non entende de crise – José Luis Gómez

Amacio Ortega Gaona

Desbordada pola crise da débeda, abatida ante o debate sobre o copago sanitario e angustiada polo desemprego, España segue instalada no pesimismo baixo o manto dun discurso político que só comprende axustes e perdas de dereitos sociais e laborais. Visto así puidese parecer que só queda apagar a luz.

A realidade do país é, indubidablemente, moi negativa, e negala sería suicida. Pero entre instalarse no pesimismo e intentar saír á boia segue habendo moitas diferenzas, aquí e en calquera parte. Dito doutro xeito: a crise financeira e fiscal dificulta as cousas, algunhas as hai pouco menos que imposibles, pero segue habendo moito por facer, que si se pode sacar adiante. En parte porque hai problemas estruturais que afectan á economía produtiva de España agravados pola crise, pero que non se deben á crise, senón á ausencia de adecuadas políticas sectoriais na agricultura, a industria e os servizos.

O presidente da empresa española máis emerxente no mundo teno claro: «a crise non é escusa para non crecer», argumentou Pablo Isla en Nova York, onde Zara acaba de abrir na Quinta Avenida a que xa é a súa tenda de referencia para todo o planeta. Se algo está demostrando o galego Amancio Ortega, o creador do imperio Inditex, é que cando se xera valor engadido e transcéndense fronteiras non hai crises, senón éxito no medio da crise. Doutros, claro.

Fronte á recesión interna, Inditex vende fóra, e ante a crise inmobiliaria, o seu propietario inviste comprando barato edificios emblemáticos, como Torre Picasso en Madrid ou o que adquiriu esta semana en pleno Paseo de Gracia, en Barcelona. Amancio Ortega converte así a crise do ladrillo nunha oportunidade e vende no exterior o que a súa xente deseña na Coruña. Algúns se fixan moito nel porque é o home máis rico de España pero se fixan menos no que fai para ser o que é: a quinta fortuna do mundo. E o que fai é traballar ben.

Publicado en AUTORES, José Luís Gómez | Deja un comentario

O custe da democracia – Xesús Veiga Buxán

Xesús Veiga

Pasou con mais pena que gloria o debate sobre política xeral que cada ano se celebra no Parlamento de Galiza.Colocado ante a ruda realidade dunha economía –a galega- que non ofrece ningún síntoma serio que permita pensar no comezo dunha dinámica expansiva e ante o gravísimo panorama social que debuxan as cifras do desemprego e da progresiva perda de benestar que están experimentando sectores que ate agora non coñecían, en carne propia, as feridas da crise, o presidente da Xunta optou por unha espectacular e inesperada “fuite en avant”. A primeira parte da fuxida tivo como protagonistas sorprendentes a dous cativos concellos –Oza e Cesuras- que foron obxecto das ansias de protagonismo mediático presidencial sen que tiveramos constancia previa de que os seus gobernos estiveran traballando nun horizonte de fusión de ambas entidades administrativas.

Para completar a estratexia ofensiva no debate, Alberto Núñez anunciou a eliminación do Consello Económico e Social e do Tribunal Galego de Defensa da Competencia así como a desaparición dos tres vicevaledores adscritos á figura do Valedor do Pobo.A razón utilizada para practicar esta poda na arquitectura institucional galega foi o aforro –por certo, aínda non precisado na súa contía específica- que se conseguiría na partida de gastos de funcionamento da Comunidade Autónoma. Tal pretensión non se compadece co estrondoso silencio que gardou o presidente a respecto da eventual supresión das actuais Deputacións provinciais toda vez que unha opción desa natureza suporía, previsibelmente, unha diminución de maior consistencia no gasto público.En todo caso, a proposta revela una preocupante concepción do propio funcionamento do sistema democrático porque esas institucións que se pretenden anular total ou parcialmente foron deseñadas para facer efectivas unha maior participación do tecido social na vida política e un control mais acaído das práctica económicas que aseguran a vixencia do principio da libre competencia. Unha democracia de calidade non é gratuíta. Ten un custe económico que, sen dúbida, debe ser permanentemente revisado para garantir o uso eficaz e eficiente dos recursos públicos. Pero unha cousa é salvagardar as obrigadas boas prácticas na xestión das institucións e outra moi distinta é desfacer unha parte do edificio para buscar, a calquera prezo, a imaxe de gobernante austero que logo non se acredita cando se trata de facer fronte ás inercias clientelares que habitan noutras instancias perfectamente prescindíbeis.

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Deja un comentario

Nada nuevo bajo el sol – Diálogo entre Jean Baptiste Colbert y el Cardenal Mazarino

Colbert y el Cardenal Mazarino

Diálogo entre los ministros de Luís XIV de Francia, el «Rey Sol», Jean Baptiste Colbert y el Cardenal Mazarino.¡Hace CUATRO siglos!

Colbert: Para conseguir dinero, hay un momento en que engañar al contribuyente ya no es posible. Me gustaría, Señor Superintendente, que me explicara cómo es posible continuar gastando cuando ya se está endeudado hasta al cuello…

Mazarino: Si se es un simple mortal, claro está, cuando se está cubierto de deudas, se va a parar a la prisión.  ¡Pero el Estado…! ¡Cuando se habla del Estado, eso ya es distinto!  No se puede mandar el Estado a prisión.  Por lo tanto, el Estado puede continuar endeudándose. ¡Todos los Estados lo hacen!

Colbert: ¿Ah sí? ¿Usted piensa eso?   Con todo, precisamos de dinero, ¿y cómo hemos de obtenerlo si ya creamos todos los impuestos imaginables?

Mazarino: Se crean otros.

Colbert: Pero ya no podemos lanzar más impuestos sobre los pobres.

Mazarino: Es cierto, eso ya no es posible.

Colbert: Entonces, ¿sobre los ricos?

Mazarino: Sobre los ricos tampoco. Ellos no gastarían más y un rico que no gasta, no deja vivir a centenares de pobres. Un rico que gasta, sí.

Colbert: Entonces, ¿cómo hemos de hacer?

Mazarino: Colbert, ¡tú piensas como un queso de Gruyere o como un orinal de enfermo! Hay una cantidad enorme de gente entre los ricos y los pobres. Son todos aquellos que trabajan soñando en llegar algún día a enriquecerse y temiendo llegar a pobres. Es a esos a los que debemos gravar con más impuestos…, cada vez más…, ¡siempre más! A esos, ¡cuánto más les quitemos, más trabajarán para compensar lo que les quitamos! ¡Son una reserva inagotable!

ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA ¡Hace DOS siglos!

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Deja un comentario

Troulas de mal gusto – Antonio Campos Romay

Non deixa de ser unha troula de mal gusto utilizar algo transcendente, a fusión previsible dos concellos de Oza e Cesuras para agochar tres anos dilapidados na xestión dos intereses de Galicia a hora de dar contas diante do Parlamento. Un acto oportunista dun presidente que quixo ser mediatico e sentirse o D. Pelayo popular, comendador da reconquista da patria das “hordas vermellas” (outra brincadeira de cativo gusto, pois teñen o vermello tan acaído que mesmo parece laranxa). Pero quen presuporía ía premialo deulle as costas deixando espido e sen noiva mentres agasallaba a un alcalde entrampado ate as orellas e con apenas seis meses de reelecto. O mesmo que gardou os aloumiños para a presidenta dunha Comunidade con mais problemas que o Titanic, concedéndolle que poida  repicar e estar na misa da Secretaria Xeneral. Mentras a Dra. Pastor era chamada para facer curas en Fomento, o vello rival lucense, Barreiro, tiña voz e voto no Senado. O noso presidente como naquel bolero dos Panchos, estaba receptivo ate as “trancas”…si tu me dices ven lo dejo todo…mais atopouse cunha resposta mais propia de D. Sabino Fernández Campo, “nin está, nin esperáselle”.

D. Alberte, trala súa entrevista na Moncloa onde a cada petición o mais que arrancou foi,  “un xa veremos”, “por unha banda que queres que che diga, por outra que queres que che conte” quizais o único que debeulle ficar claro foi o mandado para cando celebrar as eleccións en Galicia. De seguro debeu saír dicindo entre dentes “cun amigo como este xa non fan falla inimigos… Arre demo, Ana Pontón e Pachi son anxos da garda”

O Sr. Nuñez Feijoo no debate do Estado da Autonomía, cunha habilidade que xusto e recoñecerlle, botou man dun atractivo engado para distraer a atención tanto dos sermóns  reprobatorios da oposición como da frixida acollida do seu xefe de filas a sazón  Presidente do Goberno de España. Viulle de perlas facer fincapé en ter o primeiro caso en moitas décadas en que dous concellos deciden ir contra a corrente da irracionalidade sumando e non restando. E facelo baixo o seu padroado. Uns réditos felices con dimensión para saltar aos telexornais.

A disparatada distribución territorial do país, (non menor no Estado), paralela ao minifundio das terras dos nosos paisanos, cunha mínima racionalidade administrativa non parecía ser ate de agora unha das preocupacións do Sr. Presidente. Non hai referencias da súa preocupación por dar coherencia a un territorio espallado en 316 anacos na súa maior parte insuficientes para ser sostibles. Nin en orde as catro deputacións, salvo deféndellas e non eméndallas. Redutos sacrosantos aos que os partidos maioritarios cando as gobernan aférranse con uñas e dentes como lugar de apousento e nalgun caso de cacicadas. Onde xusto e dicilo brilla por mérito propio unha, que mais aló das singularidades que lles son propias a todas, suma a de ser hereditaria. Tampouco coñecemos inquedanzas do Sr. Presidente  sobre o futuro das catro provincias tan difíciles de casar coa  autonomía  coma as deputacións. Tampouco na presencia dos residuos da administración central. Cun delegado do goberno chegaría. Iso por tomar conta da falla de lealdade institucional que nos e tan común. O autentico delegado do goberno e xustamente o presidente do territorio. Imaxina alguén un delegado do goberno en Arkansas ou California ou nun lander alemán? O dos subdelegados seria xa surrealista.

Dentro da confusa cando non contraposta postura na materia dos dirixentes populares,  maior ainda que as ambigüidades tamén presentes nos lideres socialistas, cabe salientar, que con prudencia e mesura, fomentando os encontros dos concellos e arbitrando a súa racionalización, podria chegarse  a culminación dun escenario onde a desaparición das deputacións non seria de xeito abrupto senón por diluírse as súas obrigas

Si o Sr. Nuñez Feijo tivera realmente vocación no tema mais aló do oportunismo, diante da crise que non cesa, nunha economía que non parece ter un amencer distinto en anos, neste tempo de tixeretazo en tente teso,  estaría auspiciando un pleno monográfico sobre un proxecto coherente de reordenación territorial. Convocando aos partidos, aos concellos, a Fegamp, cuxo presidente e home intelixente e capaz. En fin estaría facendo cousas de moito mais calado e rigor que aproveitarse en plan triquillón e epidermico dun dato de indubidable interese para camuflarse nun exame ao que chega como un mal alumno con pésimas notas en tres cursos seguidos… E magoa para Galicia que os ollos do Sr. Presidente estean noutro lado. Tamén e magoa para el, que  nese lado os ollos estean moi lonxes del.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

A crise, na casa e na escola – José Luis Gómez

José Luis Gómez

A crise acentúa os conflitos entre pais e fillos, á súa vez relacionados coas tensións entre profesores e alumnos, sen que estean sequera claras cales deben ser as posicións de pais e docentes ante estoutra gran crise social. Parece evidente que pais e mestres deberían complementarse, pero a realidade indica que uns e outros manexan estes conflitos como arma arreboladiza: os pais ‘confían’ en exceso nos profesores e estes botan de menos a colaboración dos pais e, cando menos, que en caso de conflito chamen a atención aos seus fillos. Non resulta fácil atopar o punto de equilibrio, mentres afloran problemas e conflitos como o diñeiro que se debe dar aos fillos, os horarios de volta a casa, os estudos e a colaboración nas tarefas domésticas.

Dos pais espérase que poidan impor límites á impulsividad dos fillos, que adoitan demandar satisfacción inmediata, e dos profesores agárdase que poidan impor normas de convivencia nos seus colexios. A realidade pouco ten que ver con tan bos desexos, e de todos son coñecidos casos de fortes tensións tanto no ámbito familiar como escolar. Do tema fálase quizá máis agora, porque a crise enrarece o ambiente, pero non é nada novo. Fai xa anos, un informe realizado pola Fundación de Axuda á Drogadicción (FAD), baseado nunha enquisa a 1.000 familias con fillos entre os 14 e os 20 anos, concluía ao fío destas tensións e conflitos entre pais e fillos que un terzo dos pais con fillos adolescentes sentía que non educaba ben ou que non sabía facelo. Un 40% recoñecía non manexar ben os conflitos de convivencia e un de cada cinco pais afirmaba sentirse desbordado, principalmente polas esixencias económicas dos seus fillos. Este problema, agudizado pola crise, dá pé agora a que psicólogas como Anabel Gutiérrez expoñan cortar polo san: «Vimos dunha época na que todo era gastar e gastar, e agora hai que aprender a recortar». En realidade, as cousas aínda poden empeorar e xa hai enquisas que mostran o desconcerto dos mozos ante o seu futuro. Un recente estudo sobre o horizonte social e político da mocidade española, do Grupo de Estudo sobre Tendencias Sociais, constata que por primeira vez son máis os fillos que pensan que vivirán peor que os seus pais.

A solución que expón os pais para evitar a súa propia desorientación, lonxe de buscar unha maior comunicación cos seus fillos, pasa por pedir aos profesores que eduquen mellor (59,6%) e aos medios de comunicación que sexan máis educativos (49,2%). Pero falta autocrítica. O psiquiatra Eusebio Megías, coordinador do estudo da FAD, xa alertou fai tempo de algo que segue vixente: a maior implicación que os pais solicitan aos profesores tradúcese nunha delegación de responsabilidades, coma se sentíndose desbordados polas esixencias solicitasen ser substituídos polos mestres.

Publicado en AUTORES, José Luís Gómez | Deja un comentario