Sentidiño e aeroportos – Emilio Argiz Vázquez

Teñen xeito dous aeroportos en 45 km, ou tres aeroportos en 120, nun país con menos de tres millóns de habitantes?; Ten xeito investir moreas de cartos en tres terminais con tráficos minguantes, cando ademais o AVE será competencia directa para os voos a Madrid, ampla maioría hoxe?; Ten xeito que a ningún dos tres chegue un tren metropolitano, ou aínda case o transporte público?

As respostas parecen evidentes para calquera non cegado por localismos miopes, como parece evidente que un dos pecados nesta Galicia das nosas dores é a nosa incapacidade para planificar o futuro, e ordenar o noso territorio con sentidiño.

Porque se hai algo que define ben a Galicia (e faina, niso, esencialmente española), é a case nula capacidade de planificación, un espírito cívico pouco cultivado, e unha conciencia do ben común máis ben escasa. Individualismo e localismo que teñen unha tradución inmediata no noso desordenado e malferido territorio, nas nosas vilas desastre, e nas nosas cidades, que non son máis ca oportunidades perdidas.

Ordenar o futuro con sentidiño e con economía de medios. Iso é ó que terían que estar os nosos alcaldes e gobernantes. Algo que pasa, en primeiro lugar, por dotarnos dun marco legal e administrativo estable e axeitado (cantas leis do solo levamos?; cantos concellos sobran?; ata cando unhas deputacións redundantes?). E en segundo lugar, por definir un modelo de futuro, saber a onde queremos chegar, e ir investindo segundo unha planificación axeitada, e con obxectivos a longo prazo. Planificación que sexa unha folla de ruta válida para gobernos de distinta cor, nunha lóxica que vale tanto para o territorio, o urbanismo, e a nosa paisaxe física, como  para a educación, e a nosa paisaxe social.

Se falamos polo tanto de territorio e comunicacións, un investimento tan forte en infraestruturas coma o dos últimos 25 anos tería que ter sido feito con unha planificación previa axeitada; E dela deduciríamos, a bo seguro, que Galicia precisa un ou dous aeroportos, pero non tres. Na opción de dous, terían que estar no entorno das áreas metropolitanas da Coruña e Vigo. Na opción de un, teriamos que apostar por un aeroporto central galego, equidistante entres as dúas, e servindo a todo o país. Opción esta que parece a mellor hoxe, por canto un aeroporto con todo o tráfico galego daría un nodo europeo intermedio, tan atractivo coma o do Porto, e capaz de xerar rutas directas con toda Europa (e aínda transatlánticas), sen ter que pasar por Madrid.

Naturalmente, un nodo de transporte aeroportuario non ten xeito se non se conecta coas redes de transporte terrestre. Aí entraría a planificación a longo prazo, a intermodalidade, e a economía de medios, á busca da máxima eficiencia; E o resultado debería ser unha rede de autoestradas e trens ben artellada, que puxese calquera cidade a non maís de 30-40 minutos, e calquera vila do país a non máis de 60-75 minutos, fose Ribadeo, Verín, ou a Guarda.

As propostas que veñen de Santiago, de levar a estación do AVE a Lavacolla, poden requirir moitos matices, pero apuntan na boa dirección. Conde Roa teno sinxelo, porque estar entre a Coruña e Vigo, i equidistante de Lugo ou Ourense, fai que o seu localismo sexa neste caso coincidente co interese común. Pero certamente, nalgún momento deberiamos abandonar a contumacia dos investimentos sen xeito nin idea de país, e apostar pola economía de medios. Aposta obrigada hoxe, e que pode ser unha das cousas boas que nos deixe esta crise.

Se cadra na Coruña e Vigo, nalgún intre, tamén acaban decatándose de que lles interesa máis un grande aeroporto central con moitas conexións directas, a 20-30 minutos en transporte público, que non aturar as molestias dun “aero-portiño” ineficaz dentro das súas áreas metropolitanas. Porque non levaría máis chegar ó Aeroporto Central Galego dende A Coruña ou Vigo do que leva chegar de Fiumichino, Charles de Gaulle, ou Gatwick a Londres, París ou Roma; Ou ainda do que leva chegar de Barajas ó centro de Madrid en Metro. E porque as sinerxias xeradas pola accesibilidade dende toda Europa, serían incontables; Para A Coruña e Vigo, e para toda Galicia.

Publicado en AUTORES, Emilio Argiz Vázquez | Deja un comentario

Otra "guerra" en el Mediterráneo por la energía – Javier Solana Madariaga

Javier Solana Madariaga

El descubrimiento de un significativo yacimiento de gas cerca de la costa sur de Chipre, ha levantado esperanzas de un futuro mejor en el Mediterráneo. Para la República de Chipre, llegó como una bendición en la deteriorada situación de crisis que le afecta debido a su estrecha relación con Grecia. El nuevo socio de los grecochipriotas en la iniciativa del gas es Israel. La visita a Nicosia del Primer Ministro israelí Benjamin Netanyahu esta semana enciende algunas alarmas. El descubrimiento del gas natural ha dado una nueva dimensión a la política en la zona.

Vecinos celosos

Los expertos advierten de la posibilidad de que este descubrimiento en el Mediterráneo oriental acarree un deterioro en la situación de seguridad de la zona. Turquía se opone categóricamente a los planes unilaterales de los grecochipriotas de perforar el yacimiento de gas sin incluir al norte de la isla. Durante cuatro décadas, Chipre ha estado dividida étnicamente entre la población griega de la República de Chipre al sur, miembro de la Unión Europea, y el estado separatista turcochipriota al norte. Hasta ahora, sólo Turquía lo ha reconocido y tiene desplegados entre 30 y 40 mil soldados en el territorio.

Ankara no acepta la existencia de una zona económica exclusiva en las aguas que rodean Chipre, precisamente en el lugar en el que la empresa se ha descubierto el gas. El año pasado Turquía llegó a enviar barcos a la zona en la que se encontraba el equipo de exploración de la empresa. Este movimiento no impidió que se continuara con la búsqueda de reservas de gas en la zona. Pero la actitud amenazante de Turquía ha hecho aumentar desde entonces las conversaciones entre Israel y la República de Chipre que, junto a Grecia, se había situado tradicionalmente del lado palestino. A pesar de que los funcionarios grecochipriotas insisten en que nada ha cambiado en su relación con sus amigos árabes, las nuevas fuentes de energía en la zona ya han reorganizado las alianzas tradicionales en el mediterráneo oriental.

Coste diplomático

Si Israel quiere acceder a estos nuevos pozos, debe llenar el vacío de la insuficiente capacidad militar grecochipriota para proteger las futuras perforaciones cerca de la costa chipriota. Poco después de que se confirmaran los yacimientos de gas, este mes de enero, Israel y Grecia han firmado acuerdos de cooperación e intercambio de información clasificada en el ámbito de la defensa. La comercialización conjunta del gas israelí y chipriota se encuentra entre los temas principales que Benjamin Netanyahu pondrá sobre la mesa de negociación durante la primera visita en la historia de un primer ministro israelí a Chipre el 16 de febrero.

Hasta ahora Ankara se ha mostrado poco impresionada por el acercamiento entre Nicosia y Tel Aviv. Turquía mantiene su trayectoria de enfrentamiento y ha anunciado los planes de Turkish Petroleum Corporation, con administración estatal, de proceder con perforaciones petroleras de sondeo en el norte de Chipre antes de que finalice febrero. El gobierno grecochipriota ha expresado su oposición.Bruselas por el momento se ha mantenido relativamente al margen, a pesar de haber amonestado a Turquía por mandar el año pasado un buque de guerra cerca de las perforaciones de sondeo.

Otro problema regional. Pero utilizando la cabeza, este puede formar parte de la solución de muchos otros.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Deja un comentario

As empresas públicas – José Luís Gómez

José Luís Gómez

O Goberno de Rajoy aprobou un decreto lei no que fixa topes aos soldos dos directivos das empresas públicas, que deste xeito non poderán cobrar máis de 105.000 euros de salario fixo, se se trata de grandes compañías, porque nas medianas o tope baixa a 80.000 euros e nas pequenas, a 55.000 euros. O Executivo xa rebaixara as remuneracións dos directivos das entidades financeiras que recibiron préstamos do Fondo de Reestruturación Bancaria Ordenada (FROB), como Bankia, Banca Cívica, BMN, NovaGalicia ou Caixa España, cun tope de 600.000 euros, seis veces máis que no primeiro caso. Pero hai realmente primeiro e segundo caso? Cando menos é discutible, se nos atemos á definición oficial que fai a Unión Europea dunha empresa pública. Bruxelas considera unha empresa pública calquera sociedade na que os poderes públicos poden exercer, directa ou indirectamente, unha influencia dominante en razón da propiedade, da participación financeira ou das normas que a rexen. En consecuencia, un banco nacionalizado como NovaGalicia podería ser perfectamente unha empresa pública.

As aparentes contradicións non se reducen ao caso xa mencionado. Suponse que o artigo 3 da Lei Xeral Orzamentaria tamén debería modificarse para redefinir o subsector público tras as intervencións financeiras e tendo en conta os criterios da Unión Europea. Ata agora, o Estado definía como compañías públicas as entidades públicas empresariais, as sociedades mercantís estatais, as entidades estatais de dereito público e os consorcios dotados de personalidade xurídica propia. Traducido a números, segundo a revista Tiempo, o Estado, as comunidades autónomas e os grandes concellos controlaban en 2010 unhas oitocentas empresas públicas -outras fontes falan de 2.800 e ata de 4.000- que movían en conxunto ao redor de 35.000 millóns de euros ao ano. Se agora lle sumamos a banca ‘pública’, o número de sociedades apenas aumentaría pero o volume de negocio dispararíase.

Rebaixar os salarios dos directivos de empresas públicas axuda á pedagoxía do Goberno para promover a devaluación social que conduce á caída xeneralizada dos soldos, pero en si mesma é unha medida de escasa contía, que ademais pode propiciar a marcha dos mellores xestores públicos. No sector privado tamén adoita haber normas pero con excepcións e, sobre todo, con incentivos.

Publicado en AUTORES, José Luís Gómez | Deja un comentario

El equivocado camino de Europa – New York Times

La actuación en  la zona de las euro-economías como Grecia, Portugal, España e Italia no se puede frenar el camino de regreso al crecimiento. Exigir de ellas una  rígida austeridad como precio de la ayuda europea, deriva en la prolongación y profundización de  sus recesiones. Ha hecho que sus deudas sean más comprometidas y  más complejo el pago de las mismas. Esto no es un tema de debate filosófico. Los números son el fiel reflejo.

Tal como en “The New York Times” Landon Thomas Jr., informó esta semana, Portugal ha cumplido con todas las exigencias de la Unión Europea y el Fondo Monetario Internacional. Se han recortado los salarios y las pensiones, se redujo el gasto público y los impuestos recaudados. Estas medidas han profundizado la recesión, lo que hace que disminuya la capacidad de pagar sus deudas .Cuando se recibió un rescate en mayo pasado, la proporción de la deuda de Portugal en relación al producto interno bruto fue de 107 %. Para el próximo año, se espera que aumente a 118%. Esta relación continuará  aumentando mientras la economía siga contrayéndose. Esto es, en si mismo, la definición  de un círculo vicioso.

Mientras tanto, la contracción de la demanda y los temores de un colapso contagioso son un efecto que sigue empujando a más países europeos hacia la zona de peligrosa  de la deuda insostenible.

¿Por qué los líderes de Europa están tan decididos a negar la realidad? La canciller alemana Angela Merkel y el presidente Nicolas Sarkozy de Francia, en particular, parecen incapaces de admitir que están en una senda incorrecta.  Siguen  cautivados por la idea ilógica, pero seductora que cada país puede emular el modelo de Alemania, impulsado por las exportaciones, sin décadas de inversión pública y los tipos de cambio artificialmente bajos, que han sido cruciales para el éxito de Alemania.

La señora Merkel también parece decidida a complacer ante todo los prejuicios de los votantes alemanes que creen que el sufrimiento es la única manera de purgar Grecia y otros países del sur de Europa de sus formas relajadas. No hay duda de que Grecia se ha comportado inexcusablemente, gastando más de lo que podía permitirse, en su ineptitud y dejación en el cobro de impuestos a algunos de sus ciudadanos más ricos y en la manipulación de su contabilidad. Y al mismo tiempo que  nos solidarizamos con las protestas griegas contra la austeridad excesiva, no tenemos paciencia con los políticos que siguen arrastrando sus pies sobre las reformas pro-crecimiento y las privatizaciones. Pero la cura no es ni un castigo colectivo, ni la recesión inducida. Europa debe estar dispuesta a ayudar a Grecia a crecer fuera de sus problemas,  a condición de que los políticos griegos, finalmente se comprometan a las reformas que se demandan desde el mercado.

Bajo la fuerte presión de los inversionistas internacionales, los líderes de la zona euro han ajustado recientemente algunas de sus políticas. El Banco Central Europeo ha inyectado una liquidez muy necesaria en el sistema bancario del continente. Los planes están finalmente en condiciones de agregar dinero a una Infra-financiación crónica en forma de un fondo europeo de rescate de la Unión. Pero hasta que no se abandone la creencia errónea de que la austeridad es la forma de alivio de la deuda, incluso estas  medidas no serán suficientes.

Con un país, Grecia que está acercándose rápidamente al día (probablemente el mes próximo) en que no pueda ya pagar los salarios del gobierno y de los acreedores extranjeros, Europa todavía no ha liberado el dinero requerido del rescate. No está claro si la señora Merkel y el señor Sarkozy y otros están jugando de farol con Atenas o piensan que podrían soportar una Grecia en quiebra y fuera  de la zona euro. Los riesgos son enormes.

Como mínimo, una quiebra griega podría enviar réplicas perjudiciales ondulantes través de las finanzas del gobierno y los bancos de toda Europa. El ideal y la práctica de una Europa unida sufrirían un duro golpe. Esos son los altos precios que  toda Europa tendría que  pagar por aferrarse a una idea fallida.

Editorial publicada el 17-2-2012 en “THE NEW YORK TIMES”

Publicado en Estados Unidos, PRENSA INTERNACIONAL | Deja un comentario

Políticas de curto prazo – Xosé A. Gaciño

Se un partido político non gaña o apoio dos electores, ou perde de maneira máis ou menos contundente os apoios que tiña, é lóxico pensar que as súas propostas non conectan coa visión que a maioría dos electores ten dos seus intereses. A partir desa constatación evidente, as análises enrédanse na múltiple variedade de matices a considerar e, en consecuencia nas posíbeis solucións que eviten futuros fracasos. Por exemplo, se as propostas eran axeitadas pero fallou a maneira de transmitilas, non se «venderon» ben, polo que hai que buscar un novo «vendedor» ou unha nova estratexia publicitaria. Neste caso, trataríase dun problema relativamente menor.

Máis complicado é cando se chega á conclusión de que o que fallan son as propostas mesmas, ben porque non están axustadas á realidade ou porque, ainda sendo realistas e racionais, non se corresponden cos intereses dunha maioría de electores. Se non se axustan á realidade, evidentemente, hai que cambialas (ou marchar para casa, que moitas veces é o máis proveitoso para todos). Pero se os propoñentes están convencidos de que as súas propostas son as máis axustadas á realidade e ao interés xeral (que nunca será realmente xeral, claro, senón dunha maioría suficiente dos cidadáns), ábrese o dilema de cambialas, para acomodalas máis aos «gustos» conxunturais do votante-cliente, ou de insistir nelas ata convencer ao votante-cidadán da racionalidade do proxecto ou ata que a evolución das circunstancias remate por dar a razón aos propoñentes.

O xogo de matices depende tamén da concepción do «negocio» político: se se considera ao votante como cliente ao que colocar unha mercancía ou se lle considera como cidadán ao que convencer dunha determinada maneira de organizar e resolver os asuntos públicos. No primeiro caso, a flexibilidade ideolóxica dun partido, e non digamos dun político individual, pode estirarse todo o que se queira, polo menos en campaña electoral, que xa no goberno haberá argumentos circunstanciais suficientes para xustificar calquera cambio de rumbo, por afastado que pareza dos programas iniciais (e nestes días estamos a ter exemplos dabondo sobre medidas de goberno que contradin rotundamente moitos dos principios declarados en campaña ou na oposición, como tamén os houbo no goberno anterior).

En canto ao segundo caso, o de considerar ao votante como cidadán consciente, se realmente se está convencido da xusteza das propostas propias, é cuestión de afrontar unha estratexia de desenvolvemento pedagóxico crítico para intentar que cheguen e callen na opinión pública, mesmo renunciando a beneficios electorais inmediatos. Neste sentido, ningún momento mellor que a actual crise para abrir un debate serio e profundo sobre a verdadeira crise de fondo coa que se pode atopar a humanidade a longo prazo (e pode que a medio, se continúa a aceleración da precariedade), cando a dinámica do crecemento irracional e desbaldidor, xunto cunha demografía descontrolada, entre en colisión coa limitación de recursos nun planeta deteriorado pola contaminación ambiental.

De momento, predomina o curto prazo e con efectos retroactivos. Predominan, tanto nos partidos que gañan como nalgúns dos que perden, os que pensan que a saída da crise consiste en volver ao punto de partida anterior á crise, á mesma situación que a provocou. É dicir, instalarse na crise permanente.

Publicado en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño | Deja un comentario

Algo estase rompendo – Antonio Campos Romay

A Transición, idealizada co paso do tempo ata extremos idílicos, habilitou unhas forzas políticas que substituísen o réxime autocrático ao efecto de construír a democracia. A dinámica do proceso terminou por facelas vítimas, especialmente ás de esquerda, dunhas ansias de legalidade ante as que sacrificaron cotas de lexitimade. A primeira consecuencias foi arbitrar concesións de diverso calado en orde a facer confortable a supervivencia para determinantes actores do réxime totalitario e ata pegadas do mesmo. A iso contribuíu tanto unha feble conciencia política derivada da obrigada improvisación, como uns liderados máis domeñados pola urxencia que pola democratización en profundidade.

A “dimisión”, (borboneo e golpe de estado encuberto), de D. Adolfo Suárez, quen pese ás súas orixes comprometeuse moi en serio coa democracia, auspiciou o deseño dun sistema que primou os aparellos partidarios e o monopolio das súas cúpulas sobre estes en detrimento da súa función constitucional coartando non só a súa dinámica senón a mesma a vitalidade da vida parlamentaria. Propiciouse un bipartidismo con plena expresión na década dos 80 do pasado século. Unha reedición do I Restauración coa súa mecánica de quendas, aínda que con máis pulcritude nas formas. E como na anterior baixo o interesado padroado da monarquía. Monarquía, que nesta ocasión cóase de forma subrepticia na Constitución ao abeiro dunhas urnas consultadas baixo bóveda de aceiro… Lampedusa faise presente…»Se vogliamo che tutto rimanga come è, bisogna che tutto cambi». Os sectores económicos máis sagaces, parte substancial do clero e ata as sensibilidades conservadoras máis ou menos atemperadas e en menor medida os militares soseganse ante un proceso presidido por un rei elixido polo “Gran Atador”.

O 23 F, suceso recorrente cuxa utilidade foi explotada ata cotas inverosímiles polos haxiógrafos de cámara, volve reclamar o interese público, trala desclasificación de certos documentos polo Ministerio de Exteriores alemán. Os veos mediáticos que tutelan a coroa tamén o fixeron eficazmente neste caso. O que non evita que vaian transcendendo informacións que mostran un Xefe de Estado presuntamente con simpatías pouco disimuladas cara aos golpistas e as súas razóns, o que noutro país con máis pedigree democrático seguramente obrigarían ao titular da xefatura do estado a dar explicacións exhaustivas ou suscitarse moi seriamente a abdicación.

Si nun proceso contra unha trama de corrupción vencellada a un partido político, quizais a máis importante habida en democracia, que casualmente afecta ao que nos goberna, a primeira vítima é quen instrúe a causa, como mínimo esperta gran perplexidade. Si a suma dos seus acusadores é a representación legal do imputado de xeito conxunto con “Mans Limpas” e “Falanxe”, co impagable asesoramento dalgún xuíz en exercicio, o choio raia no absurdo. A xustiza funciona en gran medida en base a precedentes. Os que traspasan a lei e os que lles asesoran tamén. O caso Naseiro e a súa impunidade son un faro que lles ilumina o camiño.

A cidadanía en xeral é lega nos recunchos da lei. Os maxistrados do máximo tribunal fixeron todo o posible para que quedase claro. Tamén é de agradecer a sinceridade de persoa tan cualificada como a Sra. Portavoz do CGPJ, que admite sen rubor que “non todos os imputados son iguais”…ou sexa que a xustiza é distinta segundo o caso.

Pero cando o sentido común cidadán distánciase tanto dos chamados a impartir as normas que a todos suponse ampárannos e tratan de modo simétrico, algo vai mal. É habitual dicir sobre unha sentenza emitida que respectase. O máis correcto seria dicir que se acata por imperativo legal. Porque, o respecto é algo que se gaña, o que a día de hoxe tras numerosos e sonoros fallos parece espiñento obtelo.

Si ponse en cuestión a credibilidade da Xustiza, algo se esta rompendo. Si ponse en dúbida a integridade da “Familia” que a forma de estado imponnos na xefatura do mesmo, algo se esta rompendo. Si dase por inevitable o dilapidación sistemática do erario público, algo se esta rompendo. Si o Presidente de goberno en apenas 40 días de mandato fai xusto o contrario da que prometeu fai dous meses, algo se esta rompendo…Si prodúcese a voadura metódica do estado de benestar e si cada día que pasa somos máis pobre e desiguais… Algo transcendental esta rompéndose no acordo social no que conviviamos.<

Só a cegueira suicida dos que insisten na fractura da cohesión social, dinamitando o mundo do traballo e laminando as clases medias que son o nutriente desa cohesión, pode ignorar que a cada volta de porca achéganos máis ao precipicio.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario