DESTRUÍR PALESTINA: UNHA PRETENSIÓN IMPOSÍBEL

Os episodios rexistrados en Gaza e Cisxordania durante os últimas días revelan que a carencia dunha solución estábel e satisfactoria para Palestina é a causa última do mantemento da guerra aberta, dende hai décadas, naqueles territorios.

Hai algúns aspectos importantes que se veñen repetindo no tempo: o incumprimento por parte do Estado de Israel das resolucións mais relevantes aprobadas pola ONU (coa súa inevitábel consecuencia: a incapacidade desta institución para achegar efectivamente unha solución xusta a este vello conflito); o apoio incondicional dos gobernantes dos USA (sexan demócratas ou republicanos) ás políticas dos dirixentes israelís e, singularmente, ás accións militares que conculcan gravemente as normas do dereito internacional humanitario; a carencia dunha política firme e continuada da UE en favor dunha paz que implique o recoñecemento da existencia dun Estado Palestino digno de tal nome.

Porén, existen outros factores que resultan novidosos a respecto dos parámetros explicativos tradicionais neste conflito. Un deles radica nos cambios operados na situación dos Estados árabes e na súa actitude cara ás reivindicacións palestinas. Por diversas razóns (algunhas derivadas das intervencións de potencias exteriores, outras asociadas ás revoltas da chamada «primavera árabe») certos países viron alteradas substancialmente as súas estruturas sociais e políticas (Iraq, Siria, Libia) e outros (Exipto, Turquía) coñeceron procesos de involución autoritaria. O novo panorama creado na zona debilitou a atención prestada ás demandas de Palestina. Non é que antes a actitude dos gobernantes árabes fora especialmente solidaria nesta materia (a salvaxe represión practicada no seu día polo rei Hussein de Xordania ou a reiterada pretensión para converter á OLP nun apéndice dos poderes estatais constituídos, foron outros tantos exemplos desas políticas inaceptábeis acometidas durante moitos anos) pero, dende hai poucos anos, a situación é certamente mais preocupante. A este fenómeno hai que engadir outro non menos importante: a fractura rexistrada na resistencia organizada palestina co nacemento de Hamas (unha circunstancia que inicialmente contou co apoio do actual xefe de goberno de Israel para propiciar o debilitamento da OLP) e a súa posterior hexemonía no territorio de Gaza. Durante moitas décadas, a OLP foi a única representación de Palestina lexitimada na area internacional. Agora, a situación é diferente: hai maior diverxencia entre os grupos palestinos e, xa que logo, menor capacidade para influír nos países árabes e nalgunhas institucións internacionais. Esta división interna ten provocado, nalgunhas ocasións, unha maior complicación na resposta solidaria promovida polos distintos segmentos da esquerda europea, por canto esixe practicar unha distinción argumental entre o apoio á resistencia fronte ás políticas sionistas dos gobernos de Tel Aviv e a distancia crítica con algúns dos criterios utilizados polas organizacións islamistas á hora de organizar a vida pública da poboación palestina no territorio de Gaza.

Sabiamos, dende hai tempo, que nas relacións internacionais non rexen os valores que habitualmente predican os dirixentes dos Estados, nomeadamente daqueles que posúen un maior poder decisorio. Eramos conscientes de que funciona a dupla moral e que se utilizan, sen vergonza, dúas varas de medir a respecto dos conflitos existentes. Pero o que está a suceder neste momento supera o que tiñamos coñecido. Os casos de Ucraína/Rusia e Palestina/Israel mostran contundentemente a distancia entre a retórica e a realidade a respecto dos principios que se invocan nos tratados internacionais e nas resolucións da ONU: o que no territorio ucraíno é considerado unha violación do dereito internacional e unha demostración da comisión de crimes contra a humanidade, transformase -en Gaza e Cisxordania- nunha aplicación adecuada do exercicio do dereito á lexítima defensa.

A principal esperanza para deter a masacre que está perpetrando o Exército de Israel nos territorios palestinos radica na capacidade de presión dos sectores das sociedades occidentais que se están mobilizando contra a aniquilación programada dos habitantes de Gaza (ademais das masivas manifestacións que se suceden en distintos países árabes). As complicidades exhibidas polos gobernos dos EE.UU., Gran Bretaña, Alemaña ou Franza coas políticas criminais promovidas por Netanyahu e a incapacidade demostrada pola ONU (derivada da estrutura organizativa establecida despois da II Guerra Mundial, que lle outorga o dereito de veto á Administración norteamericana) e polo Tribunal Penal Internacional (que aínda non foi quen de aprobar a imputación do primeiro ministro de Israel por crimes de guerra) constitúen un triste exemplo da situación na que se atopa unha boa parte da comunidade internacional á hora de asegurar a defensa dos dereitos humanos no planeta.

Mentres, deberemos seguir aturando as imaxes insoportábeis de milleiros de palestinos morrendo baixo as bombas, vítimas dun intento de aniquilación que lembra ao que practicou, no século pasado, o réxime nazi contra os xudeus europeos.

Xesús Veiga

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en DESTRUÍR PALESTINA: UNHA PRETENSIÓN IMPOSÍBEL

EL DESAMOR EN TIEMPOS DE CÓLERA

Antonio Campos Romay*

Un mundo hostil, colérico, en proceso acelerado de un cambio donde lo que se avizora es un progresivo menoscabo de derechos acompañado de una  brecha insalvable que separa económica, intelectual y socialmente a los seres que lo habitan. De forma dramática se ahonda creando espacios divergentes. En uno crece la desesperanza y la baja estima, (una gran mayoría). En el otro, prosperan elites endogámicas, con puestos estratégicos en la sociedad, la economía, la justicia, la comunicación o la política convertida en ariete de sus intereses. Encastillados en su soberbia, su peculio y capitalismo montaraz, se divorcian de cualquier conciencia social. 

Tomás Moro a mediados del siglo XVI acuñó la utopía, como convicción moral de la posibilidad de crear una sociedad mas justa capaz de erradicar sus peores lacras.  Seis siglos más tarde el riesgo es deslizarse por su antonimia, la distopía, alejando la posibilidad de una sociedad ideal. La distopía  es la dehumanización, el autoritarismo, el declive de la sociedad con la inestimable ayuda de guerras, crisis ecológicas o reiteración de desastres humanos. Algo que es posible escrutar en muchas de las paginas  del primer tercio del siglo XXI.  

El acento literario con inquietante augurio lo pusieron en sus novelas , Orwel (1984) , Huxley (Un mundo feliz) o Bradbur (Farenhait 451).  Naciendo como ficción, semejan  profecía sorprendente. 

Nos dice Albert Camus en su novela “La peste”,  “Pensaba que un mundo sin amor es un mundo muerto, y que llega un momento en que se cansa uno de la prisión, del trabajo y del valor, y no exige más que el rostro de un ser y el hechizo de la ternura en el corazón”. Invoca Camus “el hechizo de la ternura”  como asidero desesperado de los seres que pululan una sociedad victima del desamor. Donde frente al amor se instala el odio de la mano del egoísmo, los fundamentalismos, la mezquindad,  y los suprarrealismos.

La sociedad amenaza convertirse en un páramo, agostadas las flores que la ornan. Amor, bondad, compasión, solidaridad, justicia social… Se propicia la indiferencia o el odio mas cruel hacia vecinos que dejan de serlos por rayas trazadas con sangre que llaman fronteras, el producto mas elaborado del nacionalismo. El expolio, el atropello salvaje de los seres humanos, el genocidio, la corrupción endémica, el cortejo siniestro de hambre, miseria y muerte, resbalan sobre corazones acorchados, como gotas de agua sobre el vidrio.

Una sociedad que construye su nueva secuencia alojada en la espiral del individualismo mas feroz, en la que vencedor es  termino de distinción aunque en ello no acumule siempre  la  mayor calidad o conocimiento. Que auspicia un individualismo selectivo, insolidario, egocéntrico, opacando el humanismo y el valor de lo colectivo. Se desmonta una pieza clave de la convivencia, la solidaridad. Se trastoca la concepción basada en seres humanos iguales y libres que tienen como eje al hombre y la mujer en un proyecto transversal, por un ordenamiento vertical de cúpulas poderosas sobre tristes figurantes esclavizados al servicio de sus utilidades. 

El desamor de los seres humanos brilla cruel cuando titubea en llamar genocidio y crímenes de guerra a lo que sucede en Ucrania. A la matanza indiscriminada en Gazza, donde se cumplen las más salvajes fantasías criminales de los nazis. En toda África, que se desangra debidamente surtida de armas por las “potencias democráticas y civilizadas”. Guerras olvidadas, donde la codicia foránea de sus recursos naturales justifica el holocausto de un continente. En cualquier lugar.

El desamor de los humanos afecta las voluntades individuales y la rectitud de su sentido. Es desolador percibir el abotargamiento y el frágil dolor emocional ante tanta infamia diluida por la sensación de ajena y lejana. Aferrados a ello pareciera hacernos fuertes, cuando realmente, no es sino el éxito de quienes manipulan las conciencias creando seres despreciables.

Lleva mucho tiempo comprender que solo la solidaridad, la generosidad social y los valores  cívicos enfrentados a los seres logreros, la practica del amor entre seres humanos mas allá de razas, áreas geográficas, religiones o ideologías, merecen  dedicación pedagógica. esfuerzo y tiempo. Que es el gran reto de la Humanidad. Especialmente cuando la contrapartida es un mundo distópico, inhóspito y cruel. Carente de componentes relacionados con el amor y el humanismo. Que relega al ser humano a autómatas que vagan vacíos por el Callejón de las Almas  Perdidas.

*Antonio Campos Romay ha sido diputado en el Parlamento de Galicia.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en EL DESAMOR EN TIEMPOS DE CÓLERA

A LONGA PRECAMPAÑA GALEGA

O debate sobre o estado da nación celebrado recentemente no Parlamento galego foi un dos primeiros actos relevantes da longa precampaña que nos levará á cita electoral da vindeira primavera. Concorrían, neste acto, tres circunstancias singulares: era o primeiro test para analizar o papel de Alfonso Rueda na súa condición de sucesor de Feijoo na presidencia da Xunta; foi unha ocasión para reiterar a evidencia de que PSdG estivo representado por un voceiro que non será o candidato referencial nos comicios do ano que vén e confirmouse que unha das principais fortalezas do actual BNG radica na consistencia do liderado de Ana Pontón.

O Parlamento galego debería ser o centro de gravidade da vida política galega. Poren, o primeiro que non semella acreditar nesta premisa é o actual presidente da Xunta. Alfonso Rueda tiña a mellor oportunidade para demostrar que non é só o sucesor administrativo de Feijoo e que posúe unhas cualidades adecuadas para enfrontar os retos que se lle presentan ao goberno galego no inmediato futuro. A mellor proba de que non confiaba nas virtualidades dun dos mais relevantes debates que teñen lugar no calendario parlamentar foi a propia campaña publicitaria organizada, previamente, para combater a falta de coñecemento que padece entre unha parte da poboación galega: anunciar a posta en circulación dun autobús para convidar a «unhas cañas» aos transeúntes e acudir a un dos programas de más audiencia da TVG.

Rueda certificou que carece da capacidade requirida para ilusionar ao corpo electoral. Despois de 14 anos acompañando a Feijoo nas cadeiras gobernamentais, só agarda que a inercia do pasado, a fortaleza do seu partido e os eventuais erros dos rivais viabilicen a súa continuidade en San Caetano. Dous detalles acontecidos no debate permitiron constatar a evidencia deses déficits de liderado e de propostas novidosas: as reiteradas alusións críticas á experiencia do bipartito PSdG/BNG (2005-2009) e a retórica agresiva exhibida polo novo voceiro do PP fronte ás forzas da oposición (e, singularmente, contra Ana Pontón). Que teñan que recorrer á lembranza do labor da equipa encabezada por Touriño e Quintana revela que aínda non esqueceron o peor momento que viviron nas dúas últimas décadas e que non manexan ofertas atractivas para os sectores menos conservadores do corpo electoral. Polo demais, a belixerancia amosada polo substituto de Pedro Puy indica a notábel mediocridade que caracteriza, neste momento, aos cadros dirixentes do PPdG.

BNG e Partido Socialista atópanse, seguramente, ante a mellor ocasión dos últimos anos para conseguir unha mudanza na dirección do autogoberno galego. É verdade que as eleccións do pasado 23 de Xullo non proporcionaron rexistros satisfactorios para ambas formacións. Tres meses despois daquela data, non hai constancia pública de análises ou reflexións autocríticas socializadas entre os respectivos universos partidarios. Na actual conxuntura política (posibilidade dunha nova repetición dos comicios xerais o 14 de Xaneiro, proximidade da cita para elixir a Cámara lexislativa galega) resulta comprensíbel actuar con prudencia na comunicación pública para non dar vantaxes adicionais ao PP. En todo caso, será necesario que nacionalistas e socialistas teñan ben identificadas as cuestións que deben ser melloradas para acudir coas maiores garantías de éxito á vindeira e decisiva confrontación electoral.

A retirada de Gonzalo Caballero das primarias do PSdG eliminou unha das principais incógnitas que ficaba por despexar nesta carreira cara as urnas. Gómez Besteiro deberá enfrontar un reto certamente complicado: mellorar significativamente as cifras acadadas no ano 2020 mediante a captación de votantes no universo do PP e nos segmentos tendencialmente abstencionistas do electorado progresista. Aínda que é menos coñecido do que cabería agardar para un candidato que aspira a semellantes obxectivos ten ao seu favor a propia circunstancia da novidade da súa candidatura no ámbito galego.

Ana Pontón parte coa posición relativa mais favorábel na disputa por encabezar a alternativa. O seu nivel de coñecemento público é notábel e a consolidación no liderado da oposición durante a última lexislatura tampouco admite dúbidas. No seu caso, o reto tampouco é menor: manter -ou ampliar- o nivel de apoio electoral acadado en Xullo de 2020, tratando de que a competencia principal se focalice en Alfonso Rueda. Elevar o teito actual (19 escanos) esixirá a combinación de varias premisas: prioridades programáticas ben estruturadas e críbeis, equipas humanas acreditadas na xestión dos recursos públicos e capacidade para integrar un abano maior de sensibilidades das que hoxe se identifican cos vectores clásicos do ideario da organización nacionalista.

Entre as poucas certezas que podemos sinalar no comezo desta longa precampaña, destaca unha: na segunda metade do ano que ven haberá unha enésima repetición do goberno do PP ou existirá un Executivo de coalición. Convén non facer mais exercicios de ilusionismo dos estritamente necesarios: non é realista pensar que BNG ou PSdG teñan, en solitario, o apoio parlamentario suficiente para dirixir o autogoberno galego coa estabilidade que esixe unha tarefa desa envergadura. Xa que logo, será imprescindíbel -dende o primeiro minuto- facer unha pedagoxía adecuada para axustar ben as expectativas e non propiciar futuras frustracións que provoquen indesexadas penalizacións electorais.

Xesús Veiga

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en A LONGA PRECAMPAÑA GALEGA

PALESTINA, SIEMPRE PALESTINA.

Rechazo rotundo del terror de Hamás como de todos los terrores, sean estos amparados por dioses iracundos y vengativos, o por la racionalidad de cualquier estado, mas allá de la razonable y proporcional aplicación del derecho.

No es la primera vez que Hamás, proporciona a los halcones judíos la coartada perfecta para el ejercicio impune de operaciones bélicas que sobrepasan cualquier límite impuesto por el derecho humanitario.

“Malditas las guerras y malditos los que las provocan y las alimentan” deberíamos clamar sin descanso, pero ni por mucho que con desespero nos desgañitemos, cejarán en su empeño los que desde la oscuridad manejan esos hilos invisibles (o no) que desatan la tempestad y la violencia mas extrema.

Hamás, desde la inspiración del integrismo no se si religioso, desde la financiación alimentada por intereses supranacionales, desde una visión manifiestamente criminal, repite el mismo argumentario del que nunca abdicó. Pero esta vez, su terror instrumental, va a ser oportunamente aprovechado para justificar una desmedida y terrorífica reacción del ejército israelí, que interesadamente confundirá a Hamás con los ciudadanos palestinos.

¿Está pensando B. Netanyahu en una “solución final” para resolver el problema palestino, como en su dia lo soñara Ariel Sharon? ¿Puede el “despiste” del MOSAD, uno de los servicios secretos mas potentes y eficaces del mundo, ser la coartada perfecta para impulsar la barbarie de la destrucción y masacre de la ciudadanía de la franja de Gaza?

¿Hasta donde llegará el cinismo de la comunidad internacional, dispuesta a transigir con el flagrante incumplimiento por Israel de las Resoluciones de la ONU?

La tentación de que Israel sea el gendarme de occidente en el oriente próximo y por ello sobreprotegerlo en un entorno manifiestamente hostil, podría llevar a una escalada de la internacionalización del conflicto, con consecuencias imprevisibles, pero previsiblemente desastrosas.

Un B. Netanyahu acosado por una sociedad que rechaza su intento de asalto a la independencia judicial,  para tapar sus vergüenzas, encuentra en la desmesura de Hamás el aliado perfecto para declarar un estado de guerra, cuya primera consecuencia inmediata, es la suspensión del estado de derecho y la mutación de las fuerzas políticas de oposición, en aliados patrióticos para una tarea que amenaza con  ser una aventura criminal contra la humanidad, sin proporción, sin medida y un grado de crueldad de proporciones incalculables.

¡Que pena que la ONU soñada después de las tragedias de las primeras décadas del Siglo XX, haya devenido en una organización inútil! ¡Que lástima que el derecho de veto, de los poderosos del Consejo de Seguridad, sirva para tapar las vergüenzas de un Israel soberbio y desmadrado! Cuesta creer que una ciudadanía la israelí, mitificada por su sufrimiento a manos de los nazis y de otros, apoye masivamente el bloqueo, el confinamiento y la masacre de la ciudadanía palestina.

La acción de Hamás es execrable y merece la mas rotunda de las condenas; pero mas de 300000 soldados armados hasta los dientes y dotados de los artefactos bélicos mas mortíferos y destructores, se antojan tan excesivos y exagerados para ocupar los 350 quilómetros cuadrados de Gaza, como lo es un bloqueo generalizado a la población palestina, la condena al hambre, la miseria y la desesperación de mas de dos millones de seres humanos encerrados en la ratonera.

Tal vez una vez mas, la comunidad internacional, dejará hacer a las autoridades judías inspiradas en las visiones mas extremas del nacionalismo sionista, pero no es difícil adivinar que esto será a su vez alimento circular de los extremismos propios y ajenos, fuesen estos del islamismo radical, del panarabismo o del sentimiento antioccidental.

¿Alguien mas allá del impotente Guterres, será capaz siquiera de afrontar la responsabilidad de tratar de detener esta espiral de locura?

La historia de aquellos lugares desde 1948, no alimenta el optimismo.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en PALESTINA, SIEMPRE PALESTINA.

FEIJOO CONSEGUE UNHA PRORROGA

As recentes sesións celebradas no Congreso confirmaron algunhas hipóteses formuladas previamente e clarexaron certas incógnitas suscitadas a partir dos resultados da cita electoral do pasado 23 de Xullo.

Hai uns días, afirmabamos, nesta mesma páxina, que Núñez Feijoo quería protagonizar unha investidura imposíbel porque necesitaba solemnizar, nunha cerimonia tan simbólica coma esa, o liderado da súa formación política. Hipoteticamente, podería ter repetido a táctica asumida por Mariano Rajoy despois dos comicios xerais de Decembro de 2015. Aritmeticamente, estaba na mesma situación que hai sete anos. Pero, politicamente falando, non tiña asegurado o nivel de consenso interno que posuía Rajoy. Podemos imaxinarnos as treboadas que se rexistrarían na «prensa amiga» ante unha eventual negativa a dar a batalla parlamentaria requirida para aspirar á conquista da Moncloa. Dende que está no seu novo despacho da sede da rúa Génova, Alberto Núñez ten comprobado empiricamente unha das diferenzas substanciais co seu longo mandato no PPdG: mentres aquí, a grande maioría do sistema mediático -público e privado- trasladaba disciplinadamente as mensaxes e as estratexias deseñadas en San Caetano (sen que, polo demais, existiran voces discrepantes no seo do aparato partidario, agás a disonancia pactada coa familia Baltar), en Madrid as fidelidades mediáticas están, polo momento, usufrutuadas por unha Díaz Ayuso que dispón de fontes financeiras públicas que non acompañan a un dirixente que só ten asegurado o seu rol de xefe da oposición a un eventual novo goberno presidido por Pedro Sánchez.

Se Feijoo practicase a letra e o espírito constitucional que di defender, tería construído un discurso diferente do que recitou dende a tribuna do Congreso. Para tratar de acadar a investidura presidencial debería relatar os contidos do seu proxecto alternativo (no ámbito económico, na estrutura territorial, na prestación dos servizos públicos, no funcionamento democrático de todas institucións, na política exterior…) no canto de utilizar o formato propio dunha moción de censura para descualificar, por enésima vez, as maldades diabólicas do «sanchismo». Coa súa actuación parlamentaria, Alberto Núñez certificou a carencia dunha proposta programática suficientemente estruturada e concretada. En realidade, a súa chegada ao cumio dirixente do PP non foi o resultado dun debate ideolóxico serio acometido no marco dun proceso congresual. Foi, sobre todo, o relevo elixido polos dirixentes que conspiraron para finiquitar o mandato de Pablo Casado. A partir dese momento, ficou aprazada calquera cita que permitira clarexar as liñas estratéxicas do partido creado, no seu día, por Manuel Fraga. No actual contexto estatal e europeo, semellante indefinición resulta aínda mais preocupante: que quere ser o PP nos vindeiros anos? Unha forza política ubicada nas coordenadas da dereita tradicional ou unha formación que aceita compartir gobernos con Vox, asumindo e/ou lexitimando unha boa parte das súas propostas involucionistas? As sesións para a investidura fracasada de Feijoo serviron para respostar a estas interrogantes: hoxe por hoxe, o ex-presidente da Xunta aposta por non establecer un contundente perfil propio a respecto de Abascal, agardando a que o paso do tempo (catro anos naquelas CC.AA. e concellos nos que gobernan xuntos) e o posíbel desgaste das forzas adversarias lle permitan incrementar significativamente o volume do seu actual electorado.

A obsesión por anatemizar calquera fórmula xurídica que posibilite a eliminación das consecuencias penais da crise catalá de 2017 non conseguiu agachar a evidencia de que non está revestido desa condición de estadista que pregoan os seus palmeiros. A realidade é ben distinta: o PP non é quen de ofrecer propostas que acrediten a vontade de facer viábel o encaixe de Cataluña no conxunto estatal. A impotencia exhibida por A. Núñez neste asunto foi indiscutíbel: a renuncia a manter a entrevista anunciada con dirixentes de Junts alegando unhas declaracións de Puigdemont (polo

demais,perfectamente previsíbeis) delimitou o alcance da hipoteca que asume o recentemente investido líder da oposición.

O proceso para unha eventual investidura de Pedro Sánchez vai ter lugar nun escenario de máxima belixerancia por parte da dereita política, mediática e xudicial. Ademais das explícitas ameazas verquidas por Abascal dende a tribuna parlamentaria, pódese citar o exemplo do insólito comunicado preventivo dirixido pola Asociación conservadora de fiscais aos organismos da UE ante a posíbel aprobación dunha lei de amnistía e tamén cabe aludir aos editoriais -entre eles, o do xornal de maior difusión no territorio galego- que esixen unha repetición electoral para lexitimar os pactos que puideran existir coas formacións nacionalistas.

Gañou algo Feijoo co debate sobre a súa investidura? Principalmente, unha cousa: tempo para tratar de consolidar o liderado no seo do PP. No ano 2024 terán lugar, con total seguridade, tres citas coas urnas (no Pais Vasco, na Galiza e para o Parlamento europeo) e tamén puidera existir unha convocatoria á Cámara lexislativa de Cataluña. O resultado dese ciclo electoral -singularmente, o referido ao Parlamento do Hórreo- será determinante para o futuro do político dos Peares.

Mentres chega ese momento, Aitor Esteban recoñeceu expresamente que non tiñan un bo coñecemento previo do talante político do candidato e que saían do debate mais distanciados do que entraran. Velaquí unha das eivas relevantes que presenta a folla de ruta do dirixente do PP: nin ten propostas minimamente atractivas para Euskadi e Cataluña nin dispón de interlocutores con quen dialogar e ne

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en FEIJOO CONSEGUE UNHA PRORROGA