Noite de Paz – Evarísto Díaz Castro

Ter que facer unha redacción de unhas  duascentas cincuenta palabras ou casi é respostar as conciencias mais  alumeadas do Planeta que ó millor invento, o que xamais nada nin naide conqueriú é algo que un meniño cativo, probe e monosílabo,  nos recorda en cada  Nadal : Paz -, na Terra (a os homes e mulleres de boa vontade)…

Hay entre nos quen  acorda os “25 anos de Paz” do Caudillo…<

¡Claro que a paz e algo moi discutido, polo que vexo…! O xuiz Garzón está a ser xulgado por tentar entender  da “paz dos cementerios e das fosas comuns…”. ¿O millor é que os mortos e as suas familias non teñen dereito?…¿Por iso xulgan ao Xuiz ?

A cotío se pon de manifesto que o dictador sempre é un “queridisimo cidadan”. Por exemplo, en Corea do Norte. Agora descansa, en paz, en furna de cristal transparente como o seu réxime e en paz descansan, -os mortos nin van ni fan as guerras-, os inocentes ou os mandados inxustamente a se inmolar por intereses que non eran de eles…

Falábamos fai pouco, das crisis…A crise permanente é a ameaza que tamén teimudamente temos enriba de nós. Os escudos antimisís -agora España…- voltan a seren activados, nos protexen non sabemos moi ben de qué. Ou de quen. Persoalmente gostaría mais de unha ducia de galiñas que me deran ovos, de comer…pero, en fin, un so é un inope que non entende de, nin atende a, tecnoloxias militares- das que so morren civis- xeralmente, e por exemplo na marabillosa “democratización” do Irak, ou da Libia, ou do Exipto, ou da Siria, etc…

Cando ollamos o xornal e decatámonos que, dende a  nosa infancia non houbo un día, un só dia si cadra,  en Paz, chegamos a conclusión que a Humanidade está por facer e a Cultura ainda está por vir.

Endexamais acordo un día sin comportamentos violentos entre os pobos da Terra.

Mergullandonos na profundidade do siglo XX:  A ese marabilloso século da tecnología de vangarda –cirurxia cardíaca, astronáutica, informática de consumo, telefonía,  inxenería xenética, ¡lavalouzas!, etc,  temos que apuntarlle tamen a dubidosa honra de ser a centuria mais arrepiante da humanidade. Somente xuntando a Primeira e A II Guerra Mundial e a postguerra, 25 millons de persoas mortas. Si nesa fogueira bélica botamos as mortes feitas na  revolución bolchevique ou maoista, as guerras de liberación africanas dos años 50 a 70, (Marrocos, Arxelia, Biafra, Angola, Congo, Uganda, Nixeria, Mozambique e Sierra Leona, por exemplo) , as guerras civiles  de España, Balcanes e Turquía , as Guerras  de Corea, Vietnam e do Golfo, sin sumaren as de Cuba,  Malvinas, Granada, Guatemala, Nicaragua e o resto de nacions con conflictividade etnica (Sudáfrica, Camboia, Pakistán, India, Chechenia…Iran) ou fronteiriza (Israel, Siria, Libia, China,  etc,) a mortífera conta  non baixa de trescentos millons de persoas mortas. Sen esquecer, por suposta de alguns, a inesquencible atrocidade nazi contra os xudeos -6 millons!, do Holocausto, cumio por desgracia non irrepetible, en vergoñenta expresión da irracionalidade human cando se deixa tentar polos demos do exclusivismo e narcisismo sociopolítico…

Será verdade, logo aquello de que “si vis pacem para bellum”.¿Por eso Rusia acaba de activar medidas antiescudo, e ante o novo Teniente Xeral Queridisimo Fillo de North Korea, os exércitos “locais” se poñen en alerta militar?

¿Por eso mismo, cando o inmundo Goebbels, ministro da Propaganda do III Reich escoitaba a palabra  “Cultura” botaba man da pistola?¿Non foi don Alberto o que dicia que “si os homes fan a terceira guerra mundial a cuarta a farán con pedras?

Certamente é un xeito inorante, férido e escuro de chamarlle  progreso ao “progreso”.¡ Falemos da PAZ, non do descanso eterno…!

O millor invento, o da paz, esta por vir e a cotian botamos e voltamos as mans  cara o ceo, ese ceo que non vai chegar e que , hoxe por hoxe está cheo de máquinas vixiantes porque somos humans e “non vaia ser que…” nos caia algo, de súpeto na cabeza e nos pete e dé a gana de vivir… en paz.

Namentras, sin cuco,  o sinistro Reloxio do Xuizo Final dá as seis para a meianoite eterna ca científica firma do ¿Clube Atómico? Tic, Tac… Por certo ¿cando entregan as armas  os da ETA? En canto as palabras, suprima vostede os refugallos…, ¡e por que hoxe é,  noite boa, reciba unha forte aperta, querido Irman!

A Coruña, 24 de Nadal  do Dous Mil Once.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Evaristo Díaz Castro. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s