O PSOE vai pouco a pouco – José Luís Gómez

José Luis Gómez

Non o di a prensa de dereitas, senón a progresista: segundo El País, o PSOE atravesa non só unha das súas máis graves crises, senón ata ve perigar a súa propia existencia como organización capaz de vertebrar de forma crible a alternativa progresista en España. Ten a súa importancia esta interpretación xornalística, máxime cando o control que exercen os poderes políticos e económicos sobre os grandes grupos que concentran a maioría dos medios é cada vez máis sofisticado, ata en países onde hai prensa de tendencias que polo menos se libra da presión dalgunhas contornas de influencia, á conquista dun espazo propio de liberdade.

O PSOE atópase ante unha situación tan delicada que non caben experimentos con gasosa, senón solucións contrastadas. Hainas realmente? De entrada, parece que volve o discurso socialdemócrata e que España recupera o primeiro plano, de maneira que Rubalcaba é o abanderado da idea dun “partido nacional que vertebre España” e diga o mesmo “en todas partes”, mentres Chacón asume o criterio de defender “o mesmo en toda España”, apenas cun matiz catalanista: “en cada sitio co seu acento propio”. Ambos se esquecen de que coa bandeira socialista e coa idea da España plural triunfaron en Cataluña, en Galicia e en España; outra cousa é que xestionasen mal as súas propias ideas en todas partes e perdesen o goberno en Cataluña, en Galicia e en España. Pero no canto de cambiar o seu xeito de xestionar España, parecen optar por cambiar a súa idea de fondo.

Con todo, quizá a principal novidade do PSOE estriba en que haberá primarias á francesa, abertas tamén aos simpatizantes, para designar ao candidato socialista a presidente do Goberno, que xa que logo pode non ser o secretario xeral. Moitos retos por diante e moi pouco tempo para facer tantos deberes nun partido que precisa ideas e líder para un país sociolóxicamente de centroesquerda que se quedou sen un proxecto político á súa altura.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s