Asusta o Federalismo? – José Luís Gómez

José Juan González Encinar, un cualificado analista do federalismo xa falecido, tívoo sempre claro: a Constitución de 1978 puxo as vimbias e o cesto da organización territorial de Estado foise facendo despois, de forma gradual, coa aprobación dos distintos estatutos de autonomía. Pero unha vez estes aprobados, a forma de organización territorial do Estado español resultou ser substancialmente idéntica á de calquera outro Estado federal. Con todo, algo falla cando neste país o Goberno exponse como verificar a tempo o cumprimento do compromiso de déficit autonómico –sinal de que non o ten claro– ou cando a Oposición fai esforzos para construír unha soa voz en clave española, camiño do seu congreso federal.

Un partido nacional, como dixo Rubalcaba, que vertebre España e diga o mesmo en todas partes? Un congreso federal? Un partido que diga o mesmo en toda España pero con acentos distintos en cada parte, como matizou Carme Chacón? Vendo a uns e a outros dá a impresión de que volvemos atrás, cando todo debería está xa claro: España é un Estado tan federal como calquera outro dos Estados federais que hoxe existen no mundo. A diferenza, como diría o ex presidente catalán Pasqual Maragall, estriba en que aínda non lle chamamos así.

Debates como o do control do déficit autonómico no Goberno do PP ou o da voz común no PSOE proban ata que punto España é diferente de Alemaña, un xenuíno país federal onde a conservadora Angela Merkel sabe manexar o Consello de Estabilidade cando Bremen, Berlín, Sarre ou Schleswig-Holstein vánselle da man, que algo xa se lle foron, ou onde o socialdemócrata Sigmar Gabriel xa ten bastante con facer esquecer ás súas bases as custosas reformas sociolaborais do chanceler Gerhard Schröder como para porse a debater sobre voces únicas ou con acento. Asusta o federalismo a quen se definen como federais? En España parece que si, en Alemaña, non.

Por curioso que pareza, PP e PSOE teñen máis coherencia no seu aliñamento exterior, en torno ao eixo franco-alemán, que nas súas definicións internas, onde a xeometría das súas alianzas con forzas nacionalistas é tan variable como de conveniencia conxuntural. O PSOE esquécese ás veces de que os seus maiores éxitos electorais coincidiron co seu maior acento federal e o PP adoita demonizar na Oposición pactos que asume sen despeitearse cando goberna. Falta definición e claridade.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s