Quítanse a careta – Antonio Campos Romay

Citar como paradigma EEUU  esquecendo o mosaico de contradicións e miserias que aburan unha potencia que se resiste a perder o liderado e pretende seguir impoñendo ao mundo as súas receitas como única vía de futuro, é como mínimo, parcial.

Unha sociedade cuxa brecha riqueza/pobreza non para de medrar desde comezos dos anos 80 e sobre a que Edward N. Luttwak, membro Centro de Estudos Estratéxicos e Internacionais de Washington, afirma que mentres entre 1979 e 1990,  pasaba de 8 a 15 millóns as persoas no limiar da pobreza, os altos directivos inventariados nas listas de “Business Week” percibían en promedio 625 mil dólares anuais, 42 veces o salario medio dos obreiros fabrís correntes. En 1991 os ingresos deses executivos aumentaran a 2.466 mil dólares, 104 veces máis que os salarios dos mesmos obreiros. Edmund S. Phelps, profesor na Universidade de Columbia,  Nobel de Economía en 2006 polas súas achegas na análise sobre as compensacións internacionais nas políticas macroeconómicas, subliña que pese a que nos EEUU a taxa de desemprego é menor que en Europa, non hai que esquecer que o salario medio dos traballadores non mellorou nos últimos 20 anos,  e que parte da poboación nova, especialmente entre as minorías étnicas, saíu do mercado de traballo dedicándose a actividades ilegais, aumentado substancialmente a criminalidade. Apoia este dato indicando que nas prisións norteamericanas hai 1,5 millóns de homes en idade laboral, o que representa o 1% da forza de traballo do país.

EEUU segundo a súa propia Oficina de Censo rexistra os peores niveis de pobreza en case dúas décadas en 2011 cunha cifra marca: 46,2 millóns pobres. A maior cifra computada polo organismo desde que empezou a funcionar en 1959. O número de persoas sen seguro médico alcanza o máximo dos últimos vinte anos, aumentando un 16,1% no ano 2011.Case 50 millóns de persoas carecen de seguro médico e coberturas sociais.

Sheldon Danziger, director do National Poverty Center (Centro Nacional da Pobreza) da Universidade de Michigan, expón uns criterios. “Desde fai 30 anos os salarios reais diminuíron de forma regular, en especial no sector da construción”. “As políticas sociais fan moi pouco por aumentar os salarios dos traballadores en épocas de bonanza económica ou para axudar aos desempregados durante as recesións” “O 23% dos nenos en EE.UU. son pobres estando nunha situación similar á do ano 1965. A maioría deles non ten acceso á educación superior, polo que é máis probable que continúen sendo marxinados cando sexan adultos”. Segundo as perspectivas do National Poverty Center para que a taxa de pobreza xeral regrese aos niveis do 2000 (11,7%) haberán de pasar polo menos entre sete e nove anos.

Convén repasar algúns destes datos antes de seguir atentamente as opinións, (moitísimo de mandato imperativo), emitidas polo economista xefe do Banco Mundial para Europa e Asía, Indermit Gill, para que países como España saian da crise.

“España ha de recortar os gastos. Os males do mercado de traballo: “España aplica mecanismos de protección a xente que xa está traballando. Os seus postos de traballo están blindados e teñen que deixar de estalo”… España ha de achegarse ao modelo de protección social de EEUU, moi inferior ao europeo, e ha de liberalizar o seu mercado de traballo ao estilo dos países asiáticos emerxentes, traballando máis horas, con menos salario e xubilándose máis tarde, “para non deixar unha pesada carga ás xeracións futuras”… (Sic)…Sobran palabras.

Josep Stiglitz, premio Nobel, crítico severo dos “fundamentalistas do libre mercado”, coa gobalización e co FMI e o Banco Mundial, cualifica a austeridade que decreta a UE por man allea, como un suicidio.  O filosofo J. Luís Sampedro, case centenario pero con mente lucida e limpa recoméndanos no prologo que fai ao libro de Hessel : “¡Indignádevos¡. Sen violencia. Hessel incítanos á insurrección pacífica evocando figuras como Mandela ou Martín Luther King. Eu engadiría o exemplo de Gandhi, asasinado precisamente en 1948, ano da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, de cuxa redacción foi partícipe o propio Hessel. Como cantase Raimon contra a ditadura franquista: Digamos Non. Negádevos. Actuade. Para empezar, ¡INDIGNÁDEVOS!”

Maximilien Robespierre fai mais de dous séculos era mais rotundo; “Cando se viola os dereitos do pobo, a insurrección é para o pobo o máis sagrado e indispensable dos deberes”.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s