Equilibrios na rede – Emilio Argiz Vázquez

Cando unha nova realidade agroma, e fai obsoletos modelos antigos, hai sempre un tempo variable no cal se dirime a loita entre a inercia do coñecido, e a adaptación ó novo. Iso pasou coa revolución Gutemberg, e iso está a pasar agora coa revolución dixital. Megaupload, as leis Sinde – SOPA, ou o fenómeno das descargas ilegais e os roubos de direitos, non son máis ca expresión das disfuncións que está a provocar a mutación dunha sociedade analóxica en outra dixital.

A rede trae consigo a ubicuidade, e a inmediatez, no acceso a moita da erudición que ata o de agora acumulou a humanidade, o cal en principio son boas novas. Calquera que no Caurel  conte con unha boa conexión a Internet, ten hoxe acceso a case toda a música ou literatura, na súa casa, dun xeito que ata hai nada era impensable na Coruña ou en Londres.

A rede trae consigo tamén un profundo cambio na loxística, que transforma as cadeas de  distribución, e fai desaparecer intermediarios. Isto é así para calquera produto, pero especialmente para os culturais, facilmente dixitalizables e desmaterializables. De resultas, as nosas cidades quedaron sen tendas de discos, e a industria discográfica está en coma; o mesmo que pode pasar con  librerías e editoriais. Namentres, unha nova metrópole virtual superponse á cidade real, e funciona a base de clics de rato e impulsos. Hoxe é sinxelo ter acceso ás 12 da noite a calquera cantata de Bach, e descargala ó instante, no entanto que a compra física do disco sería un proceso longo, no caso de que fose posible. E quen di Bach, di Miles Davis, ou o último libro de Vargas Llosa.

Os problemas xorden cando esa dixitalización da información, e a ubicuidade da rede, tamén propician o intercambio entre particulares, ou directamente o pirateo e lucro cos dereitos dos autores. Porque un podía deixarlle un libro de papel a un amigo, e nada malo tiña o feito. Pero se ese libro, convertido nun pequeno arquivo de e-book, se colga na rede para compartilo con millóns de “amigos” en barra libre, dinamítase a industria e acábase a un tempo co dereito do autor a vivir do seu esforzo. E iso que pode ser alegal e perigoso para os creadores, directamente é ilegal cando ademais alguén fai cartos co espolio, como parece que pasaba no caso de Megaupload.

Os problemas medran cando o consumidor afaise, nun círculo vicioso que xera o sistema, a telo todo, e telo de inmediato. A sociedade vírase adolescente, coas posibilidades que lle da a rede, e xa non quere límites nin negativas. Se unha película se estrea mañá nos cines, queren vela hoxe na súa casa. E a iso súmaselle un certo Síndrome de Dióxenes dixital, de feito que moitos acumulan nos seus discos duros, con descargas ilegais, e baixo a falsa premisa do “todo de balde”, músicas ou películas que nin en dúas vidas poderían escoitar ou ver.

O paradoxo final ven ser que a ubicuidade e o acceso a toda a erudición ou a toda a música, non necesariamente produce cidadáns máis cultos, se non as máis das veces homes perdidos no barullo e na cacofonía. Igual que a suposta maior facilidade de acceso á información non está a producir cidadáns máis avisados, se non narcotizados pola avalancha, e que non son quen de distinguir feitos ou novas, de barullo e demagoxia. E un ten para si que as disfuncións que está xerando a mutación dixital teñen moito que ver, xa non só cos problemas da rede, se non nunha relación causa – efecto bidireccional, ata coa crise, que máis ben parece unha enorme contradición interna, insalvable para o sistema, cos mercados do capital profundamente alterados pola ubicuidade instantánea da rede, e polas doutrinas ultraliberais.

Así que, en canto á piratería na rede, o que temos finalmente é un preito a dirimir entre uns xeitos de facer que manteñen inercias xa obsoletas, e as novas realidades que trae a revolución dixital. Coma case sempre, a virtude estará no xusto medio, e en atopar un punto de equilibrio razoable. Para elo teriamos que ser quen de producir un modelo novo, no que os libros, a música ou o cine teñan un acceso legal sinxelo na rede, e a prezos razoables que teñan en conta que desapareceron os intermediarios. Modelos xa hai, como Spotify; e un pensa que se non se fai así, estará perdida calquera loita contra as descargas á marxe da legalidade.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Emilio Argiz Vázquez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s