Menos soldo e máis produtividade – José Luís Gómez

José Luís Gómez

Os sindicatos reaccionaron co anuncio de mobilizacións ante unha reforma laboral que non só facilita os despedimentos, senón que abre paso a unha rebaixa xeral de soldos, tendo en conta que as empresas poderán modificar a contía salarial para gañar competitividade e terán capacidade para baixar a nómina aos empregados menos produtivos. En resumo: Rajoy permite pagar menos e despedir máis fácil e barato, e os sindicatos anuncian protestas para o 19 de febreiro, á espera de negociar.

É verdade que aquí había mellores indemnizacións por despedimento que noutros países da Unión Europea? Si o é, en xeral. Pero en ningún outro país hai tantos despedimentos nin tanta economía mergullada. Méndez di que o Goberno de Rajoy actúa coma se España fose un país intervido. Parece que o líder uxetista aínda o dubida, pero pouca marxe hai para a dubitación: existe unha axenda alemá para España que Zapatero cumpría en plan remolón e que Rajoy executa como alumno aplicado. Traducido en termos de salarios, estes tenderán a vincularse cada vez máis á produtividade, desligándose da inflación.

En crises anteriores fixéronse depreciacións para reactivar a economía mediante unha maior capacidade exportadora, capaz de revitalizar o emprego e o consumo interno. Como isto agora co euro non é posible, a ‘depreciación’ faise recorrendo a outro tipo de axustes, que terminan afectando aos salarios e ao gasto público. A reforma laboral é unha parte máis da depreciación interna: servirá para reducir os salarios e as indemnizacións, sen que xa estea tan claro o estímulo á creación de postos de traballo.

Non nos enganemos: o problema económico e laboral de España é de crecemento, competitividade e produtividade. Quedámonos sen a construción e non sabemos que facer para suplir ese tremendo baleiro. Coas mesmas normas laborais que están cambiando fixéronse milagres económicos con gobernos de distinto signo e retos diferentes (recesións, reconversións, adhesión á CEE, etcétera) e con esas mesmas normas hai taxas de paro similares ás europeas en Euskadi ou Navarra fronte a inaceptables niveis de desemprego de Andalucía ou Estremadura. A reforma laboral axudará aos empresarios pero por si soa non devolverá o crecemento e o emprego.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s