O PP e a rúa – José Luís Gómez

José Luís Gómez

As multitudinarias mobilizacións deste domingo contra a reforma laboral en 57 cidades contrastan coa placidez do congreso do PP en Sevilla, o cal non quere dicir que ambas as cousas non estivesen previstas. A rúa -unha parte da rúa- estará lonxe da política do PP, polo menos durante un tempo, pero o PP ten marxe política suficiente para gobernar con comodidade, non só pola súa maioría absoluta, senón tamén polo apoio doutros partidos do centro dereita que en casos como o de CIU son ademais forza de goberno en Cataluña, o motor económico de España.

Un xornalista progresista, Daniel Salgado, preguntoulle a un político de esquerdas, o catedrático Xosé Manuel Beiras, no xornal El País por que a crise que orixinou a política de dereitas leva por diante á esquerda. E esta foi a resposta substancial: a esquerda que fixo o diagnóstico non foi escoitada pola esquerda institucional. É un xeito de dicilo, pero quizá sería máis claro recordar que a esquerda gobernante foi obrigada pola dereita política (Alemaña e a UE) e a dereita económica (os mercados financeiros) a facer unha política contraria á súa e, no canto de plantarse e convocar eleccións, explicando con claridade as cousas, púxose a mal gobernar o país. Digamos que á hora de cumprir a axenda alemá para España, Zapatero facía os deberes en plan remolón e mal, mentres que Rajoy executa todo o que lle din -e máis- como bo alumno aplicado.

Tiña solución España antes de que se disparase a crise? Seguramente puideron terse feito mellor algunhas cousas, pero visto o problema con perspectiva o máis seguro é que a esquerda, o PSOE, queimouse inutilmente. E que o PP non salvará España da crise se non recibe axuda de Europa, léase Alemaña. Hai unha pregunta que se fai o premio Nobel Paul Krugman que ilustra e enfoca a situación. Di o columnista de The New York Times: cando dúas das catro grandes economías europeas teñen peores resultados que na Gran Depresión, polo menos no que se refire ao PIB, e son tres de cinco se contan a España, non cren que os defensores da austeridade deberían exporse que, posiblemente, van por mal camiño? Aí está o problema de fondo, e non nas simplificaciones que ás veces se proxectan mediáticamente con mero interese partidario. E se alguén o dubida que mire a Portugal, país que foi a peor tras cumprir todas a medidas impostas pola UE, o BCE e o FMI.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s