Políticos na banca – José Luis Gómez

Rodrigo Rato

En España está culminando o proceso político que acabou practicamente coas caixas de aforros, cuxo ocaso ten moito que ver coas súas malas prácticas no sector inmobiliario pero tamén co interese da banca privada por levalas por diante no seu propio beneficio. Desde o Banco de España e outros estamentos de poder de Madrid tamén se fixeron moitos esforzos no mesmo sentido, ás veces co demagóxico pretexto de apartar aos políticos das caixas, coma se todos os políticos electos fosen peores profesionais que uns tecnócratas designados a dedo. Ou coma se todas as caixas estivesen controladas por políticos. Na práctica, tampouco é esa a contradición, xa que avanzado o devandito proceso vemos que en realidade do que se trataba era de apartar a políticos autonómicos e locais, pero non a outros políticos que seguen campando ás súas anchas no sector financeiro. Pode darse o caso de que un ministro do Goberno que cociñou operacións de caixas termine ditando sentenza sobre algunha delas, o cal derivaría seguramente nun gran escándalo. Ao tempo.

Aínda este domingo, o presidente do BBVA, Francisco González, que chegou á banca da man do PP, dicía en ‘El País’: ‘O éxito depende de como acabe a reforma (financeira) e de que non haxa actuacións persoais ou interferencias políticas que a enturben’. Seica o seu nomeamento fai dez anos non foi unha interferencia política do Goberno de Aznar?

Pero hai máis casos. O exvicepresidente Rodrigo Rato, que celebrou en Xénova o triunfo de Rajoy, preside Bankia, entidade na que se diluíron varias caixas de aforros, entre elas Cajamadrid. Ata hai situacións máis chuscas: César González-Bueno, nomeado hai pouco conselleiro-delegado de NovaGalicia Banco, hoxe en día controlado polo Estado, non só é neto dun ministro de Franco, senón un bo coñecedor da contorna da extrema dereita.

En resumidas contas: claro que hai políticos no sector financeiro, público e privado, como sempre houbo. O que hai é cada vez menos políticos autonómicos e locais no sector financeiro, a medida que este se foi concentrando.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s