Tampouco saben gañar – Xosé A. Gaciño

Xosé A. Gaciño

Nos peores anos da crispación (desde aquel 11-M que tan mal dixeriron e co que aínda andan a manipular en canto se lles presenta a máis mínima ocasión), chegabamos a pensar que era mellor que gañasen as eleccións, a ver se, unha vez no goberno, se tranquilizaban e comezaban a facer política con normalidade, mesmo con toda a dureza que a difícil situación económica podería esixir pero sen recorrer ás demagoxias, as descualificacións e os insultos. Considerabamos que xa bastante tensión proporcionaban as turbulencias financeiras e as obsesións de austeridade como para seguir mantendo a crispación suplementaria dos que aínda non se recuperaran dunha derrota electoral causada pola súa propia arrogancia.

Así pareceu en principio, coa formación dun goberno de perfil moderado ante o que se mantivo certa actitude esperanzadoramente expectante. Mesmo o anuncio de plans de traballo máis radicais do previsto na campaña electoral interpretouse como chiscadelas conxunturais aos seus electores máis á dereita, algo frustrados porque non empezaran a súa actuación coas trompetas da apocalipse. Entre a desmoralización da esquerda e a resignación xeral, a dereita emprendía a súa nova andadura gobernamental con certo nivel de comprensión.


Pero o periodo de calma foi curto. Primeiro foron os clásicos lamentos pola herdanza recibida, que obrigaba, dicían, aos primeiros recortes de emerxencia e a unha primeira subida de impostos (a súa contradicción máis grave). Os lamentos foron subindo de ton ata recuperar os niveis de descualificación do adversario propios da súa etapa de oposición. Así, cando chegaron á contrarreforma laboral, xa tiñan quentado o ambiente e mesmo previsto unha folga xeral. E en canto os sindicatos empezaron a criticar a expropiación de dereitos laborais, xa estaba en plena ebullición todo o aparato de manipulación e propaganda para desprestixiar as organizacións sindicais e mesmo aos “sacrosantos” parados que, meses antes, eran vítimas dun goberno irresponsábel e incompetente e agora se convertían en adictos ao subsidio e indolentes que non aceptan calquera clase de traballo en calquera parte do mundo.


As primeiras mobilizacións contra os recortes -que, en realidade, son a continuación das que se viñan sucedendo baixo gobernos socialistas, entón con folga xeral incluída- teñen desatado como unha sorte de orgullo ferido do goberno, que considera unha ingratitude que algúns sectores sociais non valoren o traballo serio e responsábel que está a desenvolver polo ben xeral. Ás descualificacións habituais contra todo o que se move á súa esquerda engade novas variantes da súa teoría da conspiración, esta vez non tan retorcidas como as que necesitaron inventarse para o 11-M, pero tamén na liña de situar á esquerda nas marxes do sistema e vencellala a prácticas violentas.


Nas dúas anteriores lexislaturas, a dereita deu motivos dabondo para pensar que non sabían perder. Agora, polo camiño que levan, quizais é que hai que empezar a pensar que tampouco saben gañar. Ou quizais son tan incompetentes que se creron o seu propio discurso de que bastaba un cambio de goberno para recuperar milagrosamente a confianza dos mercados, e están a perder os papeis desde que comprobaron que os milagres non existen.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s