Esta crise vai para longo – José Luis Gómez

José Luis Gómez

A depreciación económica de España é evidente e parece irreversible, polo menos durante un tempo indefinido. O que si sabemos é que o paro subirá ata o 24,3% e destruiranse 630.000 empregos, camiño dos seis millóns de parados, froito dunha economía en recesión que pode pechar 2012 cunha caída do PIB do 1,7%, cifra que coincide coa do FMI e que supera a previsión da UE (1,5%). E todo iso contando cun obxectivo de déficit para este ano do 5,8%, case un punto e medio por encima do 4,4% ao que se comprometeu Zapatero con Bruxelas. De ter que ir ao 4,4% previsto, case é mellor non calcular as consecuencias sociais de semellante hipótese, de momento descartada por unha audacia de Rajoy pero non por Merkel nin, o que é peor, polos mercados onde España financia a súa economía. Pero como se repartirá esa tremenda depreciación económica e social entre ricos e pobres?

De momento, o axuste está recaendo nos máis débiles, que están no paro e non sempre con cobertura, e na clase media, asomada a unha caída xeneralizada de ingresos, tanto pola subida do imposto da renda como polas rebaixas salariais que van chegando coa reforma laboral. As rendas de capital xa teñen menos motivo de queixa.

Custa dar unha soa noticia positiva ou cando menos alentadora porque España segue sen modelo económico alternativo á construción e o discurso político dominante redúcese á austeridade orzamentaria, sen medidas de acompañamento, o cal non ten precedentes na historia da economía moderna. Por non haber, nin sequera hai un horizonte claro en Europa, onde ata que pasen as eleccións francesas e alemás parece improbable intuír cambios de fondo. Entre unhas cousas e outras, con tixeretazos e eleccións, situarémonos en 2013, o ano comprometido no chamado Pacto de Estabilidade para cumprir co 3% de déficit. Ata entón, millóns de persoas vano a pasar mal. E despois, calquera sabe…

Coas mans atadas polo seu endebedamento público e privado, España segue en mans de Alemaña e dos mercados, cuxa reacción será decisiva para que Rajoy poida manter os seus novos plans de déficit.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s