Un chiste de Ruiz-Gallardón – Xosé A. Gaciño

Xosé A. Gaciño

Alberto Ruiz-Gallardón, flamante ministro de Xustiza da dereita profunda, parece disposto a non pasar desapercibido e a ocupar o galardón simbólico de ministro do mes o maior número de meses posíbel. Se é necesario, botando man da súa capacidade histriónica para montar un monólogo sarcástico, que tamén lle serviría para concorrer no próximo certame do Club da Comedia

Non a outra cousa que a chiste de mal gusto soa esa “violencia de xénero estrutural” que ven de sacarse da manga para tratar de xustificar as reformas da actual lei de prazos que regula a interrupción voluntaria do embarazo. A medias entre as teorías conspirativas tan queridas pola dereita e a apropiación de análises marxistas de andar por casa, ven dicir que hai unha sorte de presión social contra as mulleres embarazadas e que esa presión as leva a abortar.

O do chiste ven a conto, ademais, porque esa presión social contra os embarazos a exercen, fundamentalmente, os que poderíamos chamar afíns ao ministro denunciante. Desde a condena eclesiástica aos embarazos fora do santo matrimonio (agora xa moi desacreditada, pero, noutros tempos, causa principal de abortos clandestinos) ata a aversión empresarial a contratar ou a manter no seu posto a traballadoras embarazadas, é precisamente na mentalidade da dereita onde o embarazo conta con máis obstáculos para facelo compatíbel con determinado estado civil ou coa actividade laboral. Por non falar da oposición frontal da dereita deste país á educación sexual e á divulgación de métodos anticonceptivos asequíbeis, que evitarían os embarazos non desexados e, como consecuencia, os abortos.

Que, en plena orxía de recortes sociais, o ministro anuncie que vai poñer a todas as administracións públicas a traballar para que os servizos sociais, a educación, a sanidade, a vivenda, o transporte e o emprego sexan prioritarios para a muller embarazada, pode interpretarse como unha mostra de cinismo que xa non nos pode sorprender nun partido que, en pouco máis de dous meses de goberno, desmentiu case todas as posturas que mantiña cando estaba na oposición. Cinismo inútil, por outra banda, porque case ninguén pensaba que, hoxe por hoxe, se puidese gobernar doutra maneira que seguindo as directrices restritivas e antisociais que dominan agora na Unión Europea. Xogo de cinismos sobreentendidos e aceptados no que participan os propios cidadáns, moitos dos cales utilizan o seu voto máis para castigar que para apoiar alternativas razonábeis.

Enredado nas súas especulacións sociolóxicas sobre as dificultades para exercer a maternidade en España, o ministro Ruiz-Gallardón aínda non explicou o verdadeiro alcance da súa anunciada reforma. Se levase a súa análise de “violencia de xénero estrutural” ás últimas consecuencias, volvería penalizar o aborto en calquera circunstancia e mesmo prohibir calquera método anticonceptivo (e non me gusta dar ideas aos fundamentalistas). Calquera outra reforma de matiz sería como mesturar peras con mazás, segundo outro agudo análise da hoxe alcaldesa popular Ana Botella a propósito do matrimonio de homosexuais

Tería que inventarse novas teorías de violencias estruturais para explicar por qué unha lei que despenaliza o aborto en determinados supostos favorece máis o dereito á maternidade que unha lei de prazos. Ou, por unha vez, confesar a verdadeira razón: que non se quere que sexa a muller a que decida.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s