Europa e Turquía II – Emilio Argiz Vázquez

Se concluímos que Europa é máis historia que xeografía, esa definición deixa fora ós turcos, que foron, dende a caída de Constantinopla, un dos factores externos contra os que se construíu a Civilización Occidental. Pero Turquía non é europea nin asiática, e se un lle pregunta a un turco, case sempre a resposta que obtén é que Turquía é… turca. Resposta que non é unha obviedade, se non a encarnación do efectiva que foi a formación do espírito nacional, nos 90 anos de república laica, “kemalista”, e nacionalista, fundada por Atatürk.

Hoxe Turquía está nunha encrucillada entre ese “kemalismo” laicista, e un neo – otomanismo que abraza o legado imperial e islámico, recollendo o cosmopolitismo do imperio multi – étnico que foi gobernado dende Istambul. Encrucillada que ten que ver co fin da guerra fría, e os novos horizontes xeoestratéxicos, ameazas, e oportunidades xeradas. E encrucillada asemade, que ten un reflexo directo nas rúas turcas, nas mesquitas ou nas universidades. Porque fronte á república laica orientada cara Europa, e vixiada por un exército “de esquerdas”, o contestatario e progresista pode ser a 2012 en Turquía que os mozos vaian rezar ás mesquitas, e que as mozas leven hiyab.

O certo é que Turquía ten hoxe un goberno islamita moderado, parece que razoablemente eficiente, e que non nos debería asustar nunha Europa afeita ós demócrata – cristiáns. Goberno que non busca tanto unha islamización radical, canto unha perspectiva menos militante do laicismo, tratando de cadrar o desenrolo económico, con facer ao tempo as paces coa súa historia e xeografía. Por todo elo, se cadra cando Europa chegase a decidir que os turcos poden formar parte do club, son eles os que xa decidiron que non lles interesa.

Porque o neo – otomanismo tamén significa un novo sentido de grandeza e auto – confianza en política exterior, segundo o cal, os turcos considéranse a si mesmos coma unha potencia rexional, con alcance xeográfico ata onde chegaban os imperios con capital en Istambul, e incluíndo tamén  os novos estados de raíz turkmena da antiga URSS. Potencia que viría a xogar o papel de core state da Civilización Islámica, en terminoloxía de Huntington. Isto é, igual que Rusia é o core state da Civilización Ortodoxa, ou Alemaña – Francia sono da Civilización europea occidental ( e xunto cos USA, os core state de Occidente), ese sería o novo posible papel de Turquía no mundo islámico, única das grandes civilizacións que ata o de agora non conta, de novo segundo Huntington, cunha potencia global.

Pero Turquía non é aspirante único a ese rol de core state islámico, se non que hai unha partida do “grande xogo” en curso, que leva anos dirimíndose entre Turquía, Irán, e Arabia Saudita, os tres posibles candidatos por historia, e por potencial económico ou demográfico. Á luz dise “grande xogo”, é máis doado entender que se cadra a Turquía xa non lle interese tanto entrar nunha Unión Europea cristiá. Igualmente, un mapa pon de manifesto inmediatamente que Siria está (na compañía de Irak) no centro entre Turquía, Irán, e Arabia, e tense convertido (para desgraza dos sirios), nunha ficha no taboleiro do xogo, no que se dirimen intereses moito máis aló dos sirios.

Só así se entende que Arabia estea a apoiar ós rebeldes sirios; non porque á autocracia saudita lle dese unha arroutada de amor á liberdade, se non para golpear ó Irán chiíta no corpo do seu aliado sirio. Ou que as monarquías do golfo aplaudan, case sen disimulo, un posible ataque israelí a Irán, antes de que os persas teñan a bomba coa que xa contan os xudeus. E tampouco son alleos ó xogo Rusia e os USA, con reflexos de guerra fría, e intereses encontrados coas posibles potencias rexionais. Rusia e China detrás de Irán e Siria (con base naval rusa en Tartús, Siria), e os USA detrás de Arabia (a Arabia de Bin Laden, si). Só Turquía parece estar xogando unha carta máis independente, pero nese xogo de poder tampouco quere deixar caer ó Al-Assad, e que a balanza entre Irán e Arabia se incline do lado Saudita.

Dende logo, parece que sería convinte non comprar, sen meditación previa, a falacia de que os rebeldes sirios son todos uns loitadores a prol da democracia; Como tampouco o eran todos os libios. E sería tamén axeitada unha certa prudencia, porque un estado falido en Siria, sumado a Irak, pode ser bastante máis perigoso que a desfeita provocada en Libia. Esa mesma prudencia, é a que pode facer de Turquía a mellor potencia rexional equilibradora, xa non como a parte de Occidente que nunca foi, se non como o core state nunha categoría de seu.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Emilio Argiz Vázquez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s