Vixilancia ou humillación? – José Luís Gómez

José Luís Gómez

Aos golpes de palacio das finanzas, como os vividos en Grecia ou en Italia, onde cambiaron os seus gobernos sen pasar polas urnas, sumouse no caso grego o envío de inspectores para controlar as súas contas. En España, o cambio de goberno fíxose a través das urnas pero parece que nin sequera a dura axenda de Rajoy -infestada de axustes e recortes sociais- satisfai a voracidade da Unión Europea. Segundo o diario El País, Bruxelas ten a Madrid baixo vixilancia, non só nas reunións do Eurogrupo, o Ecofin e nas cimeiras de xefes de Estado, nas que España e os seus problemas serán sempre un punto destacado da orde do día, senón tamén mediante o envío de expertos á capital española para analizar as contas de todas as administracións e o estado dunha economía en recesión, que xera cada día máis desemprego.

A noticia prodúcese a poucos días dunha folga xeral, nun momento en que volve subir a ‘prima’ de risco -está xa 50 puntos básicos por encima da italiana-, e tras coñecerse a intención do Goberno de fixar a meta do déficit público de 2012 no 5,8% do PIB, fronte ao 4,4% concertado por Bruxelas co anterior Executivo de Zapatero, camiño de alcanzar o 3% en 2013, algo que se prevé moi difícil, salvo que se esnaquice en apenas uns meses o Estado de benestar construído durante os últimos 30 anos.

Como observa o catedrático Xavier Vence no seu último libro, a folla de ruta da radicalización neoliberal aséntase sobre uns argumentos legitimadores absolutamente insostibles: parece que o problema é que vivimos durante moitos anos por encima das nosas posibilidades e, en consecuencia, todo pasa agora por un plan de austeridade en todos os campos -no privado e no público-, excepto no sector financeiro, cuxo rescate debe ser a prioridade de todos, xunto co mantemento do gasto militar. Aquí alguén se esquece de que o que Aldo Ferrer chama «capitalismo máxico» fixo posible que os activos financeiros pasasen de supor 1,7 veces o PIB mundial en 1980 a representar 14 veces o PIB en 2007, o ano no que xurdiu unha burbulla financeira mundial que fixo explotar a burbulla inmobiliaria. E agora resulta que os desmáns do diñeiro ficticio pagaranos os traballadores mediante unha severa depreciación interna. Para quen o dubiden: un avance do sucedido en Grecia, onde a eliminación dos convenios colectivos provocou un descenso medio do 20% nos salarios do sector privado. Falamos de vixilancia ou de humillación?

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s