Infraestruturas e TIC ante a crise – Jacinto Parga Fernández

Jacinto Parga Fernández

Vimos de vivir unha época de dispoñibilidade de fondos crecente para investir en infraestruturas. De súpeto esta tendencia ven de cambiar, por razóns que superan o alcance deste artigo.

No desenvolvemento territorial, con ou sen planificación, prevaleceu o paradigma da abundancia e a necesidade de rápidas execucións de expansión urbanística co consecuente despliegue de redes de transporte e de comunicacións. A non sempre boa calidade dos proxectos, en moitos casos pola falta de tempo para adoptar solucións meditadas e máis axeitadas, e noutros polo exercicio adivinatorio das proxeccións a 25 ou máis anos, reflíctese tanto na execución con importantes desviacións orzamentarias, coma na utilidade e no uso das propias infraestruturas. Tamén se atopan numerosos plans estratéxicos, estudos, anteproxectos, e moitos máis documentos de proxección futura que non serán nunca levados a cabo porque o presente impúxose moi rápido, á proxección futura.

A ben documentada en urbanismo e planificación territorial “crise do plan regulador” ten afectado igualmente ao desenvolvemento das infraestruturas de telecomunicación. Esta falta dun método eficaz de planificación territorial ten conducido a un grande despilfarro, que as veces quérese identificar equivocadamente con demasiada inversión.

O reto da eficiencia na xestión das infraestruturas

O novo paradigma no que se desenvolverán as infraestruturas no futuro inmediato pivota sobre a eficiencia da súa xestión, buscando ingresos mediante a súa explotación e reducindo ao máximo os gastos de mantemento. As partidas orzamentarias máis importantes dos organismos titulares das infraestruturas en España, vincularanse a xestión das mesmas. Este é un campo natural para a aplicación das TIC, sobor de todo as referentes á información contextual e á mobilidade.

Por outra banda, neste período, e mesmo antes, as disciplinas de produción e distribución industrial, en Galicia nomeadamente as do sector do automóbil e do téxtil, e tamén as de desenvolvemento de software, teñen seguido un camiño de evolución ben distinto e exitoso. Kanban, scrum, agile, DSDM, ou a metodoloxía Lean forman entre outras, un corpo de estratexias e ferramentas exitosas co eixo común da loita contra o despilfarro, axustándose aos requirimentos dos clientes, e a solución das necesidades contrastadas con feitos, coa guía da mellora continua da calidade.

Parece por tanto lóxico cas TIC xoguen un papel clave no desenvolvemento territorial, pero non só na xestión, senón tamén na planificación. Non é menos complexa a elaboración dunha versión dunha aplicación de xestión ou dun sistema operativo que dun instrumento de ordenación do territorio. Nin son menos as variables e os intereses que interveñen nuns e noutros casos. O que cambia é fundamentalmente a estratexia, a metodoloxía e a técnica de execución. Porque en ambos casos o entorno social e tecnolóxico é moi cambiante, os requirimentos dos usuarios tamén son cambiantes, e polo tanto períodos de iteración de décadas están fora do rango de predición de calquera planificador. Sen ir máis lonxe as previsións de explotación das autopistas en réxime de concesión feitas ou programadas fai uns meses, non se corresponden coas que se farían hoxe en día, e estamos falando de períodos de amortización de décadas. A solución agora búscase en cómo financiar esas infraestruturas a partir dos seus usuarios, o que fará preciso unha nova capa tecnolóxica de monitorización e facturación do uso.

Cómo facelo? Son estas metodoloxías aplicables a planificación territorial? Poden axudar a un máis eficiente despliegue nas redes de telecomunicación? Cáles son as ferramentas imprescindibles?

O reto do planeamento das infrastruturas

Por unha parte é imprescindible a planificación estratéxica, para fixar obxectivos e principios claros e estables. Por outra parte son imprescindibles as técnicas de captación e procesamento de información. Os instrumentos ríxidos baseados en premisas imposibles de contrastar deben de dar paso a técnicas máis flexibles e adaptables as realidades contextuais. As tecnoloxías baseadas na información e nas comunicacións están e deben estar cada vez máis presente con un papel prevalente nos futuros desenvolvementos territoriais.

Non é suficiente ca dotación de infraestruturas TIC sobre os desenvolvementos territoriais se fagan coma un recubrimento a posteriori, senón que deben formar parte do núcleo da planificación, chegando ao nivel de definición de proxecto e posta en servizo. Non é suficiente hoxe en día, “deixar o tubo para que algún día pase a fibra”.

Os profesionais dedicados as TIC temos unha dobre oportunidade neste contexto. Por unha parte na aplicación directa de solucións tecnolóxicamente avanzadas na xestión das infraestruturas. Por outro lado, coa aplicación de metodoloxías ben coñecidas nos eidos da produción de software e produción industrial para a constante mellora e despliegue das redes de infraestruturas, e particularmente nas de comunicacións electrónicas.

Cando se pon en cuestión a creación de tantas infraestruturas útiles como portos, aeroportos, liñas de ferrocarril, a única resposta posible é sacarlles todo o partido e facelas rendibles de xeito que presten o mellor servizo. Cando se pon en cuestión a creación de tantos centros formativos útiles, como as universidades e escolas técnicas, a única resposta posible e poñer ese talento a traballar no aproveitamento eficaz dos recursos que temos que son moitos. O desafío desta crise económica está en poñer en marcha os métodos axeitados para aproveitar os nosos recursos, non en desfacernos deles.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Jacinto Parga Fernández. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s