Que facemos cos bancos? – José Luis Gómez

José Luis Gómez

O Ministerio de Economía decidiu encargar a dúas consultoras independentes a valoración de toda a carteira de activos da banca española. Son quizá máis cribles ese tipo de empresas que o Banco de España, cando do que se trata é de recuperar a confianza dos investidores e de despexar as dúbidas sobre a banca? Se é así, que debemos facer co Banco de España? En realidade, o Goberno xa viña asesorando con este tipo de compañías para que lle dixesen como sacar os activos inmobiliarios dos balances dos bancos e das antigas caixas. Agora trátase de que lle digan canto custa cada cousa para mellorar, con transparencia, a credibilidade do sistema financeiro, xa que o propio Goberno admite que hai “dúbidas e incertezas sobre os balances bancarios”; algo que algúns deduciamos -e diciamos- desde fai meses pero do que o Goberno parece terse decatado agora. En realidade, o Goberno sabía ben o que pasaba, pero ata ter a auga ao pescozo preferiu mirar para outro lado.

Máis difícil de explicar será a propia valoración de activos, xa que ao non haber operacións de contraste no mercado inmobiliario resulta pouco menos que imposible facer un traballo desas características. No mellor dos casos, as consultoras poderán comparar os valores contables con estimacións sobre valores dun mercado que non existe, establecendo dous supostos: hipotéticas vendas a día de hoxe e, en caso de agravarse máis a crise, valores que tendan a cero. Pero aínda que sexa así, que credibilidade terán as auditorías? Serán máis fiables que os datos do Banco de España ou que as ditosas probas de ‘stress test’ de Bruxelas, que polo visto tampouco serviron de nada? Tiramos á papeleira todas as auditorías da banca? E, xa para rematar: que pasa cos millóns de euros que se foron consumindo en informes inútiles e en pagar as nóminas dos funcionarios de institucións nas que non confiamos?

Queda algo peor? Si. Un traballo así, se é rigoroso, non pode facerse en tres meses, como sabe calquera profesional do sector financeiro. Pero imaxinemos que son uns fenómenos e que eses auditores si poden. Aínda que así fóra, que facemos eses tres meses de espera co diñeiro que temos nos bancos? Crémonos os seus balances? Porque non debemos esquecer que o diñeiro do pasivo sopórtao o activo.

O ministro De Guindos meteuse nun bo xardín. Oxalá que saiba saír.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s