Rajoy, entre o rescate e a intervención – José Luis Gómez

José Luis Gómez

Inmerso nun aluvión de críticas, na prensa e nas redes sociais, por deixar que o seu ministro de Economía dese a cara o día do rescate bancario de España, o presidente Rajoy decidiu -ao fin- comparecer ante os medios, pouco antes de saír cara a Polonia para ver xogar a España ante Italia (1-1) na Eurocopa. Sen as reformas, intervirían España, veu a dicir o xefe do Goberno, que evitou falar de rescate, a diferenza da prensa internacional.

Convén ter visión de conxunto, alertou tamén Mariano Rajoy. E ten razón. Pero se o facemos, seguramente veremos máis cousas -de conxunto- das que el recoñece, o cal non quere dicir que non sexa certo gran parte do que di. Un exemplo: Rajoy aclarou que o rescate non afecta ao déficit e en teoría ten razón, pero si afecta á débeda e os intereses incidirán no déficit. Peor aínda: haberá inspeccións sobre a banca rescatada cuxos resultados é probable que deriven en novas medidas de axuste ‘suxeridas’ desde Bruxelas, como subir o IVE ou aplicar antes do previsto o adiamento da idade de xubilación, sen descartar retoques na reforma laboral. En definitiva, España como país rescatado deberá demostrar que cumpre a machada a política fiscal que se lle aconsella’.

Se a todo isto non se lle quere chamar rescate ou intervención -para situarnos, 100.000 millóns é case o importe anual das pensións en España e dúas veces a recadación por IVE- é polo estigma asociado a tales palabras nos tres países que precederon a España neste tipo de operacións: Grecia, Irlanda e Portugal. Pero a realidade é a que é. De feito, a persistencia dese círculo vicioso chamado bucle diabólico -o que mestura a vulnerabilidade da banca coa deterioración da débeda pública- exerce unha influencia daniña sobre o financiamento das empresas e, en definitiva, sobre o seu investimento e o emprego, como deduce o economista Emilio Ontiveros. E sen crecemento non hai traballo. Só máis pobreza, que é o que estamos vendo. Para que volva o crédito tamén fai falta unha actividade produtiva sa e un novo modelo económico alternativo ao ladrillo, que España aínda non ten. Ese é o verdadeiro problema de fondo, e de conxunto.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s