Máis impostos e menos salarios – José Luis Gómez

O rescate da banca española si ten contrapartidas macroeconómicas, e por anticipado. De feito, o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, xa asumiu que o Goberno subirá o IVE. A este incremento fiscal ‘impopular’, sumarase un recorte do emprego público mediante o aumento das horas de traballo dos funcionarios. Son algunhas das medidas que esixe Bruxelas como contrapartida ao rescate bancario e á prórroga dun ano para cumprir o obxectivo de déficit público, de modo que España obterá un punto de déficit extra este ano: o 6,3% do Produto Interior Bruto (PIB), fronte a un 4,5% en 2013 e un 2,8% en 2014. Na capital comunitaria especúlase ata cunha nova reforma das pensións e máis recortes ás prestacións por desemprego. As dúbidas, inquietantes, pronto se despexarán.

A actual política europea conduce a España a unha penosa depreciación interna, que só se atenuará se cambian os criterios restritivos do Banco Central Europeo (BCE) e da propia Unión Europea (UE). O que non cabe é esperar milagres, por moito que empece a chegar este mesmo mes o rescate bancario. Todo parece indicar que, tras estas medidas, España asómase a unha profunda recesión, que podería prolongarse ata mediados do ano que vén; é dicir, o PIB caerá este ano máis do previsto e seguirá caendo en 2013, en contra das previsións. O horizonte da crise de 2008 amplíase, poida que dure ata completar un ciclo de polo menos dez anos.

No medio de tanto axuste orzamentario custa dicirlle á xente que, por riba, debe baixarse o soldo, pero se España segue no euro non haberá outra saída que esa para que o país recupere a súa competitividade. A teoría non é de ningún neoliberal. É do premio Nobel Paul Krugman, que a expón con toda a súa crueza no seu último libro “Acabade xa con esta crise”. Sen marxe para devaluar, só queda a depreciación interna.

O presidente Mariano Rajoy pode ter razón cando explica que hai que facer deberes dentro, pero tamén sabe que sen Europa o país non sairá á boia. Dio tamén Krugman: a esencia do problema español -de onde provén todo o demais- é a necesidade de reaxustar os custos e os prezos. A burbulla inmobiliaria non só elevou os prezos dos inmobles para terminar facendo cachizas os balances dos bancos, senón que tamén provocou un considerable aumento de prezos e soldos en relación coas economías centrais de Europa, léase Alemaña e Francia. E se agora toca recortar prezos e salarios, hai que devaluar o país, a falta dunha moeda que poder devaluar, que é o que proporía Milton Friedman nun caso como este.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s