O Goberno das mamandurias – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Dona Esperanza, Condesas de Murillo e Grande España, “A Tamayona”, (operación Tamayo e Cia), advirte necesario e urxente  acabar coa “mamandurria” que ela presume que tras sete meses de goberno popular asoma por todos os recunchos. Non seria oportuno por en cuestión a autoridade en materia de “mamandurrias” de tan distinguida dama.

De seguro a reflexión espértaselle o coñecer que a Sra. Bañez, Ministra de Traballo versada en triturar os dereitos dos traballadores e filtrar con traizón das súas obrigas de gobernante os ERE que pasan polo seu despacho cando afectan aos seus rivais políticos,-no seu criterio inimigos-, non dubida en cobrar do Congreso dos Deputados case 2000 euros como compensación por aloxamento fóra da súa circunscrición. Esta señora ten a fortuna de vivenda propia na cidade de Madrid. Tampouco  pasóuselle por alto á perspicaz “Tamayona”que non é caso singular e que  reprodúcese no piadoso ministro do Interior Sr. Fernández e no lustroso  ministro de Agricultura. Ou no  caso do Sr. Montoro, aínda ministro de Facenda. Ou de Dona Elvira Rodriguerz, presidenta da Comisión de Economía do Congreso con cinco pisos na capital… Ante tales casos, seria inxusto falar duns gobernantes con habito de “mamandurria”?  Cabria engadir como nota de cor á filla de Fabra, (Andreiña “que se fodan”) con fastuosa residencia conxugal en Madrid. Estas xentes tan amantes do anglosaxón,  deberían saber que naqueles predios estas trapalladas conlevan  a dimisión.

Abunda a favor do criterio de estar ante uns gobernantes proclives as “mamandurrias”, a súa vontade inequívoca de manter o que podería cualificarse como “a nai de todas as mamandurrias”, as deputacións provinciais, residuo do centralismo de factura francesa iniciado coa dinastía borbónica. Adelgazar a administración –algo plausible- debeu facerse decontado co inicio do deseño autonómico. Transferir xestión, diñeiro, e xestores. Non limitarse aos dous primeiros aspectos e deixar os recursos humanos no lugar onde  iniciábase a cesión sen tarefas identificables e duplicar a administración no lugar de recepción da competencia. Nin unha soa empresa no orbe fixera tal tolería habendo de mudar a súa ubicación. Certo que requiriría un proceso de negociación e compensacións pero en todo caso, con resultados mais racionais. Recibidas as competencias no nivel autonómico a seguinte acción indispensable era absorber a obsoleta maquinaria provincial nuns casos nas Consellerías de Presidencia como entidade  cooperadora dos concellos ou nas que procedera. Incorporando o persoal das mesmas a extinguir, cancelando unha estrutura redundante. Ao tempo, potenciando  nos municipios aquelas competencias que lle son propias e reducindo  a existencia de entes locais de dimensión inviable. Pero corrixir estas mamandurrias, nin están ni se as espera na axenda do goberno popular.

Un goberno que anda xa escaso de lexitimidade tras rachar o contrato social cos electores por incumprimento sistemático dos compromisos previos, sérvese da crise para aplicar os seus intereses ideolóxicos e partidarios. Co único apoio de  coros mediáticos afíns non só intenta desmantelar o estado  de benestar,  senón de xeito concreto o modelo autonómico. Esquecendo que  a modernización e progreso das tres ultimas décadas non serian entendibles sen tal realidade. Outra cousa é a necesidade de implementar o estado federal  que non houbo posibilidade  de establecer na  Constitución do 78. Cos  oportunos retoques no mapa, o caso de Madrid por vía de exemplo. E que teña en conta as características nacionais de Cataluña, Euskadi,  e Galicia.

Transixir coas mamandurrias dos evasores fiscais  exoneradas  por este goberno coa coartada da recadación non reflicte efectos suliñables para o erario publico. A mamandurria de defraudadores,  a mamandurria enlouquecida do sector bancario, a mamandarria de determinados niveis  patrimoniais ou sicavs, a mamandurria das empresas máis poderosas con tributación inversamente proporcional aos seus beneficios… Son algúns dos colectivos máis agasallados por uns gobernantes que aparentan sentirse en boa veciñanza coa “mamandurria”  que inqueda a  señora condesa.

Tal como di a devandita “grande de España”, é necesario rematar coa “mamandurria” que por acción ou por omisión, atopa doado acomodo neste goberno. No fondo e nas formas.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s