Aquí pode pasar de todo – José Luis Gómez

Mario Draghi

O profesor Antón Costas resumiu os grandes problemas de España en poucas palabras. O primeiro problema é o elevado endebedamento, cuxa causa inicial foi máis o sector privado que o sector público; o segundo, o sobrecusto ou prima de risco que o Tesouro español está pagando para financiar ese endebedamento nos mercados privados de capitais, e o terceiro, a débil competitividade de España no mundo. A combinación de todos eses males é o que limita a capacidade de crecer e, xa que logo, de crear emprego, que é o que lle preocupa á xente.

Mellorar a competitividade depende dos españois, pero as demais cousas non só dos españois: tamén da eurozona, é dicir, de Alemaña, que controla o Banco Central Europeo coma se fose seu. Dito doutro xeito: hai unha parte da prima de risco que corresponde a España e outra ao conxunto da eurozona, polas propias debilidades do euro. Se o BCE asumise isto debería aliviar o financiamento de España, cuxa economía en recesión non pode soportar durante moito tempo custos financeiros do 6-7%. Pero, de momento, resístese a facelo e cando fala de botar unha man parece máis ben unha man ao pescozo do moribundo. En palabras do presidente do BCE, Mario Draghi, a España agárdalle unha condicionalidad “estrita e efectiva”, que se suma á asociada á liña de crédito de ata 100.000 millóns para sanear e recapitalizar o sistema financeiro. Traducido: máis axuste e, en consecuencia, máis recesión. Pero por aí non se chega a ningunha parte, por moito que haxa un segundo rescate.

Ante esa tesitura, o Goberno de Rajoy debe escoller entre máis sacrificios dos seus cidadáns para seguir no euro ou saír do euro. Para o primeiro apenas hai marxe -a laranxa está tan espremida que solta pouco zume- e do segundo ninguén quere falar, temendo consecuencias terribles en termos de empobrecimento xeral de España, froito do que sería unha depreciación sen precedentes. Solución? Alemaña. Crave a favor? EE UU e o FMI. E non por solidariedade con España, senón polo seu propio interese: a eurozona está adentrándose nunha nova recesión que ameaza á economía de EE UU, onde Obama ten pronto eleccións. Botarlle unha man a España e a Italia ten un prezo, pero aínda sendo alto pode ser inferior ao de contaminar a eurozona e EE UU, cuxa interdependencia é moi grande. O dito: aquí pode pasar aínda de todo. Irémolo vendo.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s