Outono quente – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Ao derrubo na intención de voto do PP tralo seu drástico programa de recortes falazmente agochado na campaña electoral e mesmo na sesión de investidura, acompañase  unha acelerada caída na credibilidade do goberno que perigosamente co seu  descrédito arrastra  ás principais institucións do Estado. 

O PP incrementou en poucos meses a tensión social, incorporando colectivos  alporizados ao observar que  tralos recortes, hai moito de carga ideolóxica que eles haberán de pagar. É o caso dos traballadores do sector público, nos que agás do profesorado ou os traballadores dá sanidade, tradicionalmente mantivéronse alleos ás movilizacions.


A manipulación da cidadanía desde diversos altofalantes extremistas acrecentase. Fomentando o desprezo pola política e os partidos. E de xeito moi especial aos sindicatos. Gabase sen disimulo o populismo. Gaña folgos unha dereita neofascista centrada en arremeter contra os dereitos democráticos e sociais. Demonizanse as conquistas do mundo do traballo como un estigma que frea a glorificada “eficacia” do capitalismo salvaxe frorido na máis absoluta desregulación. Mesmo algún impúdico personaxe tenta renacer da súa turbia biografía para pescar nas revoltas augas políticas.  Arremetese cunha especial acritude contra o estado autonómico desde unha solapada nostalxia do centralismo máis rancio. Agredese o municipalismo sen ofrecer  receitas racionais. Mesmo considéranse superflua a representación da cidadanía ante unha crecente febleza democrática.


Tras un verán  inquedo o goberno propoñerá  medidas mais crueis  para cumprimentar os ditados da Troika. O que de seguro levarao a requirir complicidades para impoñelas. Os elixidos serán as forzas que na primeira restauración chamábanse “dinásticas” e hoxe en expresión máis ao uso, “institucionais”. Non é arriscado aventurar que pese ao menosprezo mostrado cara elas polo Sr. Rajoy en varias ocasións, perdan a pouca vergoña que lles queda para ir na súa procura. Que non é exactamente procurar o mellor para a cidadanía. O  “rescate” dos mais febles da sociedade abonda non ser prioridade nas sisudas reflexións de tales forzas.


Nas  posicións da esquerda, polo menos aquela que goza  de máis respaldo electoral, so hai mostras de orfandade ideolóxica e estratéxica. Semellan ficar apampados na  irrealidade ou na nostalxia polas posicións de poder fuxido. A súa miopía impidelles ollar a urxencia de articular solución rigorosas para abordar a saída á catástrofe na que nos atopamos inmersos evitando que estas cheguen da man da dereita máis insolidaria de toda a Transición, esmorecendo aínda máis si cabe a cohesión social e o ben común.


A conflitividade deste  outono vai ser determiñante. Unha folga xeral no horizonte, que caso de producirse amaga ser severa. Múltiples iniciativas fronte a un goberno que mostrou con xenerosidade súa tendencia a poñer o estado ao ditado das oligarquías económicas locais e foráneas. Goberno cunha maioría legal absoluta e unha minoría moral salientable.  Un perfecto caldo de cultivo dunha crecente ira civil.


É un escenario que demanda profundar nun marco democrático. Que super a conxuntura e aborde temas de profundo calado sen resolver. Administración, territorio, forma de estado, etc… Un escenario no que e indispensable que a socialdemocracia,  ofreza unha resposta distinta dos seus comportamentos e discursos cargados de complexos e limitacións. Desvencellada do papel de escudeiro fiel sometido ás regras de xogo dos poderes económicos. Liberada definitivamente do cordón umbilical dunha transición, que polas circunstancias históricas habilitou un proceso político mais ou menos tutelado, onde  a implícita continuidade do réxime anterior tivo reflexo ata na xefatura do estado.


Seria miopía suicida non prever que sen unha fonda rexeneración democrática allea de tabús e complexos, que a presión social crecente anima un incerto desenlace. Tanto como non diagnosticar  que tras esta situación caótica agochase a realidade dun réxime caducado. Cuxo parte de defunción pode asinarse nun estourido social.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s