O verso libre era Esperanza Aguirre – Xesús Veiga

Esperanza Aguirre y Gil de Biedma

A vida política ofrece singulares paradoxos. Esperanza Aguirre utilizou, no seu día, una metáfora –“verso libre”- para descualificar ao seu rival partidario Alberto Ruiz Gallardón e, sen embargo, dende hai un tempo, ela viña desempeñando ese papel de figura heterodoxa no seo da dirección do PP. A dimisión recente certifica a plena vixencia dese rol.Mais alá das hipóteses que se realicen sobre os verdadeiros motivos da súa decisión, resulta evidente que o momento elixido para adoptala non é o mais oportuno para o PP debido á conxuntura preelectoral  en Galiza e no Pais Vasco, ademais das fortes incertidumes que presiden o actual panorama económico e social.

Nos vindeiros meses saberemos se estamos ante unha retirada definitiva da vida política ou se asistimos a un movemento táctico para evitar o desgaste que está a provocar a crise económica na elite política e regresar como alternativa ao actual liderado de Mariano Rajoy. Para esta segunda opción, Esperanza Aguirre dispón de importantes apoios mediáticos e posúe unha contrastada capacidade para sintonizar cos sectores mais conservadores e populistas do actual electorado do PP. En todo caso, se fracasara en tal pretensión non cabería descartar a eventual creación dunha nova forza política no espazo que hoxe administra en exclusiva o partido presidido por Rajoy.

Durante osúltimos anos, Aguirre construíu o seu perfil público a base dunha retórica especialmente belixerante, sobre todo en dous aspectos básicos:a estruturación territorial do Estado e a política económica desenvolvida polas Administracións. Este radicalismo verbal propiciou singulares espectáculos de surrealismo político. Por exemplo:defendeu vehementemente unha fonda recentralización que desmantelaba practicamente a letra e o espírito do Estado das Autonomias mentres usaba sen recato o capital simbólico derivado da súa condición de presidenta da Comunidade de Madrid para consolidar unha ambiciosa carreira política con destino no pazo da Moncloa.Ou tamén:presumiu a todas horas de liberalismo e, poren, non tivo reparos en practicar un obsceno intervencionismo en Cajamadrid para colocar como directivos a determinados membros do seu círculo de amizades mais exclusivo.

O azar quixo que a dimisión de Esperanza Aguirre coincidise coa desaparición física de Santiago Carrillo.Tal circunstancia pode suscitar unha reflexión a respeito do notábel cambio electoral rexistrado na comunidade madrileña no período que se abre coas primeiras eleccións de 1977. Aínda que Carrillo simboliza a unha parte da esquerda –o PCE- que non foi capaz de acreditar nas urnas o potencial apoio social que se lle adxudicaba nos inicios da transición, resulta evidente que as cómodas maiorías absolutas conseguidas por Aguirre a partir de 2003 (a pesar do grave episodio de corrupción protagonizado polos dous deputados socialistas que propiciaron finalmente o seu triunfo) certifican a existencia dun xiro copernicano nas preferencias electorais de amplos sectores desa sociedade.Aguirre poderá exhibir no seu currículo un feito indiscutíbel: personificar unha sólida hexemonía que os grupos da oposición de esquerdas non foron quen de mudar na última década. Velaí un reto decisivo para o futuro desa esquerda até agora derrotada.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xesús Veiga Buxán. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s