En cinco anos, tres millóns de empregos menos. – José Luis Gómez

José Luis Gómez

Arredor da crise, a recesión e a recuperación -tamén o emprego-, hai unha frase que se atribúe ao ex presidente de Estados Unidos Ronald Reagan. Resulta que cando en 1980 pelexaba pola Casa Branca contra o ex presidente demócrata Jimmy Carter, pronunciou un discurso onde dixo: “Sabemos que hai crise cando o noso veciño perde o seu emprego. Recesión, cando nós perdemos o noso emprego. E a recuperación producirase cando Carter perda o seu emprego…”. Probablemente será necesario que moitos ‘carters’ perdan o seu emprego para que as augas volvan á súa canle en España, onde o paro xa superou o 25% por primeira vez na historia, segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre de 2012, o principal indicador do mercado do traballo.

A EPA salgue cada tres meses -outra cousa é o paro rexistrado, que vai mes a mes- e nos últimos anos só dá malas noticias. Tanto, que bate marcas e fai historia: por primeira vez, un de cada catro españois en condicións de traballar non poden facelo, en total, 5.778.100 persoas. Outros datos relevantes da EPA non son menos desoladores: hai 1,7 millóns de fogares onde ninguén traballa e nalgunhas comunidades autónomas o paro supera o 35%. Tamén hai outra marca: a maior caída de emprego indefinido nun só trimestre, un sinal claro de que a reforma laboral non funciona.

Caben moitas preguntas ante este drama -“dentro de España dan ganas de chorar, todo son penas”, dixo o Rei, de visita na India-, pero talvez hai dúas máis fundamentais: unha, por que chegamos a esta situación, e dúas, cando e como imos saír desta. Chegouse a esta marca histórica de paro pola caída da actividade económica, resultado das crise financeira e inmobiliaria. E sairase desta cando a economía volva crecer, cousa que agora non fai, senón todo o contrario, e se é máis dun 2% ao ano, mellor, porque así se sairá antes. O cando, a data xusta, é difícil concretala, pero de entrada xa pode descartarse o que queda de 2012 e 2013, exercicios nos que o paro seguirá aumentando, ata superar probablemente o 26%. Como tamén escribín no diario La Región, poida que tamén 2014 sexa aínda un ano duro. Polo menos se do que se trata é de crear emprego neto. Non é unha opinión gratuíta: é o resultado de aplicar ao mundo do traballo as previsións de crecemento económico, que a curto prazo non haberá. Como escribiu Marie von Ebner, “cando chega o tempo en que se podería, pasou no que se puido.”

O PIB pode contraerse entre o -0,5% que prevé o Goberno e o -1,5% do informe de Funcas baseado nas previsións de 19 centros de análise económica. No medio quedaría o -1,3% avanzado polo FMI. Estas porcentaxes macroeconómicos teñen tradución na vida da xente, dominada pola deterioración das condicións de vida, cuantificadas na enquisa do INE e o aumento do desemprego que acredita a EPA. Parece evidente que na España de Rajoy se algo debería preocupar -de verdade- é o paro. Para ter máis perspectiva do asunto pode considerarse que fronte aos 20,3 millóns de persoas que tiñan traballo en 2007, en 2012 só quedaban 17,3 millóns empregadas, de modo que cada cotizante sostén a 2,72 persoas, incluído el mesmo. Un saldo de tres millóns de persoas máis no paro en menos de cinco anos. Son situacións que non poderán remediarse dun día para outro, pero canto máis se tarde en reaccionar, con políticas de estímulo, peor será. Para todos.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, José Luís Gómez. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s