As menxases das urnas – Xesús Veiga

Os resultados dos comicios galegos celebrados o pasado 21 de Outubro permiten facer diversas lecturas.Coma case sempre, as organizacións políticas competidoras tratan de salientar aqueles indicios que lles permitan manter as expectativas previamente construídas.

Neste caso concreto, a reacción triunfal dos dirixentes do PPdG é comprensíbel se a referencia que se utiliza é a comparativa entre o reparto de escanos existente na Cámara anterior e o que vai caracterizar ao novo Parlamento xurdido das urnas.Pero se a mirada é sobre a evolución das porcentaxes de apoio experimentada polo partido de Núñez Feijoo as conclusións son diferentes.A perda de mais de 100.000 votos, centrada fundamentalmente nos núcleos mais urbanos da xeografía galega, é ilustrativa da desafección rexistrada entre aquelas persoas que no ano 2009 e o 20 de Novembro do ano pasado confiaron nas promesas do PP como ferramenta para enfrontar a grave crise que está a sufrir o corpo social.Co mesmo nivel de apoios, Manuel Fraga non foi quen de revalidar a maioría absoluta no 2005 e tivo que dar paso á formación dun goberno alternativo.Naquela ocasión, contrariamente ao que sucedeu agora,  PSdG e BNG obtiveron unha suma de votos superior e non padeceron os efectos dunha abstención que si erosionou a fortaleza electoral do PPdG.

Tense afirmado, con razón, que Núñez Feijoo edificou a súa recente vitoria sobre as divisións internas vividas pola oposición.O Partido Socialista e o Bloque chegaron á cita electoral cunha imaxe moi deteriorada:a súa incapacidade para gobernar a respectiva heteroxeneidade endóxena hipotecaba seriamente o seu crédito como forzas xestoras dos graves problemas existentes no tecido social.Por se iso non fora suficiente, a presenza de AGE acrecentou a incertidume sobre a viabilidade dunha futura coalición de goberno e provocou unha polarización entre Beiras e Feijoo que xerou importantes beneficios electorais para ambos.

Aínda que falta unha análise demoscópica que permita establecer conclusións definitivas sobre as motivacións que explican o comportamento do electorado o 21-O, pódese pensar nunha correlación entre o maior impacto da crise nas áreas urbanas –co evidente empobrecemento das clases medias- e a perda de influencia do partido que dirixe hoxe as políticas que se executan dende a Xunta e dende a Moncloa.E tamén resulta necesario engadir unha cuestión non menos relevante:o electorado penalizou as carencias que presentan as forzas da oposición á hora de crear o clima de confianza necesario para sustentar unha alternativa gobernamental que recupere o prestixio para o mundo da política e ofreza novas fórmulas para enfrontar o crecente proceso de desigualdade social derivado dos ataques sufridos nos xa modestos estándares de benestar social.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xesús Veiga Buxán. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s