FELIZ NADAL? – Antonio Campos Romay

Amandine Aurore Lucie Dupin, tamén coñecida polo pseudónimo George Sand e os seus amores con Chopin, escribía nunha das súas obras, “pobres traballadores, sempre a vosa loita é contra quen persisten en dicirvos, traballade moito para vivir peor”…Plena actualidade pese a ser escrita fai case dous séculos. Fíxoa súa o prócer da patronal nunha predica campanuda desde o púlpito da CEOE antes de ter grillons nos pulsos “hai que traballar máis e gañar menos”. É unha imaxe da crise. A outra é Don Mariano, o señor Presidente que pecha o seu primeiro ano pouco triunfal na Moncloa.

Este Nadal vai ser o máis tristes en anos. Un país empobrecido. Sen horizontes. Fogares angustiados do que depara, non o futuro, senón o presente. Mozos en risco de tomar atallos de saída máis que dubidosa. Os “ni-ni” empezan a ser unha sombra de dimensións incontrolables que asolaga o futuro dunha xeración. Como nos anos de chumbo novamente a emigración é camiño obrigado para os que xa non teñen porta na que chamar. Os maiores escrutan nos telexornais a navalla que vai a segar as súas pensións produto de décadas de traballo e das que depende en moitos casos o sustento de fillos e netos. Outros saltan pola  fiestra para rematar unha vida rota empurrados por unha legalidade inhumana, a avaricia insaciable dos banqueiros e a pasividade dos que din representalos.

Os indicadores económicos nin mostran brotes verdes nin mais luz ao final do túnel que as cínicas alucinacións de quenes debérase esperar cordura e rigor. O país desfílachase. Afúndese. Os estafadores rolan sen control. O ministro Montoro, “risiñas”, anuncia que publicará as listas de defraudadores…pero non que vaiaos  levar ao banquiño e facelos responder dos seus delitos. Coñéceos abondo, pero adurmiña a actuación dos corpos especializados en actuar sobre eles nunha hipócrita dobrez dolosa.

Os que detentan as institucións acadan niveis de desconfianza descoñecidos desde que usase a demoscopia. Chamados a exercer o liderado moral nunha situación dramática por ter delegada a xestión do ben común, mostran unha talla pouco acorde co momento. Xeitos de truáns, abuso de coenxías desinformación, desviación do trascendente a prol do anecdótico. Circo en ausencia de pan.  Hipertrofianse talantes “patrióticos” en quen o patriotismo midese no volume das súas rapiñas. Ampulosos defendendo unha Constitución na que non creen, que non cumpren e que moitos nin votaron. Usana para zorregar aos que habendo loitado por ela, hoxe conscientes das súas limitacións albiscan a necesidade de reformala para que siga sendo útil. Agróma do baúl o nacional-catolicismo e desvalorizase a política. Estase a criar un caldo de cultivo, antesala do fascismo, que con caretas diversas pugna por infectar a política europea sen que a nosa sexa unha excepción. Na ecuación suma un sistema de partidos obsoleto. Debendo  ser columna vertebral do sistema democrático, fican pervertindo o seu autentico sentido. Mais semellan un calco da primeira Restauración. Bipartidismo preponderante con sistema de quendas e escasas diferenzas, ao amparo dunha lei electoral ad hoc que sosten o poder omnímodo das cúpulas afastando ao cidadán do poder decisorio real.

Feliz Nadal?…Ogallá¡ É ógallá como canta Pablo Milanés, “renacerá mi pueblo de su ruina/ y pagaran su culpa los traidores”…Por certo, seguirá o Xefe do Estado dicindo na súa mensaxe navideña que a xustiza é igual para todos?…Boh ¡… acouge Dona Cristina…Aquilo só foi unha arroutada…

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s