Europa paga a pena? – Antonio Campos Romay

Moitas voces reclaman que o porvir político, económico e social da U.E., que naceu inspirada nos valores instaurados no século XVIII, Liberdade, Igualdade e Fraternidade, con vontade de custodia dos mesmos, e como sostén definitivo dunha paz que de xeito cíclico e atroz víase violada, recupere as súas esencias. A inxente tarefa de construír unha nación de nacións, baseada no ser humano como protagonista, non pode nin debe distraerse por camiños que a afasten da súa razón de ser: unha Europa dos cidadáns. Tan lonxe dunha Europa dos mercadores como dunha Europa non homoxénea social e económicamente. Dividida por esa liña perversa, norte sur, tan despectiva para unha das dúas aliniacións.

Demandase abundar como  obxectivo común, a defensa e promoción dos valores e os principios dos cales a Europa civilista e culta séntese depositaria: a dignidade, a liberdade e a igualdade dos dereitos de todos os seres humanos. Competente no progreso moral e material destes así como na mellora social, económica, cultural e política das sociedades. Todo iso sustentado en alicerces como o reforzo da democracia, do laicismo entendido como liberdade absoluta de conciencia e a separación institucional das confesións e os poderes públicos. Unha acción de goberno compartida, democrática e transparente, que permita unha maior xustiza e unha solidariedade concreta cara ao suxeito dela, a cidadanía. Un espazo común que garanta sen subterfuxios o acceso á educación, a sanidade e a protección social sen discriminación por orixe ou economía. Garante de que estes soportes básicos da calidade de vida dos pobos non caian baixo a presión da voracidade mercantilista. Onde a igualdade entre homes e mulleres pase do papel ao cotián con naturalidade.

Unha Europa dos pobos e dos cidadáns que inxerte o individuo na sociedade. Que o emancipe de credos impostos por herdanza e non por convicción e onde a liberdade de conciencia sexa un feito real.  Que propicie o achado de valores éticos compartidos entre diversas  crenzas e conviccións como argamasa de respecto e tolerancia. Que de froitos a través de pautas de conduta hábiles na construcción da convivencia.

Teñen os dirixentes europeos conciencia da amplitude do reto? Acollense estas visóns os diferentes estados nunha óptica paneuropea viciada pola hexemonía da presión do globalismo económico? Teñen estes dirixentes máis aló do economicismo subordinado a intereses extracontinentales, previstas accións onde caiban o humanismo e a cidadanía como datos substantivos? Seria alarmante ollar que hoxe estamos máis lonxe que onte dunha política global europea respetuosa coas necesidades dos cidadáns mentras estas se diluen baixo o imperio da especulación. Ou que o sinai de identidade sexa  a moeda única deturpando as políticas sociais.

Europa paga a pena? Ou estamos hoxe menos preto que onte desa Europa federal ou confederal, garante de dereitos e liberdades, onde a cidadanía deixe de ser unha mera coreografía para converterse de pleno dereito no eixe do proxecto común?

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s