Unha crise económica, política e ética – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Unha parte importante da cidadanía está atónita que ante as penurias que acumulanse sobre o panorama español non se poña como prioridade o rescate dos cidadáns. E que para ese efecto non se utilicen os inxentes recursos que se desvían para amparar as trampulladas e tropelías dunha parte significativa do sistema financeiro. Ante un escenario onde as carencias dan paso de xeito perigoso á pobreza, indigna a subordinación que implica delegar o futuro en mans dun reducido grupo de especuladores que reiteradamente antepoñen os seus intereses ás necesidades do país no que realizan as súas operacións, sempre lucrativas, a troques de esmagar calquera proxecto de crecemento xerando unha brecha critica de desigualdade na distribución da a renda.

Decote medra a complicidade en tales feitos do goberno de dereitas, homologo a outros do espazo europeo. Un goberno do que os únicos brotes verdes que percíbense, son os dunha cidadanía cada vez menos libre de expresarse, onde repunta a intolerancia cultural, relixiosa e ideolóxica, e a discriminación racial ten campo abonado. Onde o mundo do traballo perde dereitos progresivamente e desprestixiase ás centrais sindicais. Onde a democracia empobrecese cun sufraxio adulterado por unha lei electoral obsoleta que procrea a conciencia de que estase consagrando un réxime político cun parlamentarismo que funciona como poder mediatizado da soberanía popular.

Hai un clima de impotencia ante un poder xudicial que estimase dependente de aspectos alleos ao seu propio exercicio. E nunha  certa analoxía  co caso chileno desde 1981 naquel país e desde 1978 no español, rexe unha carta constitucional nada dun pacto complexo, compracente coas necesidades dunha oligarquía política devinda en gran medida da ditadura, e elaborada baixo a longa sombra dunhas FFAA con dubidoso espírito democrático naquel intre histórico. No caso chileno rexistráronse sucesivas modificacións, a última en 2005, para mudar a fisionomía de orixe. Aquí, aínda recoñecéndolle a súa utilidade para rachar o nó gordiano que ataba ao pasado, mantense incólume e é coartada para frear as demandas sobrevidas polo crecemento dunha sociedade que  fíxose adulta.

O labor do goberno español, e  a das forzas conservadoras gobernantes en Europa, baixo a dirección nada sutil da Sra. Merkel, non é posible dicir que este entregada á tarefa de instaurar unha democracia social, na que a actividade económica responda ás demandas públicas e non en exclusiva lucro privado. Hai un serio retroceso dunha clase media que foi moi válida como elemento de cohesión social, e que hoxe vese desprazada a zonas de depresión por unha  política ao servizo da consolidación de criterios de liberalismo radical. As outrora socorridas depreciacións monetarias, hoxe imposibles, trócanse en depreciación do país con dramáticas consecuencias. O afogo financeiro dada as características  da economía española tradúcese nunha severa limitación das nosas posibilidades e iniciativas. Sufrimos as consecuencias destas medidas, proxectadas  na vida diaria da cidadanía e no deterioro da convivencia política. España e un país en gran medida enleado por intereses foráneos cunha economía extremadamente sensible ante a conxuntura externa. Millóns de persoas son forzadas a vivir en condicións de precariedade económica e de paro real ou encuberto. O único que emerxe cada día que pasa é desanimo e desconcerto á hora de enfrontarse á mediocridade imperante, aos delitos económicos e ao saqueo do publico.

O comportamento  do gran capital transnacional non só atenta libremente contra os intereses xenuínos dos países en desenvolvemento, senón que a súa acción desregulada e incontrolable tamén dana a países presuntamente industrializados, onde suponse situámonos. A cidadanía séntese inerme vendo como asíntanse as súas actividades que son cativamente fiscalizadas polo Parlamento, ou por institucións representativas do interese colectivo. Nunha palabra, é toda a estrutura política a que está sendo socavada. Si é unha crise económica. Pero tamén política  e ética. Só un inmenso reto de solidariedade, de rexeneración moral e un xigantesco esforzo que poña en valor a conciencia cívica pode facer fronte ao sinistro cerco que está desnucando o interese público.

Iso, e a conciencia de que os grandes valores que a Humanidade amoreou no seu devir terán que prevalecer e non poderán ser destruídos. Tal o pensaba o presidente chileno D. Salvador Allende. Hoxe adquire pleno vigor.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s