Cadernos de Viaxe – Xoán Antón Pérez-Lema

Xoán Antón Pérez-Lema

HA ABDICAR.

A alta probabilidade de que o Rei renuncie nos vindeiros meses está moi vencellada á depreciación pública da súa figura e ao desgaste da propia Institución, sometida aos furacáns Urdangarín, Botswana e Corinna. Mais o que non se adoita salientar na mesma medida é a evidente conexión entre o devalo da Monarquía e o dos alicerces esenciais do réxime da transición, entre eles a ocupación bipartidista do Poder, o modelo partitocrático de elites cada vez máis pequenas que dirixen burocracias cada vez máis grandes, o afastamento da política a respecto da cidadanía e máis a aposta por un capitalismo castizo de BOE, baseado máis nas prácticas de avantaxe nas  empresas reguladas do IBEX 35 ca  nas regras dunha  economía eficiente e dunha libre concorrencia empresarial na que moitos  dín acreditar e poucos  defenden .

Xa que logo, a decadencia da Monarquía reflicte tamén a decadencia dun sistema político-institucional que xa é moito máis un problema ca unha solución e atópase absolutamente esgotado para estruturar a nosa convivencia cidadá. Velaí que unha abdicación poida ser vista por sectores do PP e do PSOE como unha medida de axuste lampedusiano que permitiría sobrevivir, no esencial, este modelo esgotado.

Mais semella que, monárquica ou republicana a saída, é obrigada unha fonda reestruturación do sistema xurídico-político, nomeadamente no que atrnxe aos valores de transparencia e renovación democrática, á viabilización do Estado de Benestar  e ao recoñecemento e garantía da plurinacionalidade do Estado.

Calquera outra saída non sería máis ca  un remendo.

 A ARRINCADEIRA: QUE AURELIA FIQUE NA SÚA CASA.

Aurelia ten na súa contra unha sentenza definitiva. Mais os acontecementos vividos nos últimos días e a propia inxustiza e inconveniencia social  do seu desafiuzamento haberían facer reflexionar ás dúas partes en litixio para tentar un acordo que garanta por riba de todo o dereito á súa vivenda por parte de Aurelia Rey, ou polo menos o dereito a unha vivenda digna na súa contorna.

O que a ninguén lle pode convir é o espectáculo dun desafiuzamento “manu militari” ou a adopción de medidas contra uns bombeiros que só cumpriron co seu deber de servidores públicos.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s