O debate dos surfeiros – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Chamáronlle o debate sobre o Estado da Nación. Magoa non o fora pois era o momento oportuno para tal. Ficou apenas nunha xuntanza de surfeiros cabalgando sobre as ondas que axitan o pais sen deterse a ollar o que hai baixo as augas.  Nun intre no que o que menos fai falla son surfeiros voando por riba das ondas para fuxir na súa espuma  dunha realidade que nin atinan a acoutar. O que necesitamos urxentemente son mergulladores expertos. Con pulmóns enchidos de dignidade cívica, animo de xustiza e sentido de estado. Que baixen ao fondo do mar para acometer a problemática que latexa baixo unha superficie enganosa.

A sociedade  española  acumula ao longo de varias décadas éxitos notables en educación, saúde,  cultura democrática e un razoable grado de integración social. Mais desde fai un tempo,  acelérase no ano e medio derradeiro, a cidadanía  sente que a sociedade na que viven esfiase sin remedio. Pendurando entre a pobreza absoluta e nada ideoloxica.  Baixo esa superficie que comeza a ser de mar picada, hai un macrocosmos palpitando cada día con mais desacougo. A súa vida discorre de costas a eses surfeiros enfundados nos seus traxes de neopreno que os fai impermeables a realidade cotián. Enguedellados na absurda regueifa do “e ti mais”, desafio que descualificase cando percebese que no fondo non pasa de simulacións sen animo de mancarse…

As rúas mostran unha cidadanía farta da charada duns partidos que dende as súas maiorías monopolizan por vía dunha lei electoral a medida, o poder. Que asolagan todo o corpo institucional nun reparto que fai que ningún organismo do estado e dos contrapoderes previstos sexa alleo a mediatización das directivas partidarias. Cando certo persoeiro que cada dia resulta mais atrabiliario afirmou que “Montesquieu había morto”, sabia ben do que falaba. E ó mesmo que lixaba a democracia ameazando, e non de balde, que “o que se mova non sae na foto”. Do que se gababa tal dirixente  era de botar terra  sobre o que Montesquieu propuxo no século XVIII: a división de poderes, executivo, lexislativo e judicial. As bases fundamentais dun estado democrático.

A fenda entre a cidadanía e os políticos que contra vento e marea non se apean dos seus comportamentos atrincheirados no oligopolio que representan, debilita unha democracia xa murcha abondo. Algo que non contibue a mellorar a pantomima deste debate insipido desenvolvido no Congreso, cativo de interese tanto polo que se dixo como polo se calou.

A sensación e que as maiorías da Cámara van ao seu aire, de costas a realidade. Que son teimudas facendo oídos xordos as voces que advirten que o percorrido iniciado na Transición esgotouse. Cada vez érguense mais voces que reclamando en principio a  reforma constitucional, non desbotan a posibilidade dun proceso constituínte. Esta  Segunda Restauración, calco “turnista” da Primeira, esmorecese ficando consumida.por razóns moi similares. Un sistema electoral con escasa capacidade de conectar ao elector e ao electo, corrupción sistemica, bolsas tráxicas de marxinalidade, fendas sociais severas, deterioro institucional…Incluso o mesmo descrédito da xefatura do estado en mans dunha familia que esforzase en trasmitir  a cotio mensaxes pouco edificantes. Precisamente os que teñen a maior cota de responsabilidade, son os que deberan ter presente unha frase de Xoan Pablo II, “a democracia debe ir acompañada de virtude”.

A resposta esta nos beizos de centos de milleiros de persoas nas rúas. Protestan amargamente ante o a visión dun país empobrecido de xeito vertiginoso. Desvertebrado e pasto de discusións cruzadas.  Desvalorizado ao non poder depreciar a moeda. Con millóns de parados, e mais dun  millón de estafados por uns dirixentes bancarios que gozan de absoluta impunidade. Dunha fractura da xustiza, asequible para poucos, e lonxe para moitos. Os xoves comproban na súa pel que todos os camiños conducen ao INEM… Vagas de cidadás esixen, aínda con temperanza, – por canto tempo? -,  enfrontar  sen máis dilacións dolosas o que deixase unha vez tras outra sobre o tapete. Por preguiza politica, pola súa incomodidade, polo súa suposta inoportunidade ocasional, ou simplemente porque país en que se pretende converter España,  vailles “de doce” para as súas tropelías.

A guinda da semana pona  o conselleiro de Presidencia, Xustiza e portavoz do Goberno da Comunidade de Madrid, Salvador Vitoria. Sumase a unha peligrosa tendencia de desprezo a cidadania mostrada por dirixentes conservadores, cuios exemplos mais proximos estarian no mensaxe aos parados da deputada popular Sra. Fabra,… ¡que se fodan¡…, ou o ex –tesoureiro/senador, Sr. Barcenas e a súa peineta a todo o pais nun aeroporto. Neste caso, o portavoz do goberno madrileño insulta a os que expresan o seu malestar na rúa  chamándolles golpistas…Os golpistas  do 23 F,  Sr. Vitoria, uns pagaron penas levadeiras, e mais de un saíu de rosiñas, ascendeu e seguiu cobrando do erario público… Os golpistas de hoxe, os financeiros, saen forrados…. Eses son os golpistas… Os demais, son xentes que  teñen que apertar o cinto ata o indicible para mantelos…E por iso, á súa conduta, só cabria calificala cunha referencia bíblica,  “santa indignación”.

Este debate de surfeiros que tivemos que padecer e outra oportunidade perdida. E tal como foi, perfectamente prescindible. E de seguro, surfeiros por surfeiros, e moito mais grato o espectáculo que ofrecen na Enseada do Orzan as mozas e mozos que alí o practican…Entre outras cousas porque fano  a peito descuberto e con gallardía.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s