Cadernos da viaxe – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

DON´T YOU WANT ME, BABY.

Nunca fun persoa extremista nas cuestións lingüísticas e  mesmo teño sido criticado por-seica- ser morno de máis neste asunto. Sempre confiei-e sigo a confiar- no que atinxe a promoción do galego  nas ferramentas da convicción e respecto ás persoas e na obriga a respecto das Institucións. Ás persoas se lles ha tentar convencer e ás Institucións hai que lles esixir o máximo compromiso coa Lingua.

Coñecimos hai días a nova, malia que ocorrise no 2010, de que un Secretario de Xulgado non galego que leva varios anos vivindo en Galicia pedira a nulidade dunha multa de aparcamento do concello pontevedrés pretextando que non entendía un sinal que dicía “prohibido estacionar, agás de x a y”. E este feito sobarda todas as convencións da boa convivencia. Porque, como defende a maxistrada vasca Garbiñe Biurrun, esta caste de comportamentos  son merecentes de reproche por falla de civismo e de cidadanía democrática . Porque xa non é defender o “non me interesa deprender a vosa lingua” senón que o que se nos di é “non vos quero” e “a vosa lingua é un dialectiño no que non se pode escrebir nada que sexa científico nin normativo”, E iso, amigos e amigas, élles moi perigoso se o dí  un Secretario de Xulgado ou, en xeral, calquera funcionario público con certo mando.

Velaí que sexa urxente unha modificación normativa que acade a plena igualdade entre galego e castelán no que atinxe ao deber de coñecemento e, sobre todo, para que ningún residente poida pretextar descoñecemento do galego. E para isto abondaría con levar a Lei de Normalización do 1983 até o límite de constitucionalidade que determinou o TC canda o “Estatut”. Tampouco viría mal unha meirande comprensión  da xurisprudencia a respecto da necesidade de normalizarmos o uso da lingua.

A ARRINCADEIRA: O Dépor si pode.

Fernando Vázquez ten un plan. Semella que as vindeiras xornadas do calendario poderían traermos esa arelada redución da marxe de  puntos precisos para chegarmos aos níveis da supervivencia. Mais o obxectivo da Lei Concursal é a sobrevivencia das empresas. As posibilidades de sobrevivencia do Dépor dependen nomeadamente de mantermos a categoría. E isto, dende logo, de que os empregados e xogadores cobren e de que os embargos todos fiquen sen efecto.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s