Na corrupción e na coacción tamén hai clases – Xosé A. Gaciño

Xosé A. Gaciño

Debe de ser cuestión de estilo, de clase, ou simplemente de poder. Hai corruptos (ou presuntos corruptos, para non faltar innecesariamente) que abren contas en Suíza con toda facilidade e elegancia. E hai corruptos igualmente presuntos (aínda que, segundo qué medios, a estes xa se lles da por condenados) que gardan o botín debaixo dun colchón ou improvisando un zulo na finca do seu pai: os seus contactos (e o seu descoñecemento das finanzas internacionais) non dan para máis, ou quizais son pioneiros dun comportamento que ao mellor hai que empezar a practicar, polo menos no ámbito da Unión Europea, á vista de que as autoridades europeas están empeñadas en que, cando un banco ten problemas, pague todo o mundo menos os executivos que levaron o banco á ruína (despois das intencións declaradas polo presidente do Eurogrupo, que o goberno alemán quere poñer en práctica canto antes, pode ser máis conveniente sacar o diñeiro dos bancos antes que converterse en refén de banqueiros incompetentes).

Pero estábamos na cuestión do estilo. Fronte á elegancia e a meticulosidade coa que se desenvolven moitos dos ladróns de dereitas (que, se facemos caso aos clásicos marxistas e anarquistas, se remontan ás orixes da propiedade privada), a improvisación chapuceira da maioría dos ladróns de esquerda (falta de experiencia e de estudos en escolas de negocios). A uns apenas se lles nota o acceso a fondos públicos, a través dos seus circuítos de doazóns, comisións e concesións indirectas, con sociedades interpostas e percorridos difusos por paraísos fiscais. A outros parece que non se lles ocorre outra que asaltar directamente os orzamentos públicos e repartirse os beneficios inmediatos, sen enxeñerías financeiras que poidan multiplicar as expectativas e diluír moitas responsabilidades. 


Nótase tamén nas consecuencias. Os presuntos corruptos de dereitas soen saír mellor librados do seu paso pola xustiza, quizais porque teñen mellores avogados ou porque teñen unha máis dilatada experiencia nas sutilezas coas que camuflan as súas actividades (e non serei eu quen engada que poden contar con máis comprensión entre unha boa parte dos xuíces, ate agora tradicionalmente conservadores na súa maioría, porque entendo que, para ter sentido da xustiza, non é necesario ser de esquerdas). Os seus electores, ademais, parecen moi comprensivos ante as súas irregularidades e apenas sofren desgaste nas urnas por este motivo.


En cambio, os corruptos de esquerdas acumulan máis condenas e non precisamente porque as acusacións sexan máis graves, aínda que sempre rematan por ser máis escandalosas, quizais porque renxen máis eses comportamentos entre os presuntos representantes dos máis desfavorecidos e en parte tamén pola predominancia conservadora (nestes momentos, case absoluta) nos medios de comunicación. E son máis castigados polos seus electores, que parecen ter unha esixencia ética maior da que parecen demostrar os electores da dereita, xeralmente cun sentido máis pragmático respecto do exercicio da política. 


Pero a corrupción é corrupción, sexa quen sexa o que a practica e o xeito co que a practique. E non basta con condenas xenéricas e abstractas. Os que gobernan e os que nos representan deberían ser enérxicos e inflexíbeis con ese tipo de condutas (e con outras, por exemplo as que provocaron a crise financeira que nos paraliza) e só despois de mostrar esa enerxía contra un dos delitos máis graves que pode cometer un político terían dereito a queixarse de que a indignación cidadá lles acose. No acoso, por certo, tamén hai unha cuestión de estilo e de poder. Algúns só teñen o recurso do pateo (na rúa ou na porta dos que deciden) e son acusados de pretender coaccionar aos representantes do pobo. Pero os que realmente teñen poder de coacción (e contas en todos os paraísos fiscais) non necesitan facer ruído: bástalles unha chamada telefónica.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s