Volver a empezar… – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

“Volver a empezar” foi a primeira película española en fala non inglesa que conseguiu un Óscar. Os críticos, masacrárona nunha primeira aproximación, “cagando sentenzas” que diría un castizo coa frivolidade pomposa de quen o seu talento mídese por lareteos fachendoso e a falla de mesura hacia o traballo alleo. O veredicto das “taquillas” xunto co premio deixaron no luar que merecía a obra de Jose Luís Garci, que nos conta a vida dun exiliado que a morte de Franco volta a súa cidade natal para reencontrase co deixado  atrás e o amor da súa xuventude. Para entón “os críticos” dábanse cos talóns non cu para acadar as primeiras ringleiras de louvanzas ao  director asturiano. E fermosa a dedicatoria que no remate da película ofrece Garci : «Quero render homenaxe aos homes e mulleres que empezaron a vivir a súa mocidade nos anos trinta; e en especial, aos que aínda están aquí, dándonos exemplo de esperanza, amor, entusiasmo, coraxe e fe na vida. A esa xeración interrompida, grazas».

Non filme o cancro do protagonista pecha horizonte posibles. Referido ao momento político actual a sensación que se ten e que tras o paso de PP polas institucións exercendo como meritorios entusiastas dos intereses xermanos e particulares da Sra Merkel, e que tras eles haberá que “Volver a empezar” En tal medida que nalgúns caso atopariamonos coa necesidade de recuperar  reivindicacións que neste pais facíanse nos anos 30. Compre lembrar algúns parágrafos e puntos dun manifesto que co galo do 1º de maio facían publico as Comisión Executivas do PSOE e dá UGT asinadas por Juan Simeon Vidarte non nome do Partido Socialista e de Francisco Largo Caballero pola UGT…A data do documento era 18 de abril de 1936.


No segundo paragrafo do comunicado dicíase…“O capitalismo de hoxe, e un montón de ruínas dunha economía anarquizada que morrese de vella, criminal e cobizosa. Os seus progresos, casados coa miseria, enxendraron un exercito de parados que están amasando con bile e con sangue o cativo anaco de pan que disputase a Humanidade en guerra civil, sen tregua, sen piedade e sen outro indicio de redención que o socialismo, convertido de formula teórica, en realidade social”


Outro paragrafo iniciase do seguinte xeito “unha noite de martirios materiais e de sufrimentos morais e o momento actual español”…


Nas aspiracións que reclamaba o documento recollense :


6.- Represión implacábel da usura…


7.-Diminución das rendas abusivas


8.- Extensión do crédito agrícola


9.-Derrogación da Lei de Arrendamentos e promulgación dunha nova e revisión dos desafiuzamentos

13.-Xornada máxima de 40 horas

17.-Castigo do “DELITO DE ENVILECEMENTO DO SALARIO”. 


22.- Acceso da xuventude obreira as aulas universitarias


23.- Ensino profesional e axuda económica a xuventude que a reciba.


Polo o camiño que nos leva o este goberno, doméstico de, ou domesticado pola Sra Merkel e a “Troika”, o dramático non será “Volver empezar”… O dramático, e que para entón para este país, coma ao protagonista da película o futuro haberá deixado de existir consumido polo cancro dun capitalismo salvaxe, insaciable, con cara teutona,  reencarnación de Eris,  deusa grega da Discordia, enfrontada sempre coa Harmonía e coa romana Concordia.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s