Falemos de emprendedores – Xoán Antón Pérez-Lema L.

CADERNOS DA VIAXE.

Bó sería que Galicia for o país europeo onde máis doado fose fundar unha empresa, respectando sempre á legalidade administrativa, ambiental, fiscal e laboral. A dereita e a esquerda españolas nunca miraron pola empresa. O capitalismo español foi históricamente un capitalismo alicerzado no BOE e esta situación non mudou, mesmo afortalouse, coas privatizacións de Felipe González e Aznar-Rato, que consolidaron un núcleo de empresas reguladas e moi politizadas, que sobrancean no IBEX 35 canda bancos e distribuidoras eléctricas.

Mais detras dalgunhas propostas pro-emprendemento empresarial agáchase unha trampulleira maquillaxe das porcentaxes do desemprego  para reduciren as prestacións. Non se lle pode própór a ninguén, con só 3000 euros de axuda e unha cota de SS de 50 €/mes algún tempo, que emprenda un proxecto empresarial para o que non conta con formación nin vai contar con financiamento. A aventura remataría nun ano coa expulsión do mercado dese falso autónomo, seica lastrado cunha débeda importante sobre o seu patrimonio e o dos seus máis próximos.

Promover o emprendemento obriga a outra caste de políticas. Obriga a moderar as cotizacións da SS para as pemes e a só percebir o IVE destas cando se cobre. Obriga fornecer de instrumentos de formación empresarial continua que permitan coñecer os mercados e albiscar as oportunidades. E, nomeadamente, debe fomentar colaboracións e sinerxias entre emprendedores. Sós non podemos, ao mellor con socios si. E a economía social, coas súas cooperativas e sociedades limitadas laborais, estase a revelar como un eixo transversal que destrúe moito menos emprego ca a grande empresa capitalista, por exemplo. Estase a revelar como un muro á destrución de emprego, polo menos na nosa Galicia.

Promovermos o emprendemento, si. Mais sen nos enganar con falsas cadraturas do circulo.

A ARRINCADEIRA: O ABSURDO LOCALISMO.

O descenso non ten doada solución, agás confiar nunha nova equipa alicerzada no adestrador-Fernando Vázquez-que nos devolveu a ilusión e nesta afección, a mellor da Europa. Parabéns ao Celta, que demostrou ter unha afección maioritariamente galega e deportiva, agás excepcións lamentábeis.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s