Pero que broma é esta? – Pablo González Mariñas

A reforma auspiciada por Mariano Rajoy e o PP e presentada como “administrativa” e “aforradora” nin é administrativa nin aforra cartos. Non responde a verdaeiros criterios de racionalidade, economicidade e eficiencia. As medidas que se adoptan ou se propoñen polo Gobewrno central non tocan en absoluto o problema central do entramado administrativo do noso país: a superposición de niveis de administración tarritorial, a súa uniformidade estúpida, a exclusión  da capacidade das Comunidades Autónomas para internalizar a Administreación local e darlle corpo propio, a treimudez do Estado en manter as provincias como intrumento de contrapoder autonómico… Nin se fala sequera do excesivo número de concellos, inviables en moitos casos (hai concellos en España de tres ou catro habitantes!) e de imprescindible reordenación mediante unha política de agrupamento ou fusións selectivas. Non se fala tampouco da supresión das Deputacións provinciais, malia a conciencia xeralizada da súa inutilidadxe e da súa praxe con frecuencia caciquil e clientelar cando non abertamente corrupta. Non se fala da supresión de entidades de ambigüa natureza xurídica, dacablo entre o púiblico e o privado e difícil control económico, ou de sociedades mercatís creadas polas Administracións públicas para fuxir da aplicación do Dereito público.

Non se fala da lóxica supresión dos Ministerios que, como o de Cultura, carecen de competencias por estar trasnferido o ramo ás Comunidades Autónomas…  Si, en troques, propónse, porque non se pode impoñer, aínda que si coaccionar dende o Ministerio de Facenda polo impresentable e montaraz  ministro Montoro, a reducción do número de deputados dos Parlamentos autonómicos, a supresión dos Consellos de Contas das Autonomías e a eliminación dos Valedores do Pobo…  Advírtase, porén,  que estas son institucións, son entidades, non órganos administrativos; entidades de orixe e lexitimación estatutaria que, dende a auctoritas democrática que lles da a súa dependencia parlamentaria, exercen funcións de control sobre as Administracións públicas. Na súa pretendida supresión non hai reforma administrativa, senón contrarreforma política. A súa supresión busca conseguir: menos control político (Parlamento), menos control económico (Consello de Contas) e menos contro social (Valedor do Pobo). En definitiva, unha Administración de mans libres na que sexa difícil ou imposible a interdicción da arbitrariedade, do abuso ou da corrupción. Vai ser máis eficaz e eficiente esa Administración? Depende de para que. Para o obxectivo político do PP de ir desmantelando a urdime institucional das Autonomías en aras dunha centralización rampante, si. Para a racionalización da aparataxe administrativa e a para o aforro de gasto inúltil, no. Un só dato: Rajoy di que co seu plan aforraremos 8.000 millóns de euros. Coa supresión ou sustitución racional das Deputacións por un organismo pereecuador, sen deputados nin cohortes de asesores presidenciais, sen dietas e sen audis oficiais, calcúlase que se aforrarían 22.000 millóns. Ah!, pero isto non, que faríamos cos “paniaguados” do partido e da presión laboiral do emerxente colectivo das novas xeracións, mocidades ou xuventudes? Hai moitas cousas malas a depurar na política. Pero quizáis a mentira, a hipocrisía, a doblez, o sementar estados de ánimo na opinión pública (neste caso contra as CCAA) para logo aplicar escuramente a demagoxia, emboscada en forma de aforro, é máis ca unha canallada; é unha insoportable broma digna de Rabelais Rajoy Brey.   

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Pablo González Mariñas. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s