A corresponsabilidade do accidente – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

Cadernos da viaxe.

É cedo de máis para calquera conclusión definitiva a respecto do complexo causal que xerou a catástrofe da curva d’A Grandeira. Mais as decisións adoptadas nos últimos días por ADIF e RENFE e as caixas negras son ben elocuentes. Semella que existiu,si, un erro humano, mais este erro humano nunca xeraría por si só o accidente se a seguranza do comboio e do camiño de ferro fose a axeitada. En último de contas,  co  moderno sistema  europeo ERTMS o accidente non sería posíbel porque o sistema frearía o tren.

Como explicarmos, se nón é así,  a decisión de ADIF de activar axiña un complexo sistema, recomendado polos expertos que conforman a Comisión ministerial que pescuda o accidente, de freado automático na curva cando a velocidade sobarde os 60 kms./h e o maquinista non actúe .


A decisión é asisada. Mais chega tarde. Cando abrollou xa a convicción de que os Gobernos de Aznar-Cascos,  ZP-Blanco e Rajoy-Ana Pastor aforraron en seguridade. Como se  Galicia non precisase, por algunha extraña causa, da seguranza integral que desfrutan os AVES a Valladolid, Valencia, Sevilla ou Málaga.


Velaí a razón do nerviosismo dos Presidentes de ADIF e RENFE ao acusar en exclusiva ao maquinista Garzón. Éste enfrontará un proceso penal no que, sen prexuizo da súa presunción de inocencia, aparecen pegadas dun comportamento irregular que podería ser constitutivo de delicto. Mais o dos Presidentes de Adif e Renfe é de puro cinismo político. Non poden seguer un día máis en cadanseus postos. 


Os Gobernos do PP e PSOE toleraron unha seguridade desaquelada no traxecto. E un erro humano puido facer  o resto, cando o sistema estaba pensado para que a vida dos pasaxeiros non estivese exclusivamente nas máns do maquinista Garzón.


A ARRINCADEIRA : LÁSTIMA DE BOIS.


A Coruña coñeceu unha feira taurina absolutamente orfa de seareiros e unha demostración cidadá a prol da súa cancelación que sobardou os límites de determinados colectivos animalistas ou partidos da esquerda nacionalista para acadar unha transversalidade social, xeracional e interclasista. Pódese admitir a subvención encuberta de 90.000 € do Concello a este espectáculo? É admisíbel manter na Lei de protección aos animais de Galicia a taurina licenza para matar ?

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s